Páginas

lunes, 26 de febrero de 2018

SORPRESA NO DÍA DE ROSALÍA

CANDO CHEGAMOS Á CLASE ESTA MAÑÁ, SOBRE A MESA, TIÑAMOS UN AGASALLO....ALGO SEMELLANTE A UN CARAMELO XIGANTE VERDE CUNHA ETIQUETA.  PRIMEIRO PENSAMOS QUE PODÍA SER UNHA PINTORA.. COMO VIÑA TAN COLORIDA!  

PERO  CANDO O MANDARETE ABRIU O AGASALLO E ATOPAMOS UNHA POESÍA TAN FERMOSA........XA SOUBEMOS QUE SE TRATABA DUNHA ESCRITORA!
 ALGÚNS COMAPEÑEIROS RECOÑECÉRONA!  É ROSALÍA DE CASTRO!!!

LOGO BUSCAMOS ALGO DE INFORMACIÓN E ESCOITAMOS O POEMA VARIAS VECES PARA DISFRUTALO E PODER DECIDIR CALES ERAN OS ELEMENTOS PRINCIPAIS QUE SE NOMEAN PARA PODER ILUSTRALO! 

PUXÉMONOS MANS Á OBRA E ILUSTRAMOS ASÍ DE BEN!!



PINTANDO CON ACUARELAS

MENTRES INVESTIGAMOS SOBRE PAUL KLEE, DESCUBRIMOS QUE HAI DISTINTOS TIPOS DE PINTURAS E, POR SUPOSTO, NÓS QUEREMOS EXPERIMENTAR CON TODAS!!!
HOXE DESCUBRIMOS AS ACUARELAS!!! ENCÁNTANOS PINTAR CON PINCEL E MEZCLAR CORES PARA DECUBRIR OUTRAS NOVAS! E O DE EMPREGAR UNHA PALETA DE CORES.....ISO FASCINOUNOS!!! 
 APROVEITANDO QUE ESTABAMOS TRABALLANDO CO POEMA DE ROSALÍA DE CASTRO, BUSCAMOS UNHA FOTO SÚA E, SEGUINDO A ESTRUCTURA DE FOLIO XIRATORIO, COLOREAMOS OS RETRATOS POR EQUIPOS!






















  E QUEDÁRONNOS ASÍ DE CHULOS!!
EQUIPO  VERMELLO              EQUIPO  VIOLETA

EQUIPO  AZUL                           EQUIPO  AMARELO

martes, 6 de febrero de 2018

ARTELLANDO ESCULTURAS

XA TEMOS MONTADA A NOSA EXPOSICIÓN DE ESCULTURAS!!
O NOSO MUSEO VAI TOMANDO FORMA E XA TEMOS LISTA A SECCIÓN DA ESCULTURA. TAL COMO VOS CONTAMOS O OUTRO DÍA, ESTUVEMOS MOI CONCENTRAD@S PARA DESEÑAR E CREAR AS NOSAS OBRAS PERO, POR FIN TEMOS O TRABALLO REMATADO E BEN ORGULLOS@S QUE ESTAMOS!!
 PODEDES PASAR A DISFRUTAR DA EXPOSICIÓN CANDO QUEIRADES!

lunes, 5 de febrero de 2018

DECORANDO AO ESTILO PAUL KLEE

AGORA QUE XA COÑECEMOS OS GRUSTOS DE PAUL KLEE, QUIXEMOS SABER COMO ERA EL FÍSICAMENTE. LOGO DE VER A SÚA FOTO OCURRÍUSENOS DECORAR O MARCO AO XEITO DE PAUL KLEE, COMBINANDO FORMAS  CORES E MATERIAIS, E ASÍ DE CHULO NOS QUEDOU!!


jueves, 1 de febrero de 2018

CREANDO CON AQUILES O PUNTIÑO

DENTRO DO PROXECTO "CADA MES UN CONTO" COMEZAMOS A TRABALLAR CON AQUILES O PUNTIÑO. COMO ESTE CURSO ESTAMOS TAN MERGULLADOS NA ARTE, AS NOSAS CREACIÓNS A PARTIRES DUN PUNTIÑO FORON XENIAIS!!

RECOPILÁMOLOS TODOS NUN LIBRIÑO NO QUE CUBRIMOS UNHA PEQUENA FICHA DA NOSA CREACIÓN, RESPOSTANDO A UNHAS CUESTIÓNS:
*  QUE É ?
*  COMO SE CHAMA ?
*  COMO É ?
*  QUE FAI ?
AGORA O LIBRO COMEZA A VISITAR AS NOSAS CASA DONDE, COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS, COMPLETARÉMOLO DESEÑANDO NOAS CREACIÓNS E PEQUENIÑOS TEXTOS COAS AVENTURAS QUE INVENTEMOS.
 PRONTO ESTARÁ LISTO PARA COMPARTIR NO BLOGUE!

AS CORES DO ELEFANTE ELMER

COÑECEMOS A HISTORIA DO ELEFANTE ELMER, UN ELEFANTE MOI ESPECIAL, E DE MOITÍSIMAS CORES QUE, NUN PRINCIPIO, QUERÍA SER GRIS COMA TOD@S PERO....PRONTO DESCUBRIU QUE O MELLOR E QUERERNOS COMO SOMOS. CON TODO O QUE NOS FAI SER ESPECIAIS!
LOGO COLOREAMOS AOS NOSOS PROPIOS ELMER, QUE NOS VEN MOI BEN PARA ACHEGARNOS Á NOVA TEMÁTICA QUE IMOS INVESTIGAR......
SEGUIREMOS INFORMANDO....