Páginas

lunes, 14 de septiembre de 2020

RESUMO REUNIÓN INICIO DE CURSO

QUERIDAS FAMILIAS:

DEÍXOVOS UNHA RELACIÓN DO ACORDADO NA REUNIÓN PARA AS FAMILIAS QUE NON PUIDERON ASISTIR E PARA QUE TOD@S POIDADES IR COMPROBANDO E ENVIANDO SI VOS FALTA ALGO-

TODOS OS DÍAS NA MOCHILA:
  • MANDILÓN DE BOTÓNS
  • GORRA CO NOME
  • BOTELLA DE AUGA
  • MERENDA EN BOTE PLÁSTICO CON TAPA
  • MÁSCARA DE REPOSTO (EN ESTUCHE, BOLSA OU SOBRE CO NOME)
  • BOLSIÑA PARA GARDAR A MÁSCARA MENTRES MERENDA         ( PODE SER UNHA PLÁSTICA CON PECHE DE ZIP, TIPO CONXELADO, UNHA FUNDA DAS GAFAS OU PORTAMÓBIL, UN ESTOXO OU NECESER PEQUENIÑO, UN SOBRE PLÁTICO...CALQUERA QUE TEÑADES POLA CASA, QUE POIDAN ABRIR E PECHAR SIN DIFICULTADE E QUE SEXA SÓ PARA ESTE USO).
PARA DEIXAR NO COLE:
  • PAQUETE DE TOALLIÑAS HÚMIDAS
  • PAQUETE DE PANOS DESBOTABLES (TIPO TISSUE)
  • MUDA COMPLETA EN CAIXA (DE CARTÓN OU PLÁTICO)
  • ZAPATILLAS PARA USO NO PAVILLÓN, EN CAIXA E CO NOME
  • 4 FOTOS TAMAÑO CARNÉ
ESTE CURSO NON IMOS EMPREGAR, POLO MOMENTO, NIN COXÍN, NIN TOALLA NIN MANTEL NIN CEPILLO PARA OS DENTES. 

AS COMUNICACIÓNS FARÉMOLAS EMPREGANDO ESTE BLOG OU CON MENSAXES POLA APLICACIÓN ABALAR MÓBIL, POLO QUE É PRECISO QUE A INSTALEDES PARA RECIBIR OS AVISOS 

DEBEREDES DESCARGAR OS DOCUMENTOS  PARA ENTREGALOS CUBERTOS E ASINADOS, ENTRANDO NA WEB DO COLE, ESTÁN NA MARXE ESQUERDA,  NO APARTADO "IMPRESOS DE USO FRECUENTE"  OU PREME AQUÍ

OS DÍAS DE SESIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA SERÁN OS MARTES E OS VENRES, POLO QUE SE RECOMENDA ROUPA CÓMODA.

SEGUIMOS CO CALENDARIO DE MERENDAS VARIADAS QUE DEBEREDES SEGUIR NA MEDIDA DO POSIBLE

SI HAI DÚBIDAS EN CANTO AO RESTO DO MATERIAL ESCOLAR, FALADE DIRECTAMENTE COMIGO.

UN SAÚDO E MOI BO CURSO PARA TOD@S!!


 

        
 

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario