CON TODO O QUE INVESTIGAMOS E APRENDEMOS SOBRE O CONTINENTE AFRICANO POLO QUE ESTAMOS A VIAXAR, FIXEMOS ESTE VÍDEO INFORMATIVO. ASÍ, QUEN SE ACHEGUE POLO NOSO CORREDOR ATA O MAPA, PODE LER O CÓDIGO QR E ACCEDER A TODOS OS DATOS INTERESANTES QUE NÓS FOMOS COÑECENDO
lunes, 29 de noviembre de 2021
jueves, 18 de noviembre de 2021
DESCUBRINDO ÁFRICA
SEGUIMOS A INVESTIGAR SOBRE ÁFRICA E, NAS NOSAS VISITAS Á BIBLIOTECA, PUIDEMOS BUSCAR INFORMACIÓN EN MOITOS LIBROS, CONSULTAR ATLAS E VER VIDEOS CON UNHA MOREA DE DATOS INTERESANTES.
XA TEMOS O TEMOS REMATADO E PODÉMOLO EXPOÑER NO CORREDOR PARA QUE TOD@S @S COMPIS COÑEZAN ESTE CONTINENTE
CON TODO ISTO PUIDEMOS DESCUBRIR ALGUNHAS CURIOSIDADES DESTE CONTINENTE PARA INCLUÍR NO NOSO MAPA, POR EXEMPLO:
- O DESERTO DO SÁHARA, O MÁIS GRANDE DO MUNDO
- A MONTAÑA KILIMANJARO, CON CASE 6000 METROS E FORMADA POR VOLCÁNS
- O RÍO NILO, O MAIS LONGO DO PLANETA XUNTO CO AMAZONAS
TRASLADAMOS A INFORMACIÓN AO NOSO MAPA. RÍO E MONTAÑA CON PLASTILINA, DESERTO CON "AREA" DE PAN RAIADO... E UBACAMOS NO SEU LUGAR CONSULTANDO O MAPA
lunes, 15 de noviembre de 2021
DE VIAXE POR ÁFRICA
LOGO DE COÑECER OS DISTINTOS CONTINENTES, DECIDIMOS QUE A NOSA RUTA VAI SER POR ÁFRICA! ESCOLLEMOS A ZONA ATLÁNTICA, QUE VAI DENDE MARROCOS ATA SUDÁFRICA, PARA PODER COÑECER TAMÉN PAÍSES TAN INTERESANTES COMA EXIPTO, ETIOPÍA, KENIA, TANZANIA, MADAGASCAR.....
COMEZAMOS POR UBICARNOS CONSULTANDO O MAPAMUNDI
LOGO OBSERVAMOS O MAPA DE ÁFRICA, E TENTAMOS DIFERENCIAR OS 54 PAÍSES QUE FORMAN ESTE CONTINENTE. ESFROZÁMONOS TAMÉN EN LER OS SEUS NOMES. ALGÚNS SON SINXELOS PERO HAINOS BEN COMPLICADOS!
viernes, 12 de noviembre de 2021
MAPAS E SILUETAS
ESTES DÍAS ESTAMOS COÑECENDO OS DIFERENTES CONTINENTES!
APRENDEMOS CANTOS SON E COMO SE CHAMAN E XOGAMOS COAS LETRAS A COMPOÑER OS SEUS NOMES.
HOXE TAMÉN XOGAMOS COA FORMA E AS SILUETAS. PRIMEIRO OBSERVAMOS O MAPAMUNDI E LEMOS OS SEUS NOMES
LOGO TIVEMOS QUE OBSERVAR AS SILUETAS E RELACIONAR CADA UNHA CO CONTINENTE CORRESPONDENTE QUE TIÑEMOA NO MAPA
POR ÚLTIMO PEGAMOS A SILUETA AO LADO DO NOME DO CONTINENTE QUE REPRESENTA, DESPOIS DE ESFORZARNOS EN LER OS NOMES QUE SON ALGO COMPLICADOS
martes, 2 de noviembre de 2021
RECEITA DE APÓCEMA MÁXICA
NESTE TEMPO DE SAMAÍN, QUIXEMOS PREPARAR UNHA APÓCEMA MÁXICA PARA ESPANTAR AOS MONSTROS, BRUXAS, PANTASMAS.... E PARA ISO TIVEMOS QUE "COCIÑAR" CON INGREDINTES TERRORÍFICOS! OLLOS, ESCORPIÓNS, VERMES, ARAÑAS, MORCEGOS, SERPRES, RATOS....
LOGO DE LER A RECEITA, E COMO PROFESIONAIS QUE SOMOS, FOMOS PREPARALA NA NOSA COCIÑA. ALÍ COLOCAMOS TODOS OS INGREDINTES EN BOTES MENTRES DECIAMOS OS SEUS NOMES E ALGUNHAS DAS CARACTERÍSTICAS QUE TEN CADA UN.
LOGO REPARTIMOS PAPELIÑOS CO NOME DO INGREDINTE E A CANTIDADE QUE SE PRECISABA. CADA QUEN TIVO QUE LER, BUSCAR E ENGADIR Á POTA PARA COMPLETAR A APÓCEMA
XA SÓ NOS QUEDOU O CONXURO E.....MEIGAS FÓRA!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)