martes, 13 de diciembre de 2022
EXPOÑEMOS O APRENDIDO
lunes, 12 de diciembre de 2022
O QUE INVESIGAMOS SOBRE O MAR
DURANTE ESTE TRIMESTRE ESTIVEMOS A INVESTIGAR NA BIBLIO SOBRE O MAR: LIBROS DE INFORMACIÓN, VIDEOS, DOCUMENTAIS....E QUEREMOS COMPARTIR OS DATOS MÁIS IMPORTANTES QUE DESCUBRIMOS
lunes, 5 de diciembre de 2022
viernes, 2 de diciembre de 2022
UN MAR DE DISCAPACIDADES
MAÑÁ CELÉBRASE O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, QUE NON SON MÁIS QUE TODAS AQUELAS PERSOAS CON CAPACIDADES DIFERENTES PARA REALIZAR SEGÚN QUE TAREFAS. NÓS QUIXEMOS CENTRARNOS NAS PERSOAS CON DIFICULTADES PARA FALAR, POLO QUE SE EXPRESAN CON LINGUA DE SIGNOS. ENCANTOUNOS COÑECER ESTA FORMA DE EXPRESARSE E QUIXEMOS PROBAR A COMPOÑER NÓS MESM@S
ASÍ FIXEMOS AS LETRAS:
E CONFECIONAMOS A MENSAXE DO LOGO DO NOSO PROXECTO: "MERGÚLLATE CON NÓS"
LOGO CONTÁMOSLLE A TODO O COLE O QUE APRENDEMOS, E COMO SE COMUNICAN AS PERSOAS CON ESTA DISCAPACIDADE
martes, 15 de noviembre de 2022
lunes, 14 de noviembre de 2022
A HORA DE LER
A PRIMEIRA HORA, LOGO DE ENTRAR AO COLE, TOD@S @S ALUMN@S E MESTRAS ADICAN 15 MINUTOS Á LECTURA INDIVIDUAL E SILENCIOSA. É UN MOMENTO MÁXICO E XENIAL AO QUE NÓS NON PODIAMOS FALTAR. DENDE ESTES PRIMEIROS DÍAS XA ADICAMOS UN TEMPIÑO A "LER" OS CONTOS E LIBROS DE INFORMACIÓN QUE FORMAN A NOSA BIBLIOTECA DE AULA.
MARAVILLA COMEZAR A XORNADA DESTE XEITO!
miércoles, 9 de noviembre de 2022
DEDIÑOS TRABALLADORES
HOXE PUXEMOS A TRABALLAR AOS NOSOS DEDIÑOS, XA QUE PARA DESPEGAR OS GOMETS FAI FALLA BOA MAÑA E MOITA CONCENTRACIÓN E COORDINACIÓN PARA PEGALOS DENTRO DAS MARCAS. UN GRANDE ESFORZO PARA DECORAR ESTA FOLLA DE OUTONO TAN CHULA
martes, 8 de noviembre de 2022
AS CORES DO MAR
LOGO DE BUSCAR FOTOS E VER VÍDEOS SOBRE DIFERENTES MARES E OCÉNOS, CHEGAMOS Á CONCLUSIÓN DE QUE NON TODOS OS AZÚIS SON IGUAIS
TAMÉN BUSCAMOS POLA CLASE DIFERENTES OBXECTOS DE COR AZUL E COMPARÁMOLOS ENTRE ELES, OBSERVANDO AS DIFERENTES TONALIDADES.
LOGO QUIXEMOS PINTAR O NOSO PROPIO MAR, MESTURANDO DIFERENTES TONOS DE AZUL, E O RESULTADO FINAL NON PUIDO SER MÁIS VISTOSO.
lunes, 7 de noviembre de 2022
ESPONXANDO CORES DE OUTONO
NON SABEMOS SI NOS GUSTAN MÁIS AS TÉMPERAS OU AS ESPONXAS, PERO A COMBINACIÓN É XENIAL! DESTE XEITO XOGAMOS COAS CORES DO OUTONO E ELABORAMOS ESTE MURAL CONXUNTO XOGANDO CO FONDO E FORMA.
E ASÍ DE FERMOSO E COLORIDO QUEDOU O NOSO PANEL DE OUTONO
viernes, 4 de noviembre de 2022
PROBANDO COA ESTAMPACIÓN
HOXE PROBAMOS A ESTAMPAR CON ESPONXA PARA DECORAR UNHA FOLLA DE OUTONO, E CONCENTRÁMONOS MOITÍSIMO PARA FACELO! SOLO EMPREGAMOS AS CORES DO OUTONO QUE XA ESTIVEMOS A DESCUBRIR: AMARELO, LARANXA, VERMELLO E MARRÓN, ANQUE PARECEUNOS XENIAL ENGADIR UNHA NOVA COR QUE OBSERVAMOS NAS FOLLAS QUE ATOPAMOS DURANTE A MILLA: O DOURADO
ASÍ DE FERMOSAS NOS QUEDARON!
jueves, 3 de noviembre de 2022
DÍA DE SAMAÍN!
POR FIN CHEGOU O DÍA DE FESTEXAR NO COLE O HALLOWEEN E O SAMAÍN, ASÍ QUE PUIDEMOS VIR CARACTERIZAD@S COA TEMÁTICA E PREPARAD@S PARA ASUSTAR A CALQUERA!
miércoles, 2 de noviembre de 2022
TEAS DE ARAÑA
XA ESTÁ A CHEGAR O SAMAÍN E, PARA TER UNHA CLASE TERRORÍFICA E QUE DEA MOITO MEDO, ESTAMOS A ARGALLAR UNHAS TEAS DE ARAÑA QUE TODO O APAÑAN! COSENDO E ENTRELAZANDO PUNTADAS, CONSEGUIMOS TECER ESTAS ARAÑEIRAS!
XA SÓ NOS QUEDOU CREAR UNHA ARAÑA MEDORENTA E........BOOOOOOH, QUE SUSTO!
martes, 1 de noviembre de 2022
CALACÚS POLO SAMAÍN
NESTA SEMANA O COLE ÉNCHESE DE CALACÚS TERRORÍFICOS CONFECCIONADOS POL@S NEN@S E AS FAMILIAS.
ESTA FOI A NOSA TERRIBLE APORTACIÓN!
PORTAS TERRORÍFICAS!
ESTE ANO HOUBO UNHA PROPOSTAS DE DECORAR AS PORTAS DAS AULAS PARA FESTEXAR O HALLOWEEN E O SAMAÍN. HOUBO MOITAS E MOI VARIADAS, TODAS MOI MEDORENTAS.!
A NOSA FOI UNHA ENORME ARAÑEIRA, CUN FEIXE DE ARAÑAS QUE FOMOS CONSTRUÍNDO COAS PROPIAS NOSAS PEGADAS.
COMO ESTAMOS APRENDENDO A TRABALLAR EN EQUIPO,. AXUDÁMONOS UNS A OUTROS A PINTARNOS AS MANS E ESTAMPALAS! LOGO PUXÉMOSLLE UNS OLLOS E ..... BOOOOOOH!