Páginas

martes, 2 de diciembre de 2014

ARTISTAS CON CÍRCULOS

COMO BEN SABEDES ANDAMOS A TRABALLAR COAS FORMAS XEOMÉTRICAS. OS CÍRCULOS SON O PRIMEIRIÑO QUE APRENDEMOS E, COMO SOMOS MOI CREATIV@S, COMEZAMOS A FACER OBRAS DE ARTE A PARTIRES DOS CÍRCULOS.  PREMEDE E VEREDES QUE CREACIÓNS MÁIS CHULAS!!!

martes, 4 de noviembre de 2014

CHAMÁMONOS ...

O NOSO NOME É MOI IMPORTANTE, E É O PRIMEIRO QUE LLE CONTAMOS AOS NOS@S  NOV@S AMIG@S!  PARA COÑECER MELLOR COMO SON AS LETRAS QUE TEMOS, COMEZAMOS A ESCRIBILAS SEGUINDO OS CAMIÑOS. LEVAMOS ALGÚN TRABALLO PERO....PARA COMEZAR...NON ESTÁ NADA MAL! PREME NA IMAXE E VERÁS!
http://issuu.com/noapa/docs/nomes_3_anos/1

OS NOSOS PRIMEIROS TRABALLOS !!!

DESPOIS DE CANTAR E BAILAR PUXÉMONOS MANS Á OBRA E COLOREAMOS UN CADRADO PERO MOVENDO A NOSA MAN ARRIBA E ABAIXO, COMO APRENDEMOS NA CANTIGA!!! FAI CLICK NA IMAXE E....VERÁS!
http://issuu.com/noapa/docs/s35c-221091613450/1


martes, 28 de octubre de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

PARA CONMEMORAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES ACHEGÁMONOS Á NOSA PARA COÑECELA MELLOR E APRENDER AS NORMAS QUE DEBEMOS SEGUIR AO VISITALA. COAS PIRULETAS QUE DESEÑAMOS VOTAMOS SOBRE AS NORMAS.... MIRADE CANTO SABEMOS!!!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow made with Smilebox

jueves, 19 de junio de 2014

GRADUAD@S!!!

CASI SIN DARNOS CONTA CHEGAMOS AO FINAL DO CURSO E AO REMATE DA EDUCACIÓN INFANTIL!.  ESTES PEQUECH@S XA NON O SON TANTO E, CON TODO O QUE APRENDEMOS XUNTOS, ESTÁN MÁIS QUE PREPARAD@S PARA COMEZAR A SÚA NOVA ANDAINA POR PRIMARIA.  MOI BOA SORTE NA NOVA ETAPA QUE COMEZADES!

viernes, 13 de junio de 2014

DOSSIER DO CONCELLO

DESPOIS DE TODO ESTE TRIMESTRE INVESTIGANDO E TRABALLANDO SOBRE DIFERENTES ASPECTOS DO NOSO CONCELLO, AO REMATE CONFECCIONAMOS UN DOSSIER NO QUE RECOPILAMOS ALGUNHAS DAS COUSIÑAS QUE APRENDEMOS NESTE TEMPO. BOTADE UNHA OLLADA E ... TAMÉN APRENDEREDES!

jueves, 12 de junio de 2014

NÓS TAMÉN CREAMOS: O SEÑOR RAMÓN E A SEÑORA RAMONA

NON PODIAMOS REMATAR O CURSO SIN PUBLICAR A NOSA NOVA CREACIÓN DE ANIMACIÓN QUE REALIZAMOS ESTE CURSO, XUNTOS C@S COMPAÑEIR@S DE 3 E 4 ANOS, MEDIANTE O PROXECTO "NÓS TAMÉN CREAMOS".  ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES VENDOO TANTO COMA NÓS FACENDOO!!

martes, 3 de junio de 2014

NOVA VISITA NA HORA DE LER !!!

ÁS COMPAÑEIRAS MAIORES A EXPERIENCIA DE ONTE GUSTOULLES TANTO COMA A NOS, ASÍ QUE HOXE......REPETIRON !!!   DESTA VEZ AS ENCARGADAS FORON EVA E  ANTÍA, QUE NOS CONTARON AS AVENTURAS DE "A VACA QUE PUXO UN OVO"  E  "O ÚLTIMO CANTO".   MOITÍSIMAS GRAZAS, CHICAS!
 


lunes, 2 de junio de 2014

VISITA NA HORA DE LER

HOXE, DURANTE A HORA DE LER, VIÑERON VISITARNOS DÚAS COMPAÑEIRAS DE 5º DE PRIMARIA.   ÁNGELA E LARA QUIXERON COMPARTIR CON NÓS AS AVENTURAS DOS LIBROS "TI QUE FARÍAS POR MIN?"  E  "PINOCHO".   MOITAS GRAZAS, COMPAÑEIRAS, GUSTOUNOS MOITO A VISITA!!!







miércoles, 28 de mayo de 2014

HISTORIETAS...

CADA QUEN, DESPOIS DE LER O MESMO TEXTO, COMPLETAMOS CO QUE SE NOS ÍA PASANDO OLA CABEZA E .... ESTAS SON AS HISTORIETAS QUE RESULTARON !!!   CLICA NA IMAXE.
http://issuu.com/noapa/docs/invento_viaxes

miércoles, 21 de mayo de 2014

INVENTOS ANIMAIS!

NESTA OCASIÓN ADICÁMONOS A INVENTAR A "FICHA TÉCNICA" DESTES ANIMAIS. PUXEMOS OS DATOS QUE SE NOS OCURRIRON E ...... ASÍ NOS QUEDARON!       FAI CLICK NA IMAXE.
http://issuu.com/noapa/docs/s35c-221052011120_67d509e12ca0d9

lunes, 12 de mayo de 2014

A RATIÑA PRESUMIDA.

XA FALTA POUCO PARA O FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS E IMOS REPRESENTAR UNHA OBRA DE TEATRO BASEADA NUN CONTO QUE NOS GUSTA MOITÍSIMO QUE SE TITULA "A RATIÑA PRESUMIDA". CADA EQUIPO FOI O ENCARGADO DE ELABORAR UN LISTADO PARA QUE SAIBAMOS TODO O QUE IMOS PRECISAR PARA A REPRESENTACIÓN. TODO ISTO FOI O QUE ACORDAMOS!
          


viernes, 9 de mayo de 2014

OS RÍOS DO NOSO CONCELLO

DESPOIS DE INVESTIGAR EMPREGANDO OS MAPAS, DESCUBRIMOS UNHAS LIÑAS AZUIS QUE RESULTARON SER RÍOS. PUXÉMONOS A INVESTIGAR E DESCUBRIMOS QUE POLO NOSO CONCELLO PASAN ATA CINCO!  AXUDÁNDONOS DOS MAPAS LOCALIZÁMOLOS E DELIÑÁMOLOS NO NOSO E PUIDEMOS COMPLETAR A FICHA DE INFORMACIÓN.
 


martes, 6 de mayo de 2014

A SOPA DO CONCELLO

NUNHA GRAN SOPA DE LETRAS TIVEMOS QUE BUSCAR OS NOMES DAS PARROQUIAS DO CONCELLO....QUE LÍO !!!     E, ADEMAIS,
FALTABA UNHA!  
 

lunes, 5 de mayo de 2014

PARABÉNS BORJA!

BORJA XA CUMPRIU 6 ANOS E, PARA CELEBRARLO, TROUXO UNHA MOREA DE LAMBETADAS E ZUME DE LARANXA! APROVEITANDO O BO TEMPO DESTES DÍAS, SAÍMOS AO PATIO E MONTAMOS A FESTA DEBAIXO DA ENORME CERDEIRA DO NOSO XARDÍN. QUE BEN O PASAMOS!!!





viernes, 2 de mayo de 2014

XOGAMOS COAS LETRAS

XA SABEMOS QUE O NOSO CONCELLO TEN UNHA MOREA DE PARRIQUIAS E TAMÉN AS LETRAS QUE PRECISAMOS PARA ESCRIBILAS PERO....E SI CONTAMOS?   NISO ANDIVEMOS ESTES DÍAS, PARA SABER CANTAS LETRAS TEÑEN, CAL TEN MÁIS, CAL TEN MENOS...
 


martes, 29 de abril de 2014

HARRY NO CIRCO !!!

ESTA SEMANA A CARTA DO CAMALEÓN HARRY DESVÉLANOS AS SÚAS EXPERIENCIAS NUNHA VISITA AO CIRCO.   OLIVIA FOI A ENCARGADA DE CONTARNOS COMO VIVIU ESTA AVENTURA....
 


AS PARROQUIAS DO NOSO CONCELLO

O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO TEN UNHA MOREA DE PARROQUIAS E, PARA COÑECER TODOS OS NOMES, XOGAMOS A ORDENAR OS GOMETS DAS SÚAS LETRAS!


martes, 22 de abril de 2014

HARRY VISITA O COLISEO ROMANO !!!

Á CASA DE MANUEL CHEGOU NESTES DÍAS UNHA NOVA CARTA DO CAMALEÓN NA QUE VISITA A CIDADE DE ROMA E O SEU MONUMENTO MÁIS IMPORTANTE: O COLISEO!! COMO BEN NOS CONTA HARRY, ALÍ FIXÉRONSE MOREAS DE LUITAS ENTRE GLADIADORES E SOLTABAN FEROCES LEÓNS!!!


viernes, 18 de abril de 2014

Á BIBLIO EN BUSCA DE INFORMACIÓN.

PARA COMEZAR A APRENDER COUSAS SOBRE O NOSO CONCELLO O PRIMEIRO NO QUE PENSAMOS FOI NA NOSA BIBLIO. ALÍ SEMPRE ATOPAMOS MATERIAIS CUNHA MOREA DE INFORMACIÓN SOBRE CALQUERA COUSAS QUE QUEIRAMOS SABER.   ASÍ QUE ALÁ FOMOS E.......ATOPAMOS MOITÍSIMAS COUSAS!!

lunes, 14 de abril de 2014

NOVA FAMILIA LECTORA !!

ÁNGELES, A MAMÁ DE GAEL, FOI A ÚLTIMA VISITA QUE RECIBIMOS NA NOSA BIBLIO.  ACHEGOUSE PARA CONTARNOS AS AVENTURAS DE PÉTALA, UNHA POMBIÑA QUE TIVO QUE VIAXAR Á CASA DA CHUVIA E LOITAR CUN DRAGÓN !!!
 


jueves, 3 de abril de 2014

COUSAS DE ANIMAIS

NAVEGANDO POLA REDE ATOPAMOS UNHAS FOTOS DE ANIMAIS MOI DIVERTIDAS E QUIXEMOS SABER QUE ERA O QUE PASABA NELAS. PUXÉMONOS MANS Á OBRA PARA INVENTAR A SÚA HISTORIA E ESTE FOI O RESULTADO...

lunes, 31 de marzo de 2014

HARRY VISITA A ESTATUA DA LIBERDADE!


O NOSO AMIGO VIAXEIRO TEN CHEGADO ATA A "GRAN MAZÁ". NA CIDADE DE NOVA IORK HAI MOITÍSIMAS COUSAS QUE VISITAR PERO HARRY COMÉNTANOS OS LUGARES MÁIS IMPORTANTES, POR SI ALGÚN DÍA VISITAMOS.  ENVIOU A CARTA Á CASA DE GAEL E ESTO É O QUE NOS CONTA...




viernes, 28 de marzo de 2014

NOVA VISITA À BIBLIO



HOXE VISITOUNOS BELÈN, A MAMÀ DE OLIVIA. CONTOUNOS UNHA SIMPÀTICA HISTORIA DE UN NENO CHAMADO MANU QUE ENTENDÌA TODO AO REVÈS E NON FACÌA BEN NINGÙN RECADO!

martes, 25 de marzo de 2014

HARRY DENDE A SELVA DO BRASIL




ESTA SEMANA O CAMALEÓN HARRY CONTOUNOS AS AVENTURAS QUE LLE ACONTECERON NA VISITA Á SELVA DO AMAZONAS. A CARTA CHEGOU Á CASA DE BORJA E, DENDE ALI, NOS CHEGOU A FOTO E O RELATO.

jueves, 20 de marzo de 2014

BENVIDA Á PRIMAVERA !!!

POR FIN CHEGOU A PRIMAVERA, CO TEMPO QUE LEVAMOS Á SÚA ESPERA! HOXE, DURANTE A ASAMBLEA, FALAMOS DE TODAS AS COUSAS QUE NOS ENCANTA FACER CANDO ESTAMOS NESTA ESTACIÓN E PODEMOS DISFRUTAR DO BO TEMPO. COMO TIÑAMOS UNHA MOREA DE IDEAS DECIDIMOS QUE, POR GRUPOS, ESCRIBIRIAMOS UNHA LISTA COAS MÁIS IMPORTANTES. BOTADE UN OLLO A VER SI ESTADES DE ACORDO CON NÓS.
                   EQUIPOO  CABALOS :  XURXO, GAEL, FÉLIX E BORJA
  
EQUIPO DRAGÓNS : XABI, MARIO, RAÚL E ÍKER
EQUIPO  CROCODILOS : CARLOS, MANUEL E OLIVIA


miércoles, 19 de marzo de 2014

FELIZ DÍA DO PAI !!!

HOXE CELEBRAMOS O DÍA DO PAI E QUIXEMOS ESCRIBIR ESTAS CARTAS NAS QUE RECOLLEMOS OS AGASALLO QUE MÁIS CHULOS NOS PARECEN E AQUELAS COUSIÑAS QUE DESEXAMOS PARA ELES. ESTES DÍAS ESTIVEMOS MOI OCUPADOS PARA DARLLE HOXE UNHA MERECIDA SORPRESA, ANQUE O MELLOR AGASALLO SEMPRE É PODER DISFRUTAR DO TEMPO XUNTOS!
FELIZ DÍA A TODOS OS PAPÁS!!!

jueves, 27 de febrero de 2014

OS DISFRACES QUE NOS GUSTAN !

NIN TODOS OS DÍAS DO ENTROIDO NOS CHEGAN PARA A CANTIDADE DE DISFRACES QUE NOS GUSTARÍA POÑER! HOXE FIXEMOS UNHA SELECCIÓN DO NOSO PREFERIDO E RAZOAMOS O MOTIVO POLO QUE TANTO NOS GUSTA. BOTADE UNHA OLLADA.

miércoles, 26 de febrero de 2014

DEGUSTACIÓN DE POSTRES DE ENTROIDO!

HOXE, NA HORA DO RECREO, PUIDEMOS DISFRUTAR DUNHA MOREA DE POSTRES PROPIOS DESTE TEMPO E QUE TOD@S PREPARAMOS NA CASA COA AXUDA DAS NOSAS FAMILIAS.  ESTABAN TODOS BOÍSIMOS E, CO LARPEIR@S QUE SOMOS, ATA LAMBEMOS OS DEDOS!    MIRADE QUE MESA MÁIS APETECIBLE !
 
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR PARTICIPAR!

3ª ORDE DO MECO