Páginas

lunes, 29 de mayo de 2017

O FROITO DA ALCACHOFA

POR FIN A PLANTA DA ALCACHOFA QUE ADOPTAMOS NO NOSO XARDÍN XA TEN FROITO!!! EN POUCOS DÍAS E CON ESTE CALOR, O QUE PARECÍA QUE ÍA SER UNHA PEQUENA FLOR CONVERTIUSE NESTA FERMOSA ALCACHOFA!




martes, 16 de mayo de 2017

A GALIÑA AZUL

ESTES DÍAS ESTAMOS TRABALLANDO COAS OBRAS DE CARLOS CASARES, O  AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS .  UNHA DAS SÚAS MELLORES E COÑECIDAS CREACIÓNS É "A GALIÑA AZUL".  LOGO DE LER O HISTORIA PUXÉMONOS MÁNS Á OBRA PARA RECREAR Á PROTAGONISTA E O TÍTULO. ASÍ DE CHULO NOS QUEDOU!!!






lunes, 15 de mayo de 2017

AS FAMILIAS RESPONDEN

COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO, AS FAMILIAS VOLCÁRONSE EN DARNOS AXUDA PARA OS NOSOS PROBLEMIÑAS E APARECERON UNHA MOREA DE IDEAS



PARA OS PAXAROS QUE PETISCAN OS NOSOS AMORODOS:  
  • FACER UN ESPANTALLO
  • BOTARLLES CINZA AO REDOR DO FROITO
  • CON REDE TUPIDA RODEAR AS PLANTAS
  • CERCAR A HORTA CUN VALADO DE MADEIRA
  • CUBRIR AS PLANTAS CUNHA REDE FINIÑA

PARA OS CARACOIS QUE COMEN AS NOSAS LEITUGAS:
  • RODEAR CON SAL O PE DE LEITUGA, SIN TOCALA
  • RODEAR AS PLANTAS CON BORRALLO DA CHEMINEA
  •  FACER UN MINI INVERNADOIRO CON REDE OU PLÁSTICO
  • NON REGAR EN ESCESO POLA NOITE
  • RODEAR CON MIGAS DE GALLETA OU CASCAS DE OVOS ESMAGADAS
  • PULVERIZAR CON XABÓN DE NOCES 
  • POÑER PRETO UN RECIPIENTE CON CERVEXA QUE OS ATRAE 
XA VEDES QUE NOS SOBRAN IDEAS, MESMO TIVEMOS O OFRECEMENTO DUNHA FAMILIA UE TEN UNHA GRANXA DE CARACOIS PARA "ADOPTAR" AO QUE OCUPAN A NOSA HORTA!!!

FINALMENTE, E LOGO DE MOITO FALAR, DEBATIR, ARGUMENTAR...DECIDIMOS POR VOTACIÓN QUE O CONSELLO QUE IAMOS SEGUIR É O DE RODEAR CON CINZA, XA QUE VALE PARA AS DÚAS PLANTAS.


viernes, 12 de mayo de 2017

AS PARTES DO MILLO

A PLANTA DO MILLO TEN VARIAS PARTES E ESTIVEMOS OBSERVANDO E COÑECENDO  CADA UNHA DELAS.
 A NOSA COMPAÑEIRA VALENTINA TROUXO UNHAS PLANTAS DE DISTINTOS TAMAÑOS E PUIDEMOS DIFERENCIAR AS PARTES E LOGO BUSCAMOS FOTOS EN INTERNET PARA VER AS PLANTAS MÁIS GRANDES E EN OUTRA ESTACIÓN DO ANO.




ASÍ FOI COMO O RESUMIMOS E FIXEMOS UN PANEL INFORMATIVO PARA COMUNICARLLO ÁS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DO COLE, ÁS MESTRAS  E ÁS FAMILIAS!


FAMILIAS LECTORAS - PIRRACAS E AS PATACAS

HOXE ISITOU A NOSA BIBLIO O PAPÁ DE IZAN PARA CONTARNOS A HISTORIA DE "PIRRACAS E AS PATACAS".  ASÍ SOUBEMOS QUE GRACIAS A ESTE NENO SEGUIMOS TENDO PATACAS A DÍA DE HOXE!!   MENTRES PIRRACAS CAVABA NAS PATACAS CO SEU TÍO ATOPOU UNHA CUNHA FORMA MOI RARA Á QUE DECIDIU POÑERLLE PATAS CON MISTOS DE MADEIRA E GARDALA PARA XOGAR. E MENOS MAL QUE A GARDOU PARA PODER TER ASÍ  UNHA SEMENTE E PODER SEGUIR SEMENTANDO PATACAS SENON....





martes, 9 de mayo de 2017

PEDIMOS CONSELLO ÁS FAMILIAS

LOGO DA CHUVIA DE IDEAS DE ONTE, IZAN TIVO UNHA OCURRENCIA  MOI ACERTADA: POR QUÉ NON LLE PREGUNTAMOS AO MEU AVÓ, EL SEGURO QUE SABE COMO PODEMOS FACER PORQUE TEN MOITAS VEIGAS E MOITA HORTA!!
ESTIVEMOS TOD@S DE ACORDO E DECIDIMOS ESCRIBIR UNHA NOTIÑA PARA QUE NA CASA SAIBAN O NOSO "PROBLEMA" E NOS APORTEN SOLUCIÓNS!
VEREMOS QUE IDEAS NOS DAN!!

FARIÑA DE MILLO

OS AVÓS DE DANIEL TEÑEN NA SÚA CASA UN MUÍÑO PARA O MILLO!!  DANI ESTIVO ACOMPAÑANDO Á SÚA AVÓA PARA APRENDER BEN COMO SE FAI O PROCESO E LOGO PODER EXPLICÁRNOLO A TOD@S NO COLE.  GUSTOUNOS MOITO!