Páginas

jueves, 28 de febrero de 2019

ENTROIDO



NESTES DÍAS APRENDEMOS UNHA CHEA DE COUSIÑAS  GRAZAS AO LIBRO DE XERAIS "É TEMPO DE ENTROIDO",  QUE NOS PRESENTA OS PERSONAXES MÁIS SENLLEIROS DO NOSO ENTROIDO, O  GALEGO.

Resultado de imagen de ENTROIDO XERAIS
PREMENDO AQUÍ TAMÉN PODEDES ESCOITAR A CANCIÓN QUE NOS ACOMPAÑA NESTES DÍAS NAS ENTRADAS E SAÍDAS DO COLE.

DECORAMOS AO NOSO GUSTO UNHA MÁSCARA DE PELIQUEIRO, QUE SOEN ADOBIAR CON RETRATOS DE ANIMAIS, E TAMÉN A MÁSCARA DE PANTALLA, QUE ENFEITAN CON REPRESENTACIÓNS ASTRAIS E DO UNIVERSO.
CON TODAS AS NOSAS MÁSCARAS DECORADAS CONFECIONAMOS UN PHOTOCALL!

LOGO  DISFRAZÁMONOS BOTANDO MAN DA ROUPA E COMPLEMENTOS QUE TEMOS NO RECUNCHO DO ARMARIO, E ASÍ DE DIVERTIDOS QUEDAMOS!













O NOSO ENTROIDO - SOMOS PARCHÍS

NESTES DÍAS TEMOS ESTADO MOI ATAREFAD@S CONFECCIONANDO O NOSO DISFRAZ PARA LUCIR NO DESFILE DE SALVATERRA!
A TEMÁTICA NON PODÍA SER OUTRA QUE OS XOGOS E, SE HAI UN XOGO QUE NOS GUSTA NA NOSA CLASE, ESE É O PARCHÍS!! ASÍ QUE ...ALÁ FOMOS!  NUN PRINCIPIO PARECÍA MOI COMPLICADO PERO RESOLVEMOS ESTUPENDAMENTE E RESULTOU UNHA TAREFA SÚPERCOMPLETA.

DESCRIBIMOS PASO A PASO COMO O FIXEMOS:

1- CONFECIONAMOS A PARTE TRASEIRA, PARA ISO TIVEMOS QUE MEDIR, MARCAR, TRAZAR E CORTAR.  TOD@S PARTICIPAMOS NO DISFRAZ DE TOD@S XA QUE FIXEMOS ESTA ACTIVIDADE EN ESTRUCTURA DE FOLIO XIRATORIO, DESTE XEITO TOD@S
EQUIPO AMARELO: LEYRE, PABLO, ERIC E NICO

EQUIPO VERMELLO: DANIEL, ALEX E NEREA


EQUIPO AZUL: ADAM, PACO E DAVID



2 - MEDIANTE A ESTRUCTURA DE LÁPICES AO CENTRO DECUBRIMOS AS LETRAS QUE NECESITABAMOS, DEBATIMOS E ACORDAMOS ATA QUE, FINALMENTE  ESCRIBIMOS "O XOGO DO PARCHÍS". LOGO ROTULAMOS DE CORES AO NOSO GUSTO.



3 - DESEÑAMOS O TABOLEIRO. PARA ISTO SEGUIMOS AS INDICACIÓNS DO LIBRO DE INSTRUCIÓNS, NO QUE DEBEMOS LER O QUE FACER EN CADA PASO E INTERPRETALO CON AXUDA DA ILUSTRACIÓN QUE O ACOMPAÑA.
CON ESTRUCTURA DE LÁPICESAO CENTRO,FOMOS LENDO AS INDICACIÓNS E TRABALLANDO CANDO TOD@S O TIÑAMOS COMPRENDIDO.



Leer más publicaciones en Calaméo




























4 -  CO TABOLEIRO REMATADO MARCAMOS AS CELDAS DE SEGURIDADE E OS CÍRCULOS DAS CASAS DE SAÍDA. PARA FACELO BUSCAMOS MOEDAS,TAPAS, ARANDELAS...QUE SE AXUSTABAN AO TAMAÑO DA CELDA.  PRESIONAMOS PARA MARCAR O CONTORNO E  LOGO ROTULAMOS.

























5 - CO DESEÑO DO TABOLEIRO REMATADO,XA SÓ FALTABA DARLLE COR! PARA COLOREAR GUIÁMONOS POLOS TABOLEIROS COS QUE XOGAMOS NA CLASE PARA ASEGURARNOS DE CALES SE PINTAN E DE QUE CORES.

6 - PARA REMATAR O NOSO DISFRAZ NUMERAMOS TODAS AS CELDAS, E SON  68!!
PRACTICAMOS MOITÍSIMO AS MATES, E COÑECEMOS NOVAS FAMILIAS, COMA A DO CORENTA, CINCUENTE E SESENTA!














































7 - POR ÚLTIMO CONFECIONAMOS UNHA COROA CON DADOS!
CORTAMOS AS CINTAS E OS CADRADOS E  AXUDÁMONOS DE DADOS REAIS PARA POÑER OS PUNTIÑOS NO LUGAR CORRECTO.   EN GRUPO, CON ESTRUTURA DE "GOMETS AO CENTRO"  REPRESENTAMOS CON PEGATINAS AS 6 CARA DO DADO.


8 - E ESTE FOI O FANTÁSTICO RESULTADO FINAL, LOGO DE TANTO ESFORZO!!!



E ASÍ DE XENIAIS LUCIMOS NO DESFILE DO VENRES DE ENTROIDO, PERCORRENDO AS RÚAS DE SALVATERRA XUNTOS COS OUTROS COLES DO CONCELLO

lunes, 25 de febrero de 2019

CADA MES UN CONTO: A RATIÑA GRISELA

DURANTE ESTE MES TRABALLAMOS CON GRISELA, UNHA RATIÑA QUE QUERÍA CAMBIAR DE COR PARA PARECERSE A OUTROS ANIMAIS! MENOS MAL QUE FINALMENTE RECAPACITOU E CONSEGUIU SENTIRSE XENIAL TAL E COMO ERA!

PARA RECORDAR E AFONDAR NA HISTORIA DE GRISELA, ELABORAMOS UN LIBRIÑO NO QUE 

ESTA HISTORIA DEUNOS PÉ PARA FALAR MOITO DE NÓS MESMOS, CÓMO SOMOS, CÓMO NOS SENTIMOS CANDO SE BURLAN DE NÓS...REFLEXIONAMOS SOBRE O DIFERENTES E ESPECIAIS QUE SOMOS TOD@S.











viernes, 15 de febrero de 2019

AS NOSAS SILUETAS

NESTES DÍAS ESTIVEMOS AFONDANDO NAS CARACTERÍSTICAS PERSOAIS DE TOD@S @S COMPAÑEIR@S  . ENCANTOUNOS ESTA DINÁMICA DE COHESIÓN DE GRUPO NA QUE PUXEMOS DE MANIFESTO O QUE MÁIS NOS GUSTA DE CADA UN/UNHA D@S NOS@S AMIG@S DA CLASE!
ANALIZAMOS UN POR UN CADA DEBUXO, CON AXUDA TAMÉN DA PROFE PAULA, ESPECIALISTA EN AUDICIÓN E LINGUAXE,  E RECIBIMOS UNHA BOA DOSE DE AUTOESTIMA!!!

QUE COUSAS TAN FERMOSAS DIXERON DE CADA UN DE NÓS!! ESTAMOS ENCANTAD@S, E NON PUIDEMOS DEIXAR DE CELEBRALO CUN ENORME ABRAZO COLECTIVO!!!

































ESTAS SON AS CORES QUE EMPREGOU CADA QUEN
PACO
ALEX
ERIC
ADAM
LEYRE
NEREA
NICO
PABLO
DANIEL
DAVID