BO DÍA CHIC@S!
DEIXO AS PROPOSTAS PARA ESTE VENRES!
* HORA DE LER: ESCOLLEDE UNHA LECTURA, A QUE VOS GUSTE. PODE SER UN XORNAL, REVISTA, CONTO...E ADICÁDELLE 5 MINUTIÑOS A "LER" DE XEITO AUTÓNOMO
* RUTINAS:
- O DÍA SEMANA: REPASAMOS A CANCIÓN E ESCOLLEMOS O CARTEL CO NOME DE HOXE, DE ONTE E DE MAÑÁN, FIXÁNDONOS NA LETRA INICIAL DE CADA
RECORDADE QUE PODEDES EMPREGAR TAMÉN ESTA CANCIÓN DE MAMÁ CABRA
- O TEMPO: OBSERVAR O DÍA POLA VENTÁ E SELECIONAR O DEBUXO CORRESPONDENTE
- CALEDARIO: CONTADE DENDE O PRINCIPIO ATA CHEGAR AO DÍA DE HOXE, O NÚMERO 17, E COLOREADE A CELDA DA COR QUE PREFIRADE
- GRAFOMOTRICIDADE: HOXE DECORAMOS A NOSA ÁRBORE DE NADAL CON DOUS GRAFISMOS DIFERENTES: ASTERISCO E ESPIRAL. O RESULTADO É ALGO ASÍ
- ESCRITURA: FACEMOS UN LISTADO DOS ANIMAIS COS QUE SE VAI ATOPANDO A TOUPIÑA E NOMEAMOS ALGUNHAS DAS CARACTERÍSTICAS QUE COÑECEMOS DESES ANIMAIS: QUE COMEN, ONDE VIVEN, SI TEÑEN PELO, PEL, PLUMAS....
ATA O LUNS! UN DÍA MENOS!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario