Páginas

viernes, 29 de noviembre de 2013

A MALETA DE RAÚL!

SO CON VER A MALETA DE RAÚL XA NOS FACEMOS UNHA IDEA DE COMO É. TROUXONOS FOTOS DA FAMILIA E DO SEU EQUIPO DE FÚTBOL FAVORITO.  TEMÉN OS XOGUETES QUE MÁIS LLE GUSTAN, COMA O TIRACHINAS E O ORDENADOR PORTÁTIL!
 


 










AURORA, A MAMÁ DE RAÚL, NON QUIXO PERDER A OCASIÓN DE SER ENTREVISTADA POR TAN XENIAIS REPORTEIROS, E RESPOSTOU A TODO O QUE QUIXEMOS SABER!
 



jueves, 28 de noviembre de 2013

EXPOSICIÓN DOS NOSOS AUTORRETRATOS.

HOXE, POR FIN, PUIDEMOS PENDURAR NO CORREDOR OS CADROS DOS NOSOS AUTORRETRATOS !!! FOI UN TRABALLO MOI COSTOSO, NO QUE TIVEMOS QUE DESEÑAR, DEBUXAR, E PINTAR OS RETRATOS, PERO TAMÉN CONFECCIONAMOS OS MARCOS !!! PARA ISO MEDIMOS, CONTAMOS, MARCAMOS CORTAMOS, DECORAMOS E, FINALMENTE, MONTAMOS O MARCO E ENCADRAMOS O RETRATO! ASÍ FOI O PROCESO....E O XENIAL RESULTADO!!! ESTADES TOD@S CONVIDAD@S A VISITAR A EXPOSICIÓN QUE PERMANECERÁ ATA FINAL DE ANO NO NOSO CORREDOR. AGARDÁMOSVOS!!!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This digital slideshow generated with Smilebox

martes, 26 de noviembre de 2013

RAÚL....O PROTAGONISTA DESTA SEMANA !!!

NOVA SEMANA E NOVO PROTAGONISTA...PARA RREMATAR O MES DE NOVEMBRO.....INVESTIGAREMOS NA VIDA, GUSTOS E FAMILIA DE RAÚL! XA VEREMOS QUE COUSIÑAS NOS CONTA !!!

DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

NESTE DÍA, NO QUE SE RECORDA ÁS VÍCTIMAS DA VIOLENCIA MACHISTA, FAISE MÁIS EVIDENTE SI CABE A NECESIDADE DA LECTURA DE CONTOS EN FAVOR DA COEDUCACIÓN E DA OBRIGA DE TRATAR A IGUALDADE DE XÉNERO DENDE A IDADE INFANTIL.  AQUÍ QUEDQN ALGÚNS EXEMPLOS, CLICADE SOBRE A IMAXE!
http://youtu.be/FZxIhDcaOoA
http://youtu.be/tLQYQhiMI4A http://youtu.be/0y9zJ5J2bWA




http://youtu.be/FxY79rz4xWA
http://youtu.be/phKnXI01Dz0 http://youtu.be/qqJx-a09dT8



sábado, 23 de noviembre de 2013

O LIBRO DO PROTAGONISTA ÍKER

A AVÓA NON QUERE COMER

TAL COMO ESTABA ANUNCIADO, HOXE ÁS 13:30 INAUGURAMOS O NOVO CURSO COAS FAMILIAS LECTORAS. AURORA, A MAMÁ DE RAÚL, ACHEGOUSE Á NOSA BIBLIO E CONTOUNOS OS MOTIVOS POLOS QUE ESTA AVÓA NON QUERÍA COMER....  SI VÓS TAMÉN QUEREDES COÑECER A HISTORIA....PREMEDE NA CAIXA BAIXO A IMAXE E.....DISFRUTADE!
http://www.ivoox.com/s_p2_93419_1.html


viernes, 22 de noviembre de 2013

A MALETA DE ÍKER.

NA MALETA DE ÍKER NON COLLÍAN MÁIS COUSAS.  TROUXO UN FEIXE DE XOGUETES.... UNHA SELECCIÓN DE ENTRE TODOS AQUELES QUE NOS CONTOU QUE HAI NA SÚA CASA!

O PAPÁ E A MAMÁ DE ÍKER ACCEDERON A CONCEDERNOS UNHA ENTREVISTA E, DESTE XEITO, PUIDEMOS COÑECER MOITOS DATOS DESCOÑECIDOS DE COMO É O NOSO COMPAÑEIRO NA SÚA CASA, CO SEU IRMÁN E COA FAMILIA, E COMO ERA DE PEQUENIÑO!

jueves, 21 de noviembre de 2013

UN CREBACABEZAS XIGANTE !!!

HOXE APARECERON NA NOSA CLASE UNHA MOREA DE PAPEIS  XUNTO CUNHA FOTO DUN NENO E DUNHA NENA.  PRIMEIRO TIVEMOS QUE PENSAR MOITO PARA QUE SERÍAN  E, FINALMENTE, CHEGAMOS Á CONCLUSIÓN DE QUE ERAN AS PEZAS DUN CREBACABEZAS XIGANTE DO CORPO !!!  PRONTO NOS PUXEMOS MANS Á OBRA E, ENTRE TOD@S, CONSEGUÍMOLO!
   






miércoles, 20 de noviembre de 2013

COMEZAMOS COAS FAMILIAS LECTORAS !!!

O VINDEIRO VENRES COMEZAMOS CO PLAN DE FAMILIAS LECTORAS DESTE CURSO.    O EQUIPO DE BIBLIOTECA PROPUXO QUE A TEMÁTICA DOS LIBROS GARDARA RELACIÓN CO PROXECTO DE CENTRO NO QUE ESTAMOS TRABALLANDO "VIVIR XUNTOS". COMO SABEDES NESTE PRIMEIRO TRIMESTRE CENTRÁMONOS NA PROPIA IDENTIDADE E NA FAMILIA, POR ISO, O LIBRO ESCOLLIDO PARA COMEZAR TITÚLASE "A AVÓA NON QUERE COMER".  AURORA, A MAMÁ DE RAÚL, SERÁ A ENCARGADA DE INAUGURAR AS AVENTURAS DESTE CURSO !!!   AQUI QUEDA O CARTEL QUE COLGAMOS NA ENTRADA DO COLE PARA PUBLICITAR O EVENTO....

lunes, 18 de noviembre de 2013

NESTA SEMANA O PROTAGONISTA É ÍKER

HOXE COMEZA ÍKER A SÚA SEMANA DE PROTAGONISTA NA QUE SEGURAMENTE DESCUBRIREMOS ALGUNHA COUSIÑA QUE NON SABIAMOS SOBRE OS SEUS GUSTOS E A SÚA FAMILIA.

sábado, 16 de noviembre de 2013

O LIBRO DO PROTAGONISTA XURXO

AO PRINCIPIO DESTA SEMANA PENSABAMOS QUE NON IAMOS COÑECER DEMASIADAS COUSAS SOBRE XURXO PORQUE NON QUERÍA CONTARNOS NADA PERO,POUCO A POUCO, ATREVEUSE E , AO FINAL, ACABOU POR CONTARNOS ATA AS ANÉCDOTAS MÁIS DIVERTIDAS QUE LLE ACONTECERON!

viernes, 15 de noviembre de 2013

A MALETA DE XURXO

A MALETA DE XURXO VIU BEN CARGADA DE FOTOS FAMILIARES E TAMÉN TROUXO OS SEUS CONTOS E BONECOS PREFERIDOS.  ASÍ DE CHEO QUEDOU O SEU RECUNCHO!
 

AZUCENA, A NAI DE XURXO, TAMÉN SE ACHEGOU Á NOSA CLASE PARA CONTARNOS DETALLES DESCOÑECIDOS DO NOSO COMPAÑEIRO E DEU RESPOSTA A TODAS AS CUESTIÓNS QUE LLE PLANTEXAMOS, QUE NON FORON POUCAS!
 




miércoles, 13 de noviembre de 2013

FELIZ ANIVERSARIO, NOEL !

O PROFE NOEL ESTÁ HOXE DE ANIVERSARIO E, PARA FELICITALO, SAÍMOS AO PATIO PARA DEIXARLLE ESTAS MENSAXES TAN CHULAS!!!  ESPERAMOS QUE ESTE RECORDO LLE GUSTE TANTO COMO EL NOS GUSTA A NÓS.   FELIZ ANIVERSARIO !!!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a free photo slideshow

domingo, 10 de noviembre de 2013

O LIBRO DO PROTAGONISTA FÉLIX

NO LIBRO DE FÉLIX RESUMIU OS DATOS MÁIS IMPORTANTES PORQUE O CERTO É QUE TIÑAMOS MOITÍSIMA INFORMACIÓN. ENTRE TODO O QUE NOS CONTOU FÉLIX E A CANTIDADE DE COUSAS QUE NOS AMOSOU E NOS CONTOU RITA, A SÚA MAMÁ, A VERDADE É QUE COÑECEMOS MOITAS COUSAS SOBRE O NOSO COMPAÑEIRO!

viernes, 8 de noviembre de 2013

A MALETA DE FÉLIX E A ENTREVISTA Á SÚA MAMÁ.

A MAELTA DE FÉLIX VIÑA CARGADIÑA DE FOTOS E DE COUSIÑA QUE USABA CANDO ERA UN BEBÉ, E TAÉN OS SEUS CONTOS FAVORITOS.
RITA, A SÚA NAI,CONTESTOU ÁS NOSAS PREGUNTAS E  CONTOUNOS MOITÍSIMAS ANÉCDOTAS  DE CANDO FÉLIX NACEU E TROUXO COUSAS MOI INTERESANTES COMA O CORDÓN UMBILICAL SECO OU A PULSERIÑA IDENTIFICACTIVA DE CANDO ESTIVO NO HOSPITAL!
 







lunes, 4 de noviembre de 2013

FROITAS TERRORÍFICAS !!!

POLO SAMAÍN TAMÉN COMEMOS FROITAS FRESCAS ANQUE, DESTA VEZ, DISFRAZÁMOLAS UN POUCO PARA QUE DEN MEDO!!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another free slideshow design by Smilebox

FÉLIX....NOVO PROTAGONISTA

FÉLIX É O PROTAGONISTA DESTA SEMANA E....NON SE DA DECIDIDO COAS COUSAS QUE QUERE TRAER NA MALETA!!! TODO LLE PARECE POUCO.....

sábado, 2 de noviembre de 2013

O LIBRO DO PROTAGONISTA MARIO

DURANTE ESTA SEMANA ESTIVEMOS DESCUBRINDO UNHA MOREA DE COUSAS QUE NOS CONTOU MARIO SOBRE OS SEUS GUSTOS, DATOS PERSOAIS, ETC...PINCHANDO NO LIBRO PODEREDES SABER MÁIS SOBRE O NOSOS COMPAÑEIRO!