viernes, 20 de diciembre de 2019
FESTIVAL DE NADAL
CADA GRUPO DO COLE PREPAROU UNHA ACTUACIÓN PARA FESTEXAR A CHEGADA DO NADAL, AS VACACIÓNS E PARA DESPEDIR O ANO 2019 E DARLLE A BENVIDA AO 2020, QUE SIN DÚBIDA VIRÁ CARGADIÑO DE BOS MOMENTOS! NADA MELLOR QUE FACELO A RITMO DE PANXOLIÑA. PARA ESTA OCASIÓN ESCOLLEMOS "NADAL", UNHA PEZA DE MAMÁ CABRA INCLUÍDA NO LIBRO DISCO "ESTACIÓN NADAL"
miércoles, 4 de diciembre de 2019
A NOSA PRIMEIRA CONFERENCIA
CON TODO O QUE APRENDEMOS DURANTE ESTE TRIMESTRE INVESTIGANDO SOBRE A AUGA, HOXE FIXEMOS UNHA CONFERENCIA PARA TOD@S @S COMPAÑEIR@S DO COLE! POR QUENDAS FOMOS CONTÁNDOLLES AS PROPIEDADES, OS ESTADOS E OS USOS DA AUGA. CÁNTO SABEMOS XA!!
PREMENDO AQUÍ TEDES ACCESO AO ÁLBUME DE FOTOS
PREMENDO AQUÍ TEDES ACCESO AO ÁLBUME DE FOTOS
martes, 19 de noviembre de 2019
IMOS AO TEATRO!
HOXE SAÍMOS AO AUDITORIO DE PONTEAREAS PARA DISFRUTAR DUNHA OBRA DE TEATRO!
PUIDEMOS ASISTIR Á OBRA "NUBE,NUBE, SOL" A CARGO DA COMPAÑÍA DE TEATRO O CUBO, DENTRO DA PROGRAMACIÓNORGANIZADA POLA FANPO (federación de ANPAs de Pontevedra)
FOI TODA UNHA EXPERIENCIASENSORIAL, PARA MOIT@SA PRIMEIRA VEZ NUN AUDITORIO!! GOZAMOS ATA DA VIAXE EN BUS!
PUIDEMOS ASISTIR Á OBRA "NUBE,NUBE, SOL" A CARGO DA COMPAÑÍA DE TEATRO O CUBO, DENTRO DA PROGRAMACIÓNORGANIZADA POLA FANPO (federación de ANPAs de Pontevedra)
FOI TODA UNHA EXPERIENCIASENSORIAL, PARA MOIT@SA PRIMEIRA VEZ NUN AUDITORIO!! GOZAMOS ATA DA VIAXE EN BUS!
viernes, 15 de noviembre de 2019
OS NOSOS MONSTROS
NA NOSA NOVA BIBLIOTECA TEMOS UN ESPAZO MOITO MÁIS AMPLO PARA A ZONA ARGALLEIRA E CONTAMOS CON NOVOS RECURSOS E MATERIAIS. UN DOS QUE MÁIS NOS GUSTA É A MESA MULTITÁCTIL! AQUÍ PODEMOS XOGAR E APRENDER DE XEITO MOI DIVERTIDO XA QUE É COMA UNHA TABLETA PERO XIGANTE!
NESTES DÍAS FEDELLAMOS CUNHA APLICACIÓN PARA DESEÑAR MONSTROS NA QUE PUIDEMOS ESCOLLER TIPOS DE CABEZA, CORPO, EXTREMIDADES, ROUPA, COMPLEMENTOS.... POR EQUIPOS COOPERATIVOS, E EMPREGANDO A ESTRUTURA DE FOLIO XIRATORIO, XOGAMOS CON ISTO E CONSEGUIMOS UNHAS CREACIÓNS SÚPER MONSTRUOSAS!!
EQUIPO 1
LOGO DO DESEÑO COMPLETAMOS AFICHA COS DATOS QUE SE NOS FORON OCURRINDO , QUE DVERTIDO!
lunes, 11 de noviembre de 2019
CREACIÓNS MONSTRUOSAS
ESTAMOS NA ÉPOCA MÁIS MEDORENTA DO ANO E POR ISO DECIDIMOS CREAR OS NOSOS PROPIOS MONSTROS. PARA ISO FIXEMOS DOUS EQUIPOS E TRABALLAMOS NA BIBLIO DE XEITO COOPERATIVO CON DIFERENTES MATERIAIS. UN EQUIPO EMPREGOU AS PEZAS DE MADEIRA,TORCAS, PARAFUSOS... E O OUTRO AS PEZAS DE LEGO. TRABALLAMOS ARREO ATA REMATAR UNHAS TERRORÍFICAS CREACIÓNS!
viernes, 11 de octubre de 2019
viernes, 4 de octubre de 2019
BENVIDA SABELA
O DÍA 2 NACEU SABELA, A IRMÁ DA NOSA COMPAÑEIRA AINHOA! HOXE ENTRE TOD@S, E SEGUINDO A ESTRUCTURA DE FOLIO XIRATORIO, FIXÉMOSLLE UN PEQUENO AGASALLO PARA DARLLE A BENVIDA,UN BABEIRO COAS NOSAS PEGADAS PARA QUE TEÑAUN RECORDO DE TOD@S! PARABÉNS FAMILIA!!
jueves, 26 de septiembre de 2019
BENVIDO OUTONO
NESTES DÍAS DÉMOSLLE A BENVIDA AO OUTONO E QUIXEMOS DECORAR A NOSA AULA CON FOLLIÑAS COMO AS QUE CAEN DAS ÁBORES NESTA ESTACIÓN. DECORÁMOLAS, USANDO A ESTRUCTURA DE "LÁPICES AO CENTRO" CON 3 TÉCNICAS DIFERENTES:
*PEGADO DE GOMETS
*TRAZO HORIZONTAL
*ESTAMPADO DE PEGADAS
*PEGADO DE GOMETS
*TRAZO HORIZONTAL
*ESTAMPADO DE PEGADAS
miércoles, 18 de septiembre de 2019
PRESENTÁMONOS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)