Páginas

martes, 26 de junio de 2012

ASÍ ERAMOS E ASÍ SOMOS !!!

PARECE MENTIRA PERO O CERTO É QUE MOIT@S D@S PEQUECH@S CHEGARON AO FINAL DA SÚA ANDAIANA POLA ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL. AHÍ QUEDA UN PEQUENO RECORDO DE COMO ERADES CANDO CHEGASTES NO 2009.


  GRAZAS POR PERMITIRME MEDRAR CONVOSCO.  BICOS. NOA.

jueves, 21 de junio de 2012

TELEXORNAL ESPACIAL

DESPOIS DE TODO O CURSO TRABALLANDO NUN PROXECTO SOBRE O ESPAZO, NESTE ÚLTIMO TRIMESTRE PROFUNDIZAMOS NOS PLANETAS. @S PEQUECH@S ATREVÉRONSE A RETRANSMITIR ESTAS NOVAS SOBRE O TEMA.  A VER QUE VOS PARECE.....

lunes, 18 de junio de 2012

MUDAMOS DE TRISTE A CONTENT@

SEGUIMOS TRABALLANDO COS SENTIMENTOS E, DESTA VOLTA, COLLEMOS A CÁMARA DAS FOTOS PARA RETRATAR AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS POÑENDO CARA TRISTE E CONTENTA. MIRADE COMO CAMBIAMOS SEGUNDO O QUE SENTIMOS !!!!
Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Customize your own presentación

jueves, 14 de junio de 2012

VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS.

A SEMANA PASADA VISITAMOS O PARQUE DE BOMBEIROS DE O PORRIÑO, DONDE COÑECEMOS UN POUQUIÑO MÁIS DO SEU TRABALLO E APRENDEMOS COMO ACTUAR FRONTE A UNHA EMERXENCIA. E ADEMAIS TIVEMOS UNHA SORPRESA ENORME....A FESTA DA ESPUMA !!! MIRADE QUE BEN O PASAMOS.

sábado, 9 de junio de 2012

HOXE COCIÑAMOS OVOS RECHEOS !

TODOS OS MESES COCIÑAMOS ALGUNHA RECEITA NO COLE E ESTE MES ESCOLLEMOS  "OVOS RECHEOS". PUXÉMONOS MANS Á  OBRA COS INGREDINTES E TIVEMOS QUE CORTAR, SEPARAR, MESTURAR, AMASAR, ENCHE E, POR ÚLTIMO, DEGUSTAR... ESTABAN BOÍSIMO E ATA AQUEL@S QUE NON LEVEBAN MOITA IDEA ACABARON LAMBENDO NOS DEDOS...........MIRADE!

martes, 5 de junio de 2012

DE MAIOR QUERO SER ...

 

 CHEGANDO CASE AO FINAL DO CURSO FIXEMOS UNHA VALORACIÓN DO QUE QUERMOS PARA O NOSO FUTURO. ESTES SON OS NOSOS DESEXOS.......................A DÍA DE HOXE



lunes, 4 de junio de 2012

RUBÉN XA É DOS MAIORES !!!

Hoxe festexamos o aniversario de Rubén, que xa cumpre 5 anos!!! Moitísimas felicidades e grazas por esa tarta de chocolate tan rica que fixeche coa axuda de mamá!!!

VISITA SORPRESA

Tanto falar do Martín pequeno, de como o coida a súa irmá Lorena e de canto axuda á súa mamá, que foi unha enorme sorpresa que viñera de visita á nosa clase. Puidemos ver, tocar, ulir e sentir e mesmo resolver todas as dúbidas que tiñamos. Grazas familia por compartir este anaquiño connosco!