Páginas

viernes, 12 de enero de 2018

CADA MES UN CONTO: "A QUE SABE A LÚA?"

ESTE MES ADICÁMOLO A "A QUE SABE A LÚA?"  ESTE ÁLBUME ILUISTRADO NOS ENCANTA POLA HISTORIA QUE NOS CONTA E POLA CANTIDADE DE PERSONAXES QUE INTERVEÑEN.  O LIBRO ESTIVO DE RONDA POLAS NOSAS CASA E,  PARA SORPRENDER ÁS NOSAS FAMILIAS, FIXEMOS UNHA PLANTILLA NA QUE IAMOS PEGANDO CON VELCRO TODOS OS ANIMAIS QUE VAN APARECENDO PARA AXUDARNOS ASÍ A CONTAR A HISTORIA!  ÁS NOSAS FAMILIAS GUSTOULLES TANTO COMO A NÓS!!!



 APROVEITAMOS PARA INVESTIGAR AS FASES DA LÚA, E ORDENAMOS O SEU CICLO
TAMÉN FIXEMOS UN CICLO DA LÚA PORTÁTIL PARA PODER LEVALO Á CASA! 
CO PAU MOVEMOS A LÚA PARA CAMBIALA DE FORMA SEGUNDO A FASE E A LÚA CHE PINTÁMOLA CUNHA TÉMPERA MÁXICA QUE BRILLA NA ESCURIDADE!!!  ENCÁNTANOS!!



PARA COMPLETAR AS ACTIVIDADES ARREDOR DESTE ÁLBUME ILUSTRADO, COMPLETAMOS UNHA PLANTILLA COAS PERSONAXES PARA PODER XOGAR COS ESCORNABOTS!
XOGAMOS DE MOITOS XEITOS:
 *SEGUINDO A SECUENCIA NA QUE APARECEN OS PERSONAXES, E TAMÉN Á INVERSA
 *DANDO  PISTAS DA CARACTERÍSTICA DUN ANIMAL PARA QUE @S OUTROS O  ATOPEN
 *SACANDO PAPELIÑOS COS NOMES DAS CORES E RELACIONALOS CON CADA ANIMAL
 *TIRANDO O DADO DAS LETRAS E BUSCANDO O QUE COMEZA CON ESA INICIAL

COMO BROCHE DE ACTIVIDADES DESTE MES REPRESENTAMOS AS FASES DA LÚA CON GALLETAS DE NATA!  
AGORA SÍ QUE SABEMOS DE VERDADE A QUE SABE A LÚA!!! E NOS ENCANTA!!!









No hay comentarios:

Publicar un comentario