Páginas

sábado, 20 de abril de 2019

TORRRES DE TAPAS

OUTRO DOS XOGOS QUE INVENTAMOS CONSISTE EN LEVANTAR TORRES SOBREPOÑENDO TAPÓNS DE PLÁSTICO DE DIFERENTES FORMAS.

POR EQUIPOS FOMOS ESCOLLENDO OS TAPÓNS QUE MÁIS NOS GUSTARON



LOGO NUMERÁMOLOS



LISTO PARA COMEZAR A ELEVAR TORRES. QUEN SE ANIMA?


CUBOS CREBACABEZAS

OS CREBACABEZAS SO UNS DOS XOGOS QUE MÁIS ÉXITO TEÑEN NA NOSA CLASE, POR ISO  QUIXEMOS FACER O NOSO PROPIO. PERO QUIXEMOS FACELO AO GRANDE!!
ASÍ QUE PUXÉMONOS MANS Á OBRA E DESEÑAMOS TRONCOS E EXTREMIDADES NAS CARAS DAS CAIXAS, DE XEITO QUE PODEMOS COMBINALOS AO NOSO GUSTO.



LOGO  SACAMOS FOTOS DAS NOSAS CARAS EN PRIMEIRO PLANO E PEGAMOLAS NAS CARAS DAS CAIXAS.







 LISTO, CUBOS COMPLETADOS E LISTOS PARA XOGAR A COMBINAR!






jueves, 18 de abril de 2019

A BOTELLA ESPÍA

ESTE É O NOSO XOGO DE DETECTIVES! HAI QUE TER MOI BO OLLO E ESTAR MOI ATENT@S PARA ATOPAR OS OBXECTOS QUE SE AGOCHAN DENTRO DAS BOTELLAS.

PARA FACELOS PRIMEIRO ESCRIBIMOS UNHA CARTA ÁS FAMILIAS PEDÍNDOLLE           3 OBXETOS PEQUENOS


LOGO  FOTOGRAFÁMOLOS ANTES DE METELOS DENTRO DA BOTELLAS.




POR ÚLTIMO ENCHEMOS TODO CON SAL!


PARA XOGAR HAI QUE ATOPAR OS 6 OBXECTOS OCULTOS POLO SAL NA BOTELLA  E  IR RISCANDO CO ROTU NO PAPEL.
GAÑA @ ESPÍA QUE ANTES ATOPE TODOS OS OBXECTOS  AGOCHADOS NO SAL.



martes, 16 de abril de 2019

O TÚNEL DOS NÚMEROS

COMO AGORA XA SOMOS EXPERT@S EN NÚMEROS, ATREVÉMONOS A DESEÑAR UN CIRCUÍTO DE TÚNELES POLO QUE DEBEMOS CONDUCIR A BOLA SEGUINDO A ORDE NUMÉRICA!
HAI QUE POÑER MOITA CONCENTRACIÓN E TAMÉN MOITO TACTO!!

PRIMEIRO CORTAMOS E PINTAMOS OS ROLOS DE CARTÓN



LOGO NUMERAMOS OS ROLOS, DO 1 AO 10 E TAMÉN A FAMILIA DO 1, DO 10 AO 20



E, POR ÚLTIMO, PEGÁMOLOS NA CAIXA EN DIFERENTES POSICIÓNS


COLLEMOS A BOLA E … A XOGAR!