Páginas

jueves, 31 de enero de 2019

CADA MES UN CONTO: NEGROS E BRANCOS

NO MES DE XANEIRO TRABALLAMOS CON NEGROS E BRANCOS, A FANTÁSTICA HISTORIA DE DAVID McKEE, AO QUE XA COÑECEMOS POR SER O CREADOR DE ELMER.
Resultado de imagen de negros e brancos david mc gee
APROVEITAMOS QUE SE CELEBRA O DÍA DA ILUSTRACIÓN, COINCIDINDO CO NACEMENTO DE CASTELAO, NESTA OCASIÓN QUIXEMOS FACER A NOSA VERSIÓN DO CONTO COMO ILUSTRADORAS E ILUSTRADORES!!
A HISTORIA É FERMOSA, E DEUNOS MOITO PARA FALAR DE PAZ, DE AMIZADE, DE COMPAÑEIRISMO... PREMEDE E DISFRUTÁDEA!


DECÁLOGO PARA XOGAR EN PAZ

POLO DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ, E RELACIONADO COA TEMÁTICA DO NOSO PROXECTO DE CENTRO "XOGAMOS", DESEÑAMOS UN CARTEL CUN DECÁLOGO PARA XOGAR EN PAZ.
 ESTIVEMOS PENSANDO NUNHA CHEA DE IDEAS PARA QUE CANDO XOGEMOS TAMÉN ESTEAMOS  FOMENTANDO A PAZ E NESA ASAMBLEA XURDIRON MOITÍSIMAS IDEAS COMO:

LOGO  FALAMOS MOITO, DEBATIMOS, ATA QUE SELECIONAMOS AS QUE NOS PARECÍAN MÁIS IMPORTANTES.  CADA QUEN  ESCOLLEU A SÚA NORMA E ESCRIBIUNA EN PAPEL PARA LOGO PODER TRASLADAR AO TECLADO DO ORDENADOR E CONFECCIONAR ASÍ O CARTEL
TAMÉN PRECISABAMOS UNHA IMAXE PARA ILUSTRALO E, ENTRE TODAS AS PROPOSTAS, A QUE MÁIS NOS CONVENCEU FOI A DE TODAS AS NOSAS MANS UNIDAS. LOGO DE VARIAS PROBAS QUEDÁMONOS CON ESTA, REALIZADA POLO NOSO COMPAÑEIRO ERIC.

XA SÓ NOS FALTABA A MONTAXE E, DESPOIS DE SELECCIONAR AS ETIQUETAS, E TRANSCRIBIR AS NORMAS CO TECLADO, NA PIZARRA DIXITAL FIXEMOS A DISTRIBUCIÓN E DESEÑO FINAL DO NOSO CARTEL, E ESTE FOI O FANTÁSTICO RESULTADO FINAL.


ESTE CARTEL, E OS OUTROS QUE FIXERON NOUTROS CURSOS, ESTÁN PENDURADOS POR DISTINTOS SITIOS DO CENTRO PARA RECORDARNOS COMO TEMOS QUE XOGAR EN PAZ.

miércoles, 30 de enero de 2019

LECTURAS POLA PAZ

UN GRUPO DE AXUDANTES DA BIBLIO  CONTOUNOS A HISTORIA DE "NEGROS E BRANCOS", CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA.
ESTA HISTORIA DE DAVID Mc KEE  ENCANTOUNOS, PERO MOITÍSIMO MÁIS CÓMO NOLA CONTARON, EMPREGANDO O KAMISHIBAI E CON MÚSICA DE FONDO!!
MOITAS GRAZAS AXUDANTES!!

viernes, 18 de enero de 2019

FAMILIAS LECTORAS: A VACA QUE PUXO UN OVO



CÉSAR, O PAPÁ DA COMPAÑEIRA MAYRA ACHEGOUSE HOXE Á NOSA BIBLIO PARA COMPARTIR CON NÓS AS AVENTURAS DE MARGORIE NO CONTO "A VACA QUE PUXO UN OVO", DE ANDY CUTBILL E ILUSTRADO POR RUSSEL AYTO.
CANTO RIMOS COA SÚA HISTORIA, DISPARATADA E DIVERTIDA, E CANTO FALAMOS DESPÓIS SOBRE TEMAS COMO A SOLIDARIDADE, A ENVEXA, A AUTOESTIMA, O ESFORZO, O VÍNCULO AFECTIVO COAS PERSOAS DE APEGO....
Imagen relacionada
SIN DÚBIDA, UNHA HISTORIA FANTÁSTICA!!