DURANTE ESTE MES DE XANEIRO ESTIVO ACOMPAÑÁNDONOS NA ENTRADA E NA SAÍDA UNHA PEGADIZA MELODÍA, "A MELLOR SOPA DO MUNDO", QUE PODEDES ESCOITAR PREMENDO AQUI. ESTÁ BASEADA NO LIBRO DO MESMO TÍTULO, QUE CONTA UNHA FERMOSA HISTORIA DE AMIZADE E COOPERACIÓN. @S AXUDANTES DA BIBLIO PREPARARON ESTA LECTURA QUE HOXE COMPARTIRON CON NÓS E QUE COMEZA A PARTIRES DA AUGA. A TARTARUGA PON UNHA OLA DE AUGA A FERVER E CADA AMIG@ QUE SE ACHEGA Á SÚA CASA VAI APORTANDO UN NOVO INGREDIENTE. ASÍ FINALMENTE ACABAN COMPARTINDO UNHA DELICIOSA SOPA FEITA ENTRE TOD@ E COA AMIZADE E O CARIÑO COMO INGREDIENTE SEGREDO!
TODO ISTO INSPIROUNO PARA CREAR AS NOSAS PROPIAS SOPAS DE PAZ, DE XEITO QUE ESCOLLEMOS OS INGREDIENTES PREFERIDOS, AQUILO QUE MÁIS NOS GUSTA PARA SER AMIG@S, ESTAR CONTENT@S E FELICES. ESTA É A NOSA RECEITA DE PAZ!
E ASÍ LUCE A ENTRADA DO COLE COAS RECEITAS DE PAZ DE TODOS OS CURSOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario