ESTE ANO, POR MOR DAS NOVAS MEDIDAS QUE TEMOS QUE SEGUIR, O FESTIVAL DE NADAL NON PODE SER PRESENCIAL, PERO DE IGUAL FORMA QUEREMOS COMPARTILO CON TODO O ALUMNADO DO COLE E COAS FAMILIAS.
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!!
COMO BEN SABEDES, ESTAMOS INVESTIGANDO SOBRE O CORPO HUMANO, E QUE MELLOR QUE O NOSO PROPIO CORPO PARA VER OS CAMBIOS E TRASFORMACIÓNS QUE SE PRODUCEN. POR ISO DECIDIMOS BUSCAR NA CASA FOTIÑOS DE CANDO ACABABAMOS DE NACER, PARA PODER ANALIZALAS E COMPROBAR CANTO LEVAMOS CAMBIADO NESTES 4 OU 5 ANOS QUE TEMOS....E O QUE NOS QUEDA!
ASÍ AGRUPAMOS LOGO TODAS AS NOSAS FOTOS, DENTRO DUNHA GRAN BARRIGOTA, XA QUE TOD@S COMEZAMOS MEDRANDO DENTRO DA BARRIGOLA DAS NOSAS MAMIS!
HOXE CONMEMORAMOS O DÍA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES. DESPÓIS DE TRATAR O TEMA NA CLASE, TRABALLAMOS COA PROPOSTA DA BIBLIOTECA PARA DESEÑAR CHAPAS. CADA QUEN FIXO O SEU PROPIO DESEÑO E LOGO CONFECCIONAMOS AS CHAPAS. QUE EXPERIENCIA TAN DIVERTIDA!
PRIMEIRO ELABORAMOS OS NOSOS PROPIOS DESEÑOS
LOGO, SEGUINDO AS INSTRUCIÓNS, ELABORAMOS AS CHAPAS COA NOVA MÁQUINA DA ROBOTECA ARGALLEIRA
DENDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA BOTAMOS A ANDAR UNHA NOVA PROPOSTA COA INTENCIÓN DE CONTRIBUÍR, A TRAVÉS DA LECTURA E DAS HISTORIAS, A UNHA EDUCACIÓN LIBRE DE ESTEREOTIPOS DE XÉNERO E COMPROMETIDA CO RESPECTO Á DIVERSIDADE SEXUAL E AFECTIVA.
NESTA MOCHILA LILA ENVIAMOS ÁS CASAS UNHA SELECIÓN DE MATERIAIS PARA QUE DISFRUTEDES EN FAMILIA, E ACOMPAÑADO DUNHA LIBRETIÑA POR SI GOSTADES DE ENVIARNOS AS VOSAS IMPRESIÓNS.
DEÍXOVOS UNHA RELACIÓN DO ACORDADO NA REUNIÓN PARA AS FAMILIAS QUE NON PUIDERON ASISTIR E PARA QUE TOD@S POIDADES IR COMPROBANDO E ENVIANDO SI VOS FALTA ALGO-
TODOS OS DÍAS NA MOCHILA:
MANDILÓN DE BOTÓNS
GORRA CO NOME
BOTELLA DE AUGA
MERENDA EN BOTE PLÁSTICO CON TAPA
MÁSCARA DE REPOSTO (EN ESTUCHE, BOLSA OU SOBRE CO NOME)
BOLSIÑA PARA GARDAR A MÁSCARA MENTRES MERENDA ( PODE SER UNHA PLÁSTICA CON PECHE DE ZIP, TIPO CONXELADO, UNHA FUNDA DAS GAFAS OU PORTAMÓBIL, UN ESTOXO OU NECESER PEQUENIÑO, UN SOBRE PLÁTICO...CALQUERA QUE TEÑADES POLA CASA, QUE POIDAN ABRIR E PECHAR SIN DIFICULTADE E QUE SEXA SÓ PARA ESTE USO).
PARA DEIXAR NO COLE:
PAQUETE DE TOALLIÑAS HÚMIDAS
PAQUETE DE PANOS DESBOTABLES (TIPO TISSUE)
MUDA COMPLETA EN CAIXA (DE CARTÓN OU PLÁTICO)
ZAPATILLAS PARA USO NO PAVILLÓN, EN CAIXA E CO NOME
4 FOTOS TAMAÑO CARNÉ
ESTE CURSO NON IMOS EMPREGAR, POLO MOMENTO, NIN COXÍN, NIN TOALLA NIN MANTEL NIN CEPILLO PARA OS DENTES.
AS COMUNICACIÓNS FARÉMOLAS EMPREGANDO ESTE BLOG OU CON MENSAXES POLA APLICACIÓN ABALAR MÓBIL, POLO QUE É PRECISO QUE A INSTALEDES PARA RECIBIR OS AVISOS
DEBEREDES DESCARGAR OS DOCUMENTOS PARA ENTREGALOS CUBERTOS E ASINADOS, ENTRANDO NA WEB DO COLE, ESTÁN NA MARXE ESQUERDA, NO APARTADO "IMPRESOS DE USO FRECUENTE" OU PREME AQUÍ
OS DÍAS DE SESIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA SERÁN OS MARTES E OS VENRES, POLO QUE SE RECOMENDA ROUPA CÓMODA.
SEGUIMOS CO CALENDARIO DE MERENDAS VARIADAS QUE DEBEREDES SEGUIR NA MEDIDA DO POSIBLE
SI HAI DÚBIDAS EN CANTO AO RESTO DO MATERIAL ESCOLAR, FALADE DIRECTAMENTE COMIGO.
BENVIDAS TODAS E TODOS A ESTE NOVO CURSO QUE HOXE ARRANCA, POR FIN!!!
ESTE ANO NA NOSA AULA ESTAREMOS MESTURAD@S @S NEN@S DE 4 E 5 ANOS, POLO QUE SERÁ XENIAL PODER COMPARTIR E APRENDER XUNT@S. A DIVERSIDADE É RIQUEZA!!!
SOMOS UN GRUPIÑO XEITOSO, 19 EN TOTAL!! ESTAREMOS SUBAGRUPADOS EN EQUIPOS ESTABLES DE 4 EN 4, E ESFORZARÉMONOS MOITO POR APRENDER, AVANZAR E SOBRE TODO POR PASALO BEN E DIVERTIRNOS NO PROCESO
A PESAR DE SER TAN ATÍPICO, NO QUE NOS DEBEREMOS ADAPTAR A ESTA NOVA NORMALIDADE, DESEXO UN MOI BO CURSO PARA TOD@S!!!
HOXE ESTAMOS DE CELEBRACIÓN PORQUE CHEGARON AS VACACIÓNS DE VERÁN!!!
DEIXOVOS O VÍDEO DE DESPEDIDA DE MÚSICA, COAS APORTACIÓNS DA LETRAS GALEGAS
NESTE ENLACE TEDES A ENTRADA DO BLOG PREME AQUÍ *FESTA: HOXE NO COLE CELEBRARIAMOS O FESTIVAL DE FIN DE CURSO E A FESTA DA ESPUMA PERO......SI QUEREDES PODEDES MONTAR NA CASA A VOSA PROPIA FESTA E CONVIDAR Á FAMILIA! PROPOÑO A FESTA DA AUGA!! SEGURO QUE TEDES PISTOLAS OU LANZADORES DE AUGA, MANGUEIRAS, GLOBOS....O QUE QUEIRADES PARA PASALO BEN E DIVERTIVOS MENTRES VOS MOLLADES E QUEDADES FRESQUIÑ@S!!
A MODO DE DESPEDIDA, DESPOIS DESTE CURSO TAN "DIFERENTE" E "ESPECIAL", SÓ ME QUEDA DECIRVOS QUE ESTOU ENCANTADA DE TERVOS COÑECIDO E TER COMPARTIDO CON TOD@S VÓS UNHA CHEA DE MOMENTOS MÁXICOS E EXPERIENZAS ÚNICAS.
ESPERO, DE VERDADE, QUE EN SETEMBRO POIDAMOS VOLTAR E SEGUIR COMPARTINDO VIVENCIAS, DECUBRIMENTOS, XOGOS...
PARA QUE VOS QUEDE UN BONITO RECORDO DESTE PRIMEIRO ANO NO COLE DEIXO ESTE PEQUENIÑO VÍDEO RESUMO DO VOSO PASO 😍
DEMOSTRASTES QUE, AÍNDA SENDO @S PEQUEN@S DO COLE, SODES MOOOIII GRANDES!!
NON PODEMOS PECHAR O CURSO SIN AGRADECER A TODAS AS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN, O TRABALLO, O ESFORZO, A COMPRENSIÓN, A DEDICACIÓN, ETC. QUE AMOSASTES TODO O CURSO E NESTES ÚLTIMOS MESES ESPECIALMENTE.
VAIA ESTE RECOÑECEMENTO DE PARTE DE TODO O PROFESORADO DO CENTRO E NO MEU NOME ESPECIALMENTE
MOITÍSIMAS GRAZAS!
CHIC@S, NON ESQUEZADES FACER OS DEBERES DE VERÁN: CORRER, SALTAR, COMER EN FAMILIA BAILAR, DISFRUTAR CUNHA POSTA DE SOL, CHAPOTEAR, COMER XEADOS, FACER CASTELOS DE AREA, RIR, XOGAR CON AMIG@S, CAMIÑAR DESCALZ@S, VER ESTRELAS FUGACES, PINTAR, DEITARSE MOI TARDE, LER CONTOS, ABRAZAR A MAMÁ OU PAPÁ.... SER FELIZ!!!
VÉMONOS EN SETEMBRO!!!!! MOI BOAS VACACIÓNS DE VERÁN!
HOXE É VÉSPERA DE VACACIÓNS POLO QUE, NO COLE, É DÍA DE FESTA!!!
SEMPRE CELEBRAMOS A FIN DO TRIMESTRE CUNHA FESTIÑA E, A FINAL DE CURSO, CON MÁIS MOTIVO! ESTE ANO, COMO É ESPECIAL" TEMOS QUE ORGANIZAR A FESTA NA CASA, PERO ASÍ TAMÉN PODEREDES CELEBRALO COA FAMILIA!
BUSCADE UN RECUCHIÑO DA VOSA CASA OU XARDÍN E DECORÁDEO, PODEDES POÑERLLE DEBUXOS,GLOBOS, BANDERÍNS, CINTAS, GIRNALDA.... OU ESCRIBIRLLE UN CARTELIÑO: "FESTA FIN DE CURSO".
PREPARADE A MERENDA COAS OPCIÓNS QUE MÁIS VOS GUSTEN: PALOMITAS, PATAQUIÑAS, GUSANITOS, BOCADILLOS, FROITAS...
PREPARADE TAMÉN A BEBIDA. QUE NON FALTE A AUGA PERO TAMÉN PODEDES PREPARAR ZUME OU BATIDO, GRANIZADOS...
NON ESQUEZAS A MÚSICA! AQUÍ DEIXO ALGÚNS EXEMPLOS DE DISCOS MOI DIVERTIDOS QUE TEMOS NA BIBLIO E QUE PODEDES ESCOITAR PREMENDO SOBRE A CARÁTULA DO DISCO. A BAILAR COMA TOL@S!!
TODO LISTO PARA A FESTA!!! CONVIDA Á TÚA FAMILIA E PASÁDEO MOI, MOI BEN CELEBRANDO O REMATE DESTE PRIMEIRO CURSO NO COLE!!
*VÍDEO: AÍNDA ESTADES A TEMPO DE ENVIARME UN PEQUENIÑO VÍDEO NO QUE ME CONTEDES QUE É O QUE MÁIS VOS GUSTOU DO COLE ESTE CURSO!
ANIMÁDEVOS, QUE NOS QUEDARÁ UN FERMOSO RECORDO DO PRIMEIRO ANO XUNT@S!!
*HORA DE LER: ADICADE 5 MINUTOS PARA LER O QUE ESCOLLADES: CONTOS, XORNAL, REVISTA... *O DÍA DA SEMANA: RECORDAMOS OS NOMES DE TODOS OS DÍAS POR ORDE, SELECIONAMOS O DE HOXE RECOÑECENDO A SÚA INICIAL. BUSCAMOS TAMÉN O DÍA DE ONTE E O DE MAÑÁN.
DEIXO ESTA CANCIÓN POR SI QUEREDES USALA
*O TEMPO: OBSERVAMOS E DECIDIMOS A TARXETA AXEITADA SEGUNDO VEXAMOS O TEMPO.
Apego.gal
*CALENDARIO:CONTAMOS DENDE O PRINCIPIO ATA O DÍA DE HOXE 17E COLOREAMOS A CELDA AO GUSTO
* EXPRESIÓN ARTÍSTICA: ESTAMOS ÁS PORTAS DAS VACACIÓNS DE VERÁN, POLO QUE XA ESTAMOS A PENSAR NOS PLANS QUE NOS GUSTARÍA FACER!! FAI UN DEBUXO DO QUE CHE GUSTARÍA DISFRUTAR DURANTE AS VACACIÓNS E CÓNTAMO. PODE SER UN LUGAR QUE QUEIRAS VISITAR, UNHA ACTIVIDADE QUE CHE GUSTARÍA REALIZAR, XENTE Á QUE QUERERÁS VISITAR, EXPERIENZAS NOVAS POR VIVIR....A VER QUE IDEAS TEDES! *VÍDEO FINAL DE CURSO: SIGO PRECISANDO QUE ME ENVIEDES UN PEQUENIÑO VÍDEO DICINDO QUE FOI O QUE MÁIS VOS GUSTOU DO COLE ESTE ANO! ASÍ REUNIRÉMOLOS TODOS E NOS QUEDARÁ UN RECORDO MOI CHULO DO NOSO PRIMEIRO ANO !!
*PELO (PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL): DEIXO A DERRADEIRA PROPOSTA DA PROFE PAULA PARA ESTE CURSO! PREME AQUÍ *NOTA: RECORDADE QUE TEDES DISOÑIBLE O BOLETÍN DA TERCEIRA AVALIACIÓN A TRAVÉS DA PLATAFORMA ABALAR MÓBIL
*PROXECTO SOMOS AUGA: VOLVO DEIXAR O VÍDEO COS DITOS E REFRÁNS QUE TRABALLAMOS. CHULÍSIMO!!
HOXE ARRANCAMOS A DERRADEIRA SEMANA DE COLE!! E LOGO VACACIÓNS!!!
* HORA DE LER: ESCOLLEDE UNHA LECTURA, A QUE VOS GUSTE. PODE SER UN XORNAL, REVISTA, CONTO...E ADICÁDELLE 5 MINUTIÑOS A "LER" DE XEITO AUTÓNOMO
* RUTINAS:
O DÍA SEMANA: REPASAMOS A CANCIÓN E ESCOLLEMOS O CARTEL CO NOME DE HOXE, DE ONTE E DE MAÑÁN, FIXÁNDONOS NA LETRA INICIAL DE CADA
RECORDADE QUE PODEDES EMPREGAR TAMÉN ESTACANCIÓN DE MAMÁ CABRA
O TEMPO: OBSERVAR O DÍA POLA VENTÁ E SELECIONAR O DEBUXO CORRESPONDENTE
CALEDARIO: CONTADE DENDE O PRINCIPIO ATA CHEGAR AO DÍA DE HOXE, O NÚMERO 16, E COLOREADE A CELDA DA COR QUE PREFIRADES.
*MATEMÁTICAS: COMO XA COÑECEDES MOI BEN AS FORMAS XEOMÉTRICAS, HOXE PROPOÑO QUE FAGADES DESEÑOS CON ELAS. PODEDES PRIMEIRO RECORTAR DISTINTAS FORMAS E LOGO CREAR, COMPLETANDO CON MATERIAIS OU DEBUXOS.
DEIXO ALGÚNS EXEMPLOS
*MÚSICA: RECÓRDOVOS A PROPOSTA DA PROFE PATRI PARA PASAR UN RATO DIVERTIDO. PREME AQUÍ
*PROXECTO SOMOS AUGA: AQUÍ TEDES O VÍDEO RESUMO DO TRABALLOCON DITOS E REFRÁNS SOBRE A AUGA. MOITÍSIMAS GRAZAS A TOD@S POR PARTICIPAR!
*VÍDEO: PARA REMATAR O CURSO PODEMOS FACER UN PEQUENO RESUMO DA NOSA ANDAINA NESTE PRIMEIRO ANO DE COLE! PROPOÑO QUE GRABEDES UN PEQUENIÑO VÍDEO NO QUE DIGADES QUE É O QUE MÁIS VOS GUSTOU DO COLE NESTE ANO. LOGO XXUNTARÉMOLOS QUE NOSQUEDARÁ UNN FEROSO RECORDO DO NOSO PRIMEIRO CURSO XUNT@S!!!
*NOTA: XA TEDES DISPOÑIBLES OS BOLETÍNS DA TERCEIRA AVALIACIÓN. PODEDES CONSULTALOS NA PLATAFORMA ABALAR MÓBIL