Páginas

miércoles, 5 de diciembre de 2018

CADA MES UN CONTO: POLO CAMIÑO



DURANTE O MES DE NOVEMBRO XOGAMOS E APRENDEMOS CON "POLO CAMIÑO", UN POEMA - CANTIGA MOI PEGADIZO,  CREADO E ILUSTRADO POR MARIANA RUIZ JOHNSON.
 ENCANTOUNOS PORQUE TEN UNHA CHEA DE POSIBILIDADES: CONTAR DO 1 AO 10, APRENDER VOCABULARIO DE ALIMENTOS E ANIMAIS, CANTAR E SOBRE TODO AS RIMAS, QUE NOS PARECEN XENIAIS E NOS METERON O GUSANIÑO DE CREAR OS NOSOS PROPIOS POEMAS!! NISO ESTAMOS AGORA.

PARA XOGAR E DIVERTIRNOS A PARTIRES DESTE CONTO TEMOS  PLANTILLAS DE ESCORNABOTS!.
 NESTA PUIDEMOS XOGAR DE 2 FORMAS: UNHA SEGUINDO A SECUENCIA DA HISTORIA MENTRES REPETIMOS O POEMA E OUTRA TIRANDO UN OU DOUS DADOS E LEVANDO O ESCORNABOT ATA A CASIÑA CO DEBUXO DOS ANIMAIS CORRESPONDENTES.


CON ESTA OUTRA PALANTILLA TRABALLAMOS  POR UNHA BANDA COA SECUENCIA DA HISTORIA E POR OUTRA BANDA O VOCABULARIO CON TARXETAS DE IMAXES E TEXTO, DE XEITO QUE TIÑAN QUE LER E RELACIONAR O ALIMENTO CO ANIMAL QUE O LEVABA.
TARXETAS

PLANTILLA










miércoles, 21 de noviembre de 2018

O XOGO NAS NOSAS VIDAS

COMO BEN SABEDES ESTE ANO O NOSO PROXECTO TITÚLASE "XOGAMOS?", TODA UNHA INVITACIÓN A DISFRUTAR, COMPARTIR, PASALO BEN E APRENDER! COMO PRIMEIRA TAREFA QUIXEMOS RECOLLER AS NOSA VIVENCIAS SOBRE O XOGO, OS NOSOS GUSTOS, CON QUEN OS COMPARTIMOS E ONDE...


PERO A NOSA CURIOSIDADE FOI MÁIS LONXE E PREGUNTAMOS ÁS NOSAS FAMILIAS POLAS SÚAS EXPERIENZAS E RESULTOU XENIAL!!
 PUIDEMOS COÑECER NOVOS XOGOS, COMPARAR OS COSTUMES DE ANTES COS QUE TEMOS NÓS AGORA, REFLEXIONAR E PROÑER IDEAS.....XA ALGO HAI QUE FACER COAS NOSAS NAIS E PAIS QUE XOGAN POUCO E COAS NOSAS AVOAS E AVÓS QUE NON XOGAN CASE NUNCA!!!


AQUÍ DEIXAMOS A NOSA COMPILACIÓN DE DATOS COA ANÁLISE QUE REALIZAMOS, VEREDES CANTAS COUSIÑAS COÑECEMOS!

domingo, 4 de noviembre de 2018

CADA MES UN CONTO: "ONDE VIVEN OS MONSTROS"

ESTE MES, COMO NON PODÍA SER DE OUTRO XEITO, TRABALLAMOS CON UN CONTO DE MEDO. O ESCOLLIDO POR UNANIMIDADE FOI "ONDE VIVEN OS MONSTROS", NO QUE SE NOS CONTA AS AVENTURAS DE MAX CANDO VIAXOU DENDE O SEU CUARTO AO PAÍS DOS MONSTROS.  LOGO DE MOITO FALAR SOBRE O TEMA ATREVÍMONOS A CREAR OS NOSOS PROPIOS MONSTROS!! DESEÑÁMOL.OS E ATA LLE ATRIBUÍMOS SÚPERPODERES!! VEREDES QUE TERRORÍFICOS!



miércoles, 31 de octubre de 2018

LECTURAS MEDORENTAS!

CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO SAMÍN, UNHA PARELLA DE VOLUNTARIOS DA BIBLIO VISITOU A NOSA AULA PARA CONTARNOS UNHA HISTORIA DE MEDO!!!  O LIBRO QUE ESCOLLERON FOI "O SOUTO ESCURO E PERIGOSO", UNHA AVENTURA DE ANIMAIS DO BOSQUE, ILUSTRADO EN BRANCO SOBRE PÁXINAS NEGRAS E CUN FINAL INESPERADO.  CANTO O DISFRUTAMOS!!!

viernes, 26 de octubre de 2018

FAMILIAS LECTORAS: "A MIN NON ME COMAS"

HOXE VISITOU A NOSA BIBLIO BEA, A MAMÁ DE YAIZA, UNHA VETERANA NISTO DAS FAMILIAS LECTORAS. DESTA VOLTA CONTOUNOS A AVENTURA DE MEDO QUE LLE SUCEDEU A MATEO A NOITE QUE UN MONSTRO ENTROU NO SEU CUARTO E QUIXO COMER A TODOS OS SEUS SERES QUERIDOS!!! "A MIN NON ME COMAS" DEUNOS PÉ PARA FALAR DOS NOSOS PROPIOS MEDOS E IDEAS DE COMO ENFRONTALOS.


viernes, 12 de octubre de 2018

ESCORNABOT COA AMORA NA SILVA

LOGO DE TODO O MES TRABALLANDO CO CONTO "A AMORA NA SILVA" HOXE ESTIVEMOS XOGANDO COS ESCORNABOTS!
NA PLANTILLA APARECEN AS PALABRAS DO TÍTULO ASÍ COMO TODOS OS PERSONAXES QUE VAN APARECENDO.  O XOGO CONSISTE EN PROGRAMAR AOS ROBOTS PARA QUE VAIAN PASEÁNDOSE DE CELDA EN CELDA E FORMEN O TÍTULO E A SECUENCIA DA HISTORIA.  PASÁMOLO XENIAL!!!






viernes, 28 de septiembre de 2018

CADA MES UN CONTO : "A AMORA NA SILVA"

LOGO DO GRANDE ÉXITO OBTIDO, SEGUINDO CO OBRADOIRO QUE BOTAMOS A ANDAR O PASADO CURSO DE CADA MES UN CONTO!! 
NESTE PRIMEIRO MES DE SETEMBRO COMEZAMOS TRABALLANDO CO TÍTULO: "A AMORA NA SILVA", UN CONTO TRADICIONAL GALEGO CON ESTRUCTURA REPETITIVA E RIMA, DOS QUE NOS ENCANTAN!!!
COMO APARECEN UNHA MOREA DE PERSONAXES, APROVEITAMOS PARA XOGAR COAS LETRAS ATA COMPOÑER OS SEUS NOMES E, DESTE XEITO, PUIDEMOS TAMÉN ESCRIBILOS NO ORDENADOR E BUSCAR AS FOTOS REAIS DOS ANIMAIS DA HISTORIA!  QUE DESCUBRIMENTO!!!

CON TODO ISTO CONFECCIONAMOS UNS LIBRIÑOS PROPIOS PARA PODER LEVAR Á CASA E CONTARLLES ESTE CHULÍSIMA HISTORIA ÁS NOSAS FAMILIAS!

EN BREVE COMEZARÁN A RULAR POR TODAS AS CASAS!

miércoles, 26 de septiembre de 2018

ESTAMOS DE ESTREA!!! MESA DE LUZ!!!

ESTE CURSO COMEZÁMOLO CUNHA CHEA DE MATERIAIS NOVOS PERO, SIN DÚBIDA, A QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI ESTA MESA DE LUZ!       É XENIAL, É MÁXICA, É COLORIDA!!
NESTA PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO XOGAMOS COAS LETRAS E COMPUXEMOS OS NOSOS NOMES, PERO AGÁRDANNOS UNHA MOREA DE ACTIVIDADES QUE DESENVOLVER DURANTE O CURSO: SERIES, TANGRAM, MESTURAS DE CORES...






martes, 18 de septiembre de 2018

NOVO CURSO. ARRAINCAMOS!!!

COMEZAMOS UN NOVO CURSO, UN CURSO ESPECIAL XA QUE ESTE ANO SOMOS @S MAIORES DE INFANTIL!!!   
LOGO DAS VACACIÓNS DE VERÁN VOLTAMOS AO COLE COAS PILAS BEN CARGADAS E MOITAS GANAS DE APRENDER E DIVERTIRNOS!!  AQUI IREMOS INFORMANDO DE TODOS OS NOSOS AVANCES E DESCUBRIMENTOS. DE MOMENTO ÍMONOS PRESENTAR.
                                                       

                                                                      MOI BO CURSO!

jueves, 31 de mayo de 2018

LOGO DESTE TEMPO INVESTIGANDO E COÑECENDO A ABI CASTILLO E A SÚA OBRA, XA TEMOS CLARO QUE É A NOSA PINTORA FAVORITA!!! ENCÁNTANNOS TODAS AS SÚAS PINTURAS E FOI DIFÍCIL ESCOLLER A NOSA PREFERIDA, PERO INTENTAMOS POÑERLLE UN TÍTULO DA NOSA COLLEITA!! DESTE XEITO APRENDEMOS A MIRAR CON OUTRA OLLADA E A COMPRENDER E INTERPRETAR O QUE COAS OBRAS ARTÍSTICAS SE QUERE EXPRESAR

miércoles, 16 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS

ESTE ANO ESCOLLEMOS UN FRAGMENTO (O ALMORZO) DE "UN CACHIÑO DE BICA" DO LIBRO "EU CONTO TI CANTAS" DA AUTORA HOMENAXEADA MARÍA VICTORIA  MORENO.   TRABALLÁMOLO CON PICTOGRAMAS PARA QUE TOD@S POIDAMOS DISFRUTA DO POEMA. SUPUXO BASTANTE ESFORZO BUSCAR EN INTERNET AS IMAXES DOS PICTOS, ESCRIBINDO AS PALABRAS,  PERO O RESULTADO FINAL FOI XENIAL!
 


ASÍ DE FERMOSO ESTÁ O RECUNCHO DAS LETRAS GALEGAS

miércoles, 11 de abril de 2018

CADA MES UN CONTO: "A CEBRA CAMILA"

ESTE MES ADICÁMOLO A COÑECER A CAMILA, UNHA CEBRA Á QUE UN DÍA  O VENTO BANDIDO LLE ESFARRAPOU O VESTIDO!!
PRIMEIRO COÑECEMOS UN POR UN A TODOS OS PERSONAXES QUE APARECEN NO RELATO, E FIXEMOS UN LIBRIÑO COAS SÚAS FOTOS E AS CARACTERÍSTICAS QUE COÑECEMOS DE CADA QUEN.  LOGO, COMO XA ESTÁ MÁIS QUE CLARO QUE SOMOS MOI ARTISTAS, COMPUXÉMOSLLE UN NOVO VESTIDO EMPREGANDO O QUE SE NOS ÍA OCURRINDO....QUEDARON XENIAL!!





























PARA ESTA ACTIVIDADE EMPREGAMOS UNHA ESTRUCTURA COOPERATIVA, O FOLIO XIRATORIO, DE XEITO QUE CADA COMPOÑENTE DO EQUIPO ENGADÍA UNHA PARTE AO DEBUXO E AO LISTADO ATA IR COMPLETANDO UN PRODUCTO CONXUNTO.
PODEDES VELAS EXPOSTAS NO TABOLEIRO DA  ENTRADA DO COLE!

lunes, 9 de abril de 2018

MODELOS ESCULTURAIS

NESTE TEMPO DE ACHEGAMENTO Á ESCULTURA DESCUBRIMOS QUE HAI CANTIDADE CON FIGURAS HUMANAS E QUE EXPRESAN E TRANSMITEN MOITO!!! NON SE NOS OCURRIU MELLOR MANEIRA DE INTERPRETALAS QUE SENDO MODELOS DESAS OBRAS. CADA QUEN ESCOLLEU A QUE MÁIS LLE GUSTOU E FORMULAMOS HIPÓTESES SOBRE O QUE REPRESENTA E O QUE QUERE TRANSMITIR. LOGO REPRODUCIMOS AS ESCULTURAS, IMITANDO E EXPRESANDO E....MIRADE QUE FANTÁSTICO RESULTADO!

martes, 20 de marzo de 2018

SACAR A PASEAR A LIÑA

COMO REMATE DESTE ARTÍSTICO TRIMESTRE QUIXEMOS EXPERIMENTAR UNHA NOVA TÉCNICA QUE DESCUBRIMOS QUE EMPREGABA PAUL KLEE.  ÉL DECÍA QUE UN BEDUXO ERA COMO SACAR UNHA LIÑA A PASEAR E DEIXALA IR POR DONDE A IMAXINACIÓN NOS GUÍE. 
 SEGUINDO ESTA TÉCNICA PUXÉMONOS MANS Á OBRA COAS NOSAS PROPIAS CREACIÓNS!       PRIMEIRO SACAMOS A PASEAR A LIÑA...













DEIXAMOS QUE A MAN PASEARA A LIÑA POR ONDE QUIXO....E ASÍ QUEDOU!













POR ÚLTIMO DÉMOSLLE CORES A CADA UN DOS ANAQUIÑOS QUE DESEÑAMOS E...ARTE!!!