Páginas

jueves, 31 de mayo de 2018

LOGO DESTE TEMPO INVESTIGANDO E COÑECENDO A ABI CASTILLO E A SÚA OBRA, XA TEMOS CLARO QUE É A NOSA PINTORA FAVORITA!!! ENCÁNTANNOS TODAS AS SÚAS PINTURAS E FOI DIFÍCIL ESCOLLER A NOSA PREFERIDA, PERO INTENTAMOS POÑERLLE UN TÍTULO DA NOSA COLLEITA!! DESTE XEITO APRENDEMOS A MIRAR CON OUTRA OLLADA E A COMPRENDER E INTERPRETAR O QUE COAS OBRAS ARTÍSTICAS SE QUERE EXPRESAR

miércoles, 16 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS

ESTE ANO ESCOLLEMOS UN FRAGMENTO (O ALMORZO) DE "UN CACHIÑO DE BICA" DO LIBRO "EU CONTO TI CANTAS" DA AUTORA HOMENAXEADA MARÍA VICTORIA  MORENO.   TRABALLÁMOLO CON PICTOGRAMAS PARA QUE TOD@S POIDAMOS DISFRUTA DO POEMA. SUPUXO BASTANTE ESFORZO BUSCAR EN INTERNET AS IMAXES DOS PICTOS, ESCRIBINDO AS PALABRAS,  PERO O RESULTADO FINAL FOI XENIAL!
 


ASÍ DE FERMOSO ESTÁ O RECUNCHO DAS LETRAS GALEGAS

miércoles, 11 de abril de 2018

CADA MES UN CONTO: "A CEBRA CAMILA"

ESTE MES ADICÁMOLO A COÑECER A CAMILA, UNHA CEBRA Á QUE UN DÍA  O VENTO BANDIDO LLE ESFARRAPOU O VESTIDO!!
PRIMEIRO COÑECEMOS UN POR UN A TODOS OS PERSONAXES QUE APARECEN NO RELATO, E FIXEMOS UN LIBRIÑO COAS SÚAS FOTOS E AS CARACTERÍSTICAS QUE COÑECEMOS DE CADA QUEN.  LOGO, COMO XA ESTÁ MÁIS QUE CLARO QUE SOMOS MOI ARTISTAS, COMPUXÉMOSLLE UN NOVO VESTIDO EMPREGANDO O QUE SE NOS ÍA OCURRINDO....QUEDARON XENIAL!!





























PARA ESTA ACTIVIDADE EMPREGAMOS UNHA ESTRUCTURA COOPERATIVA, O FOLIO XIRATORIO, DE XEITO QUE CADA COMPOÑENTE DO EQUIPO ENGADÍA UNHA PARTE AO DEBUXO E AO LISTADO ATA IR COMPLETANDO UN PRODUCTO CONXUNTO.
PODEDES VELAS EXPOSTAS NO TABOLEIRO DA  ENTRADA DO COLE!

lunes, 9 de abril de 2018

MODELOS ESCULTURAIS

NESTE TEMPO DE ACHEGAMENTO Á ESCULTURA DESCUBRIMOS QUE HAI CANTIDADE CON FIGURAS HUMANAS E QUE EXPRESAN E TRANSMITEN MOITO!!! NON SE NOS OCURRIU MELLOR MANEIRA DE INTERPRETALAS QUE SENDO MODELOS DESAS OBRAS. CADA QUEN ESCOLLEU A QUE MÁIS LLE GUSTOU E FORMULAMOS HIPÓTESES SOBRE O QUE REPRESENTA E O QUE QUERE TRANSMITIR. LOGO REPRODUCIMOS AS ESCULTURAS, IMITANDO E EXPRESANDO E....MIRADE QUE FANTÁSTICO RESULTADO!

martes, 20 de marzo de 2018

SACAR A PASEAR A LIÑA

COMO REMATE DESTE ARTÍSTICO TRIMESTRE QUIXEMOS EXPERIMENTAR UNHA NOVA TÉCNICA QUE DESCUBRIMOS QUE EMPREGABA PAUL KLEE.  ÉL DECÍA QUE UN BEDUXO ERA COMO SACAR UNHA LIÑA A PASEAR E DEIXALA IR POR DONDE A IMAXINACIÓN NOS GUÍE. 
 SEGUINDO ESTA TÉCNICA PUXÉMONOS MANS Á OBRA COAS NOSAS PROPIAS CREACIÓNS!       PRIMEIRO SACAMOS A PASEAR A LIÑA...













DEIXAMOS QUE A MAN PASEARA A LIÑA POR ONDE QUIXO....E ASÍ QUEDOU!













POR ÚLTIMO DÉMOSLLE CORES A CADA UN DOS ANAQUIÑOS QUE DESEÑAMOS E...ARTE!!!














lunes, 19 de marzo de 2018

VISITA DA ESCRITORA ISABEL BLANCO

NA NOSA BIBLIOTECA HOXE RECIBIMOS A UNHA INVITADA ESPECIAL, UNHA ESCRITORA!!
 ISABEL BLANCO É A AUTORA DO LIBRO "AS RECEITAS DE ROSAURA", UN LIBRO INFANTIL DE RECEITAS DE COCIÑA ESCRITO EN VERSO!!!  ENCANTOUNOS TANTO A VISITA COMA O LIBRO, CUNHAS FERMOSÍSIMAS ILUSTRACIÓNS DA ARTISTA LUZ BELOSO.                                                                                                      QUE DELICIA!!!
AO REMATE PUXÉMONOS MANS Á OBRA PARA PINTAR AS FOTOS DE ROSAURA CO NOS PROPIO AIRE DE ARTISTAS!! PINCEL EN MAN E COAS ACUARELAS QUE TANTO NOS GUSTAN!!














                                              E ESTE FOI O FANTÁSTICO RESULTADO!!


martes, 13 de marzo de 2018

lunes, 12 de marzo de 2018

PARABÉNS PACO!!

O NOSO COMPAÑEIRO PACO CELEBRA HOXE OS SEUS 5 ANOS!!! MOITÍSIMAS FELICIDADES PACO, ESTAMOS ENCANTAD@S DE QUE O CELEBRES CON NÓS!!

PINTANDO EN LENZO XIGANTE

DESPOIS DE TODO ESTE TEMPO INVESTIGANDO E TRABALLANDO SOBRE PAUL KLEE E AS SÚAS OBRAS, AGORA ATREVÉMONOS A PINTAR SOBRE UN LENZO XIGANTE BASEÁNDONOS EN TODO O QUE APRENDEMOS.
 O QUE SE NOS OCURRIU FOI EMPAPELAR A CASIÑA E ASÍ PODER PINTAR DE PÉ COMA @S PINTORES PROFESIONAIS!.    CONTAMOS CUNHA CHEA DE CORES COMO LLE GUSTAN AO AUTOR E CUNHA MOREA DE CADROS PARA INSPIRARNOS. 
PUXÉMONOS MANS Á OBRA NESTA ACTIVIDADE QUE NOS ENCANTOU E QUE AGORA NOS DAN A BENVIDA NO CORREDOR DA NOSA AULA.   
MIRADE COMO O FIXEMOS!

lunes, 5 de marzo de 2018

CADA MES UN CONTO : "OS RATOS DA CASA"

O CONTO DO MES DE FEBREIRO FOI OS RATOS DA CASA! NOS ENCANTA PORQUE É ACUMULATIVO E CON PEQUENAS ESTROFAS QUE FÁCILMENTE APRENDEMOS E XA PODEMOS CONTALO DE SEGUIDO!!  TANTO NOS GUSTOU QUE QUIXEMOS QUE OS NOSOS ESCORNABOTS TAMÉN DISFRUTARAN DEL E CONFECCIONAMOS UNHAS PLANTILLAS CON IMAXES PARA SEGUIR O RECITADO.   ESTAMOS ENCANTAD@S!!
ESTA É A PLANTILLA QUE EMPREGAMOS CON IMAXES LIBRES QUE BUSCAMOS E SELCCIONAMOS NÓS MESM@S

A ASÍ NOS DIVERTIMOS XOGANDO E APRENDENDO NO RECUNCHO ROBOTECA DA NOSA BIBLIO
!




jueves, 1 de marzo de 2018

CREACIÓNS PROPIAS CON AQUILES, O PUNTIÑO

CON TODAS AS NOSAS CREACIÓNS DE AQUILES CONFECCIONAMOS UN LIBRO, QUE ANDA PERCORRENDO TODAS AS NOSAS CASAS!! ASÍ TOD@S PODEMOS DISFRUTAR DOS TRABALLOS ARTÍSTICOS D@S COMPAÑEIR@S E BOTAR UNHAS RISAS COAS IDEAS QUE A CADA QUEN SE LLE OCURRIRON SOBRE O NOME, QUE É, COMO É, QUE FAI!! SE QUEREDES DISFRALO....MIRADE O LIBRO!

lunes, 26 de febrero de 2018

SORPRESA NO DÍA DE ROSALÍA

CANDO CHEGAMOS Á CLASE ESTA MAÑÁ, SOBRE A MESA, TIÑAMOS UN AGASALLO....ALGO SEMELLANTE A UN CARAMELO XIGANTE VERDE CUNHA ETIQUETA.  PRIMEIRO PENSAMOS QUE PODÍA SER UNHA PINTORA.. COMO VIÑA TAN COLORIDA!  

PERO  CANDO O MANDARETE ABRIU O AGASALLO E ATOPAMOS UNHA POESÍA TAN FERMOSA........XA SOUBEMOS QUE SE TRATABA DUNHA ESCRITORA!
 ALGÚNS COMAPEÑEIROS RECOÑECÉRONA!  É ROSALÍA DE CASTRO!!!

LOGO BUSCAMOS ALGO DE INFORMACIÓN E ESCOITAMOS O POEMA VARIAS VECES PARA DISFRUTALO E PODER DECIDIR CALES ERAN OS ELEMENTOS PRINCIPAIS QUE SE NOMEAN PARA PODER ILUSTRALO! 

PUXÉMONOS MANS Á OBRA E ILUSTRAMOS ASÍ DE BEN!!