Páginas

lunes, 19 de diciembre de 2016

OS TRABALLOS DO TRIMESTRE

AS VACACIÓNS DE NADAL XA ESTÁN A PETAR NA PORTA ASI QUE OS NOSOS TRABALLIÑOS XA ESTÁN REQUETELISTOS!! ESOS SON UNS DOS DEBERES QUE LEVAMOS PARA AS VACACIÓNS: DISFRUTAR EN FAMILIA AMOSANDO OS NOSOS TRABALLÍÑOS DO COLE QUE FIXEMOS TODO ESTE TEMPO!  AGARDAMOS QUE TODAS AS FAMILIAS VALOREN TODO O ESFORZO QUE LLE POÑEMOS A TODO O QUE FACEMOS.



sábado, 17 de diciembre de 2016

FAMILIAS LECTORAS

HOXE FOI ELENA, A MAMÁ DA NOSA COMPEÑEIRA LEYRE, A QUE NOS CONTOU O CONTO DO PITO DA ABELEIRA.  TODAS AS AVENTURAS QUE TIVO QUE PASAR UNHA MAMÁ GALIÑA PARA PODER SALVAR AO SEU PITIÑO QUE ESTABA A PIQUES DE AFOGAR CUNHA ABELEIRA QUE LLE QUEDOU ATASACADA NA GORXA!!!

jueves, 15 de diciembre de 2016

MATEMÁTICAS COAS ÁRBORES DE NADAL

ESTE ANO DECORAMOS O COLE CUNHAS FERMOSAS ÁRBORES DE NADAL QUE FIXEMOS EMPREGANDO CINTAS ADHESIVAS CON MOTIVOS NAVIDEÑOS.  PARA ELABORALAS TIVEMOS QUE BOTAR MAN DAS CINTAS MÉTRICAS E IR MEDINDO E CORTANDO PARA OBTER TIRAS DE MENOR A MAIOR MEDIDA.  PASÁMOLO XENIAL CONTANDO E MEDINDO!!
 






















E ASÍ  DE CHULÍSIMO  QUEDOU  O RESULTADO  FINAL!!!





viernes, 9 de diciembre de 2016

RECOLLEMOS SEMENTES!!

DURANTE TODO ESTE TRIMESTRE INVESTIGANDO SOBRE AS PLANTAS E AS SUAS SEMENTES. COMO REMATE DESTA FASE QUIXEMOS FACER O NOSO PROPIO BANCO DE SEMENTES PARA A NOSA FUTURA HORTA! NESTE VÍDEO EXPLICAMOS COMO FIXEMOS E TODAS AS CLASES DE SEMENTES QUE CONSEGUIMOS RECOLLER, NON PERDADES DETALLE!!
PREME NA IMAXE
https://youtu.be/72mPOkYhAyA


miércoles, 7 de diciembre de 2016

ANIVERSARIO LEYRE

HOXE É O ANIVERSARIO DA NOSA COMPAÑEIRA LEYRE QUE CUMPLE 3 ANOS!!!! MOITOS PARABÉNS E GRAZAS POLAS CHUCHES!!!




lunes, 5 de diciembre de 2016

A GALIÑA ROXA

COMO TANTO NOS GUSTOU O CONTO DA GALIÑA ROXA, QUIXEMOS TAMÉN FACER UNHA VERSIÓN DA PORTADA NA QUE SE INCLÚA O TÍTULO E A ILUSTRACIÓN DAS PERSONAXES PRINCIPAIS. PARA DESENVOLVER ESTA ACTIVIDADE EMPREGAMOS UNHA ESTRUCTURA COOPERATIVA, QUE SE CHAMA FOLIO XIRATORIO. ESTA CONSISTE EN QUE CADA EQUIPO TEN UN ÚNICO PAPEL E CADA COMPOÑENTE UNHA COR DE ROTU DIFERENTE. ASÍ O PAPEL VAI ROTANDO POR TOD@S @S MEMBROS DE XEITO QUE CADA QUEN APORTA O QUE PODE OU O QUE SABE E O RESTO SUPERVISA E COMPLETA A TAREFA ATA CONSEGUIR UN RESULTADO FINAL CONXUNTO!!ASÍ DE XEITOSOS  RESULTARON OS NOSOS TRABALLIÑOS POR EQUIPOS!!
                     
                               EQUIPO UVAS : XULIA, NICO, ADAM E IZAN 
                         
                                 EQUIPO PERAS : OLGA, ALEX, ERIC E ELOI
                   EQUIPO  SANDÍAS : MARTÍN, PABLO, LEYRE E DANIEL
                     
                                 EQUIPO  PLÁTANOS : VALENTINA, NEREA E DAVID


 

miércoles, 30 de noviembre de 2016

EXPERIMENTAMOS CO APIO!!

HAI UNS DÍAS CHEGOU Á NOSA CLASE UNHA MALETA CUNHA MOREA DE COUSAS INTERESANTES DENTRO!! TIVEMOS UNHA MOREA DE IDEAS DO QUE PODIAMOS FACER CON TODO AQUILO PERO...RESULTOU UN EXPERIMENTO MOI INTERESANTE NO QUE DESCUBRIMOS COMO SE ALIMENTAN AS PLANTAS E O IMPORTANTE QUE É COIDAR A NATUREZA. NESTE VIDEO RECOLLEMOS UN RESUMO.

martes, 29 de noviembre de 2016

FAMILIAS LECTORAS

HOXE, POR FIN, DAMOS COMEZO ÁS SESIÓNS DE "FAMILIAS LECTORAS" QUE TANTO NOS GUSTA!!
NESTA PRIMEIRA VISITA FOI ÓSCAR, O PAPÁ DE OLGA, QUEN SE ACHEGOU Á NOSA BIBLIO PARA CONTARNOS A VERÍDICA HISTORIA DA GALIÑA ROXA.   ESTA LOITADORA GALIÑA TIVO MOITO TRABALLIÑO QUE FACER ANTES DE PODER COMER UN RIQUÍSIMO PAN PERO....COMPARTINDOO COS SEUS PITIÑOS, XA QUE OS SEUS AMIGOS NON QUIXERON AXUDARLLE NO TRABALLO!!!


martes, 15 de noviembre de 2016

A PLANTA DA ALCACHOFA

XA SABEDES QUE DURANTE ESTE TRIMESTRE ESTAMOS A RECOLLER SEMENTES E PLANTAS PARA LOGO FACER A NOSA PROPIA HORTA!  AS FAMILIAS ESTÁN APORTANDO MOITAS COUSIÑAS E HOXE CHEGOUNOS ESTE AGASALLO Á NOSA CLASE!!!  A MAMÁ DE MARTÍN TROUXONOS UNHA PLANTA DE ALCACHOFA PARA QUE VEXAMOS COMO É, QUE PARTES TEN, ETC. E, COMO VIÑA CON RAÍZ, BUSCÁMOSLLE UN SITIO NO PATIO PARA PLANTALA, PODER COIDALA E VER COMO MEDRA!!!









ASÍ DE FERMOSA LUCE NO SEU NOVO RECANTO DO NOSO PATIO!

jueves, 10 de noviembre de 2016

ARTISTAS DO OUTONO

CON TODOS OS FROITOS E ELEMENTOS QUE COMPOÑENTE O NOSO RECUNCHO DO OUTONO QUIXEMOS SOLTAR A NOSA IMAXINACIÓN E CREAR AS NOSAS PROPIAS OBRAS DE ARTE.  ESTE É O FANTÁSTICO RESULTADO!
SOMOS GRANDES ARTISTAS!!!

lunes, 24 de octubre de 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

HOXE, PARA CELEBRAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, ALGÚNS DOS VOLUNTARI@S DE 6º DE PRIMARIA CONVIDÁRONNOS A DISFRUTAR DA HISTORIA DE "AS FABAS MÁXICAS". ENCANTOUNOS!!!
LOGO, NA CLASE, TRABALLAMOS COAS LETRAS DO TÍTULO E INTENTAMOS ILUSTRALOS COAS NOSAS PROPIAS CREACIÓNS!

 









jueves, 13 de octubre de 2016

ANIVERSARIO NEREA

HOXE NEREA CUMPLE 3 ANOS!!! TODO UN ACONTECEMENTO QUE CELEBRAMOS XUNT@S NA CLASE CUNHA RIQUÍSIMA TORTA DE CHOCOLATE!!
 PARABÉNS NEREA!!!

martes, 4 de octubre de 2016

O RECUNCHO DO OUTONO

POR FIN, CON TODO O QUE FOMOS TRAENDO DAS NOSAS CASA E QUE RECOLLEMOS COA AXUDA DAS FAMILIAS, XA TEMOS UN RECUNCHO NA CLASE ADICADO AO OUTONO!!! NEL PODEMOS ATOPAR UNHA MOREA DE COUSAS PROPIAS DESTA ESTACIÓN. PODEDES VISITALA CANDO QUEIRADES!!
PRIMEIRO: COLOREAMOS OS FROITOS E ANIMAIS PROPIOS DO INVERNO






LOGO COLOCAMOS TODOS OS FROITOS E ENCHEMOS A MESA DE OUTONO!!



lunes, 3 de octubre de 2016

CHEGOU O OUTONO!!!

A CHEGADA DO OUTONO XA SE FAI NOTAR AO NOSO ARREDOR. NO PATIO, UNHA FERMOSA ALFOMBRA DE FOLLAS SECAS CUBRE O CHAN E PARA DECORAR O NOSO COLE ELABORAMOS, XUNTOS C@S COMPAÑEIR@S DE 5 ANOS, UN CHULÍSIMO MURAL EMPREGANDO A TÉCNICA DA ESTAMPACIÓN. AGORA, A NOSA ENTRADA LUCE ASÍ DE OTOÑAL E COLORIDA!!!

viernes, 30 de septiembre de 2016

MURAL CONXUNTO NA BIBLIO

COMO BEN SABEDES O PROXECTO NO QUE TRABALLAREMOS ESTE ANO NO COLE CHÁMASE "QUEN SEMENTA RECOLLE", QUE TEN POR FINALIDADE COÑECER COMO ELABORAR E COIDAR UNHA HORTA ECOLÓXICA PARA, FINALMENTE, PODER TER A NOSA PROPIA PLANTACIÓN E COLLEITA.
PARA IR MOTIVANDO NA BIBLIOTECA XA TEMOS UN RECUNCHO PROPIO DO PROXECTO CUNHA MOREA DE LIBROS DE CONSULTA, INFORMACIÓN E CONTOS RELATIVOS AO TEMA. O RECUNCHO ESTÁ DEMARCADO POR UN MURAL NO QUE TODOS OS CURSOS PARTICIPARON ENGADINDO ALGÚN DETALLE.   A NOSA CLASE ENCARGOUSE DE APORTARLLE OS VERMES!!  ASÍ DE CHULO NOS QUEDOU ESTE RECUNCHO!!