Páginas

jueves, 29 de noviembre de 2012

A XIÁN CAEULLE UN DENTE !!!

MENUDO ACONTECEMENTO QUE VIVIMOS HOXE NA CLASE. AO VOLTAR DO RECREO A XIÁN CAEULLE UN DENTE !
TODOS QUIXEMOS VER COMO ERA ISO, XA QUE A NINGUÉN MÁIS LLE PASOU, DE MOMENTO.   FALAMOS DO TEMA E SAIU A FIGURA DO RATIÑO PÉREZ ASÍ QUE...TRABALLAMOS SOBRE ISTO. PREME NO RATIÑO E SORPRÉNDETE !!!


viernes, 23 de noviembre de 2012

FAMILIAS LECTORAS

A PASADO VENRES REPETIMOS A EXPERIENZA DAS FAMILIAS LENDO CONTOS NO COLE E GUSTOUNOS UN MONTÓ. ESTA VEZ FOI A PROTAGONISTA FOI LUCÍA,MAMÁ DE NAYARA DE 3 ANOS. CONTOUNOS UNHA AVENTURA DE NODDY E O PINCEL MÁXICO. SE QUEREDES SABER COMO FOI, PODEDES PREMER NA FOTO!

lunes, 19 de noviembre de 2012

VERSIONAMOS A GRISELA !

COMO NOS GUSTOU TANTO A HISTORIA DE "GRISELA" QUE NOS CONTOU A NAI DE RAÚL, DECIDIMOS FACER A NOSA PROPIA VERSIÓN, COAS NOSAS ILUSTRACIÓNS E CONTANDO A AVENTURA AO NOSO XEITO.
 PARA VER QUE CHULO NOS QUEDOU, PREME O BOTÓN DE PLAY E.......DISFRÚTAO!

ADEUS, MILIKI !

DENDE AQUI ESTA PEQUENA HOMENAXE PARA UN DOS PRIMEIROS QUE TRABALLOU POR E PARA @S NEN@S VALORÁNDOOS COMO TAL,E  MARCOU A INFANCIA DE MOIT@S DE NÓS.
SE QUEREDES COMPROBAR COMO ESTES CLÁSICOS  SEGUEN A TRIUNFAR...FACEDE CLIC NA TROMPETA DA FOTO....E DEIXÁDEVOS LEVAR!!!



viernes, 16 de noviembre de 2012

RECEITA DE MOMIAS

CADA MES COCIÑAMOS UNHA RECEITA QUE LOGO DEGUSTAMOS NA CLASE. DESTA VEZ, COMO ESTABAMOS RODEAD@S DE CABAZAS, MORCEGOS E PANTASMAS...ESTIVEMOS A COCIÑAR ALGO TERRORÍFICO.....MOMIAS!!! ESTABAN TAN RICAS QUE NON DEIXAMOS NIN AS MIGALLAS! MIRADE COMO FIXEMOS PARA QUE PROBEDES TAMÉN NA CASA.


jueves, 15 de noviembre de 2012

FAMILIAS LECTORAS

COMO BEN SABEDES, ESTE ANO COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO : "FAMILIAS LECTORAS".  AURORA, A MAMÁ DE RAÚL, FOI A PRIMEIRA E, A VERDADE, É QUE DEIXOU O LISTÓN MOI, MOI ALTO COAS AVENTURAS DA RATIÑA GRISELA. SE QUEREDES SABER COMO FOI, FACEDE CLIC NA FOTO DE GRISELA......XA VEREDES QUE SORPRESA!


viernes, 9 de noviembre de 2012

FELIZ ANIVERSARIO, GAEL !

HOXE FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DE GAEL, QUE DEIXA DE SER DOS MÁIS PEQUENOS XA QUE CUMPRIU 4 ANOS !.  COMPARTIMOS UN DELICIOSO BROWNIE E CANTAMOS EN RODA PARA FELICITALO.
SI QUEREDES SABER QUE BEN O PASAMOS, FAI CLIC NA VELA DO PASTEL. PARABÉNS, GAEL !!!

jueves, 8 de noviembre de 2012

MAGOSTO NO COLE !!!

NO COLE FESTEXAMOS O MAGOSTO E O SAMAÍN,  E DIVERTÍMONOS MOITÍSIMO COS XOGOS TRADICIONAIS COS QUE PUIDEMOS DISFRUTAR... MIRADE COMO GOZAMOS !!