Páginas

miércoles, 30 de mayo de 2012

A PROFE TAMÉN CUMPRE ANOS !!!

Aínda que @s pequech@s non o tiñan de todo claro, o certo é que as mestras tamén cumprimos anos, e bastantes.......Ahí deixamos as mensaxes de felicitación que cada que quixo achegarlle á titora...

martes, 22 de mayo de 2012

O QUE NOS FAI SENTIR TRISTES...

Na asamblea seguimos a tratar os estados de ánimo e tocou falar daquelas cousasq ue nos poñen tristes. Decidimos recollelas sobre papel para tentar evitalas, podendo así mudar da tristura á ledicia, que nos gusta moito máis. Ahí vai o noso resumo !!!

miércoles, 16 de mayo de 2012

VERSIONANDO CONTOS !!!!

Despois de disfrutar das actividades tan chulas organizadas co gallo da semana do libro, ármámonos de valor e decidimos facer a nosa propia versión dun conto que nos encanta "A QUE SABE A LÚA ?". Ahí queda a nosa obra para compartila con todas e todos vos...disfrutádea !!!

viernes, 11 de mayo de 2012

DÍA DA NAI

Toda a semana pasada estivemos argallando unha sorpresa para esa persoa que tanto nos coida e nos quere, por iso incluímos un tulipán cunha mensaxe especial para elas !!! Así foi como o fixemos !!!

sábado, 5 de mayo de 2012

PARABÉNS XIÁN !!!


   Mañán será o aniversario de Xián pero, como é sábado e non vimos ao cole, na clase celebrámolo hoxe. Xián deunos uns paquetes cunha morea de chuche e as nenas e nenos agradecémosllo cantándolle o cumpleanos felíz, pero en castelán, galego e inglés ! Parabéns por estes 5 anos, campión !!!



miércoles, 2 de mayo de 2012

ALEXIA XA TEN 5 ANOS !!!

 Hoxe celebramos no cole o cumple de Alexia, que xa é das maiores porque fixo 5 anos. Para festexalo trouxo unha tarta riquísima que fixo coa súa mamá e cunhas velas moi retorcidas !!! Cantámoslle o cumpleanos feliz e fixémoslle unha coroa chulísima. Moitas felicidades e disfruta deste día !!!
      
                                                                                  

martes, 1 de mayo de 2012

NO COLE PONME CONTENT@ ...............

Estes días estivemos a falar na asamblea daquelas cousas que nos fan sentir ben e mesmo das que nos fan sentir algo mal. Finalmente decidimos entre todas e todos que nos gusta moito máis falar do que nos transmite ledicia, todo o que nos fai sentir alegres na nosa vida. Aquí recollemos o que nos pon máis contentos no cole, tomade nota !!!