Páginas

jueves, 27 de febrero de 2014

OS DISFRACES QUE NOS GUSTAN !

NIN TODOS OS DÍAS DO ENTROIDO NOS CHEGAN PARA A CANTIDADE DE DISFRACES QUE NOS GUSTARÍA POÑER! HOXE FIXEMOS UNHA SELECCIÓN DO NOSO PREFERIDO E RAZOAMOS O MOTIVO POLO QUE TANTO NOS GUSTA. BOTADE UNHA OLLADA.

miércoles, 26 de febrero de 2014

DEGUSTACIÓN DE POSTRES DE ENTROIDO!

HOXE, NA HORA DO RECREO, PUIDEMOS DISFRUTAR DUNHA MOREA DE POSTRES PROPIOS DESTE TEMPO E QUE TOD@S PREPARAMOS NA CASA COA AXUDA DAS NOSAS FAMILIAS.  ESTABAN TODOS BOÍSIMOS E, CO LARPEIR@S QUE SOMOS, ATA LAMBEMOS OS DEDOS!    MIRADE QUE MESA MÁIS APETECIBLE !
 
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR PARTICIPAR!

3ª ORDE DO MECO


SÚPER ANTIFAZ

PARA CREAR AÍNDA MÁIS AMBIENTE DE ENTROIDO NO COLE, AS NENEAS E NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL COLABORAMOS PARA DAR COR A UN ANTIFAZ XIGANTE QUE DECORA A ENTRADA DO NOSO COLE.  LEVOUNOS MOITO TRABALLIÑO PERO.....O RESULTADO FOI XENIAL!!!

martes, 25 de febrero de 2014

3ª ORDE DO MECO


2º CARTA DE HARRY

ESTA SEMANA RECIBIMOS UNHA NOVA CARTA DO NOSO AMIGO HARRY NO BUZÓN DO COMPAÑEIRO CARLOS.     ESTE CAMALEÓN NON TEN PARADA E, DESTA VOLTA, CHEGOU ATA PARÍS !!!  ENVIOUNOS UNHA FOTO DENDE A TORRE EIFFEL E CONTOUNOS TODO O QUE LLE SUCEDEU NESTA AVENTURA!




 










lunes, 24 de febrero de 2014

2ª ORDE DO MECO


HOXE, DÍA DE ROSALÍA

HOXE, NO ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO,  DENDE O COLE QUEREMOS RECORDAR UN PEQUENO ANAQUIÑO DUN DOS SEUS FERMOSOS POEMAS,  "AIRIÑOS, AIRIÑOS, AIRES".   DENDE A BIBLIO PREPARARON UNHAS FERMOSAS PEGATINAS QUE LUCIMOS TOD@S NO COLE!.


XA TEMOS NOME!

HOXE, E DESPOIS DE VARIAS VOTACIÓNS, O NOME QUE DECIDIMOS PARA A NOSA MASCOTA COBAIA É.... cobi

viernes, 21 de febrero de 2014

XA CHEIRA A ENTROIDO !

O ENTROIDO XA ESTÁ A PETAR NA PORTA E, UN ANO MÁIS, O MECO CHEGOU A NOSA ESCOLA PARA IMPOÑER AS SÚAS NORMAS!!
DURANTE A VINDEIRA SEMANA, E DE XEITO ACUMULATIVO, IREMOS CUMPLINDO AS ORDES QUE NOS COMUNIQUE NO TABOLEIRO.  MÁIS VALE QUE NON VOS ESQUEZADES PORQUE........@S QUE NON CUMPLAN......DEBERÁN BAILAR NA ENTRADA DO COLE Á VOLTA DO RECREO, PARA DISFRUTE DE TODO O PERSOAL!                COMEZAMOS O LUNS !!!

A MASCOTA BUSCA NOME!

A NOSA MASCOTA XA SE VAI ADAPTANDO A SÚA NNOVA VIDA NA NOSA AULA PERO, PARA SER UN MÁIS DO NOSO GRUPO, PRECISA URXENTEMENTE QUE LLE POÑAMOS UN NOME!!!.  ESTIVEMOS PENSANDO PERO, COMO NON SABEMOS SI É CHICO OU CHICA, FIXEMOS DUAS LISTAS.   TEDES ALGUHA IDEA MÁIS ?????
A VER SI OS REIS MAGOS RESPONDEN Á NOSA CARTA E O LUNS, SI SABEMOS O SEXO DA MASCOTA, FAREMOS A VOTACIÓN PARA ESCOLLER O NOME.

martes, 18 de febrero de 2014

1ª CARTA DE HARRY !!!




HOXE RECIBIMOS A PRIMEIRA CARTA DE  HARRY.   COMO SABEDES É O CAMALEÓN VIAXEIRO QUE NOS ENVÍA CARTAS CONTÁNDONOS AS SÚAS AVENTURAS POLO MUNDO! 
ESTA SEMANA, E COA AXUDA DA FAMILIA DE FÉLIX, COÑECEMOS AS PERIPECIAS QUE LLE ACONTECERON DURANTE A SÚA VISITA Á NEVE !!
     
 



viernes, 14 de febrero de 2014

ATA SEMPRE, PROFE NOEL !!!

HOXE DESPEDIMOS AO PROFE NOEL. REMATOU O SEU PERÍODO DE PRÁCTICAS. 6 MESES QUE PASARON RAPIDÍSIMO E NOS QUE COMPARTIMOS UNHA CHEA DE BOS MOMENTOS !  NON PODIAMOS DEIXALO MARCHAR SIN FACERLLE UNHA DESPEDIDA COMO MERECE, ASÍ QUE.......ORGANIZAMOS UNHA FESTA SORPRESA!!!  QUE BEN O PASAMOS !!!    MOITA SORTE, NOEL, NA TÚA ANDAINA COMO MESTRE ! E NON TE ESQUEZAS DE VOLVER....DE VISITA !
ATA BUSCAMOS LETRAS COMESTIBLES PARA PERSONALIZAR O PASTEL !!!


martes, 11 de febrero de 2014

LARANXAS DE CORES !

DESTA VOLTA FIXEMOS 2 RECEITAS EN 1. POR UNHA BANDA PREPARÁMONOS UN RIQUÍSIMO E FRESCO ZUME DE LARANXA PARA ALMORZAR E, POR OUTRA, AVENTURÁMONOS A EXPERIMENTAR COA XELATINA!           PREME NA IMAXE!

<div><iframe width="560" height="420" src="http://www.kizoa.com/embed-11569621-7009963o1" frameborder="0" allowfullscreen></iframe><br /><a href="http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d11569621k7009963o2/receita-zume-e-laranxas-de-xelatina"><b>RECEITA ZUME E LARANXAS DE XELATINA</b></a> - <i><a href="http://www.kizoa.es">Movie Maker</a></i></div>

sábado, 1 de febrero de 2014

O LIBRO DO PROTAGONISTA BORJA.

NESTE DERRADEIRO LIBRO DO PROTAGONISTA DESTE CURSO PODEDES VER A INFORMACIÓN QUE BORJA NOS FOI PROPORCIONANDO SOBRE OS SEUS GUSTOS E DATOS PERSOAIS. PREMEDE E VEREDES!!!