Páginas

miércoles, 17 de junio de 2020

PROPOSTAS MÉRCORES 17 DE XUÑO

OLA CHICAS E CHICOS! BO DÍA A TOD@S!

AQUÍ VAN AS PROPOSTAS PARA HOXE

*HORA DE LER: ADICADE 5 MINUTOS PARA LER O QUE ESCOLLADES: CONTOS, XORNAL, REVISTA...

*O DÍA DA SEMANA: RECORDAMOS OS NOMES DE TODOS OS DÍAS POR ORDE, SELECIONAMOS O DE HOXE RECOÑECENDO A SÚA INICIAL. BUSCAMOS TAMÉN O DÍA DE ONTE E O DE MAÑÁN.
DEIXO ESTA CANCIÓN POR SI QUEREDES USALA





*O TEMPO: OBSERVAMOS E DECIDIMOS A TARXETA AXEITADA SEGUNDO VEXAMOS O TEMPO.

Apego.gal



*CALENDARIO:CONTAMOS DENDE O PRINCIPIO ATA O DÍA DE HOXE 17 E COLOREAMOS A CELDA AO GUSTO


* EXPRESIÓN ARTÍSTICA:   ESTAMOS ÁS PORTAS DAS VACACIÓNS DE VERÁN, POLO QUE XA ESTAMOS A PENSAR NOS PLANS QUE NOS GUSTARÍA FACER!!  FAI UN DEBUXO DO QUE CHE GUSTARÍA DISFRUTAR DURANTE AS VACACIÓNS E CÓNTAMO. PODE  SER UN LUGAR QUE QUEIRAS VISITAR, UNHA ACTIVIDADE QUE CHE GUSTARÍA REALIZAR, XENTE Á QUE QUERERÁS VISITAR, EXPERIENZAS NOVAS POR VIVIR....A VER QUE IDEAS TEDES!

*VÍDEO FINAL DE CURSO: SIGO PRECISANDO QUE ME ENVIEDES UN PEQUENIÑO VÍDEO DICINDO QUE FOI O QUE MÁIS VOS GUSTOU DO COLE ESTE ANO! ASÍ REUNIRÉMOLOS TODOS E NOS QUEDARÁ UN RECORDO MOI CHULO DO NOSO PRIMEIRO ANO !!


*PELO (PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL):  DEIXO A DERRADEIRA PROPOSTA DA PROFE PAULA PARA ESTE CURSO! PREME AQUÍ


*NOTA: RECORDADE QUE TEDES DISOÑIBLE O BOLETÍN DA TERCEIRA AVALIACIÓN A TRAVÉS DA PLATAFORMA ABALAR MÓBIL


*PROXECTO SOMOS AUGA: VOLVO DEIXAR O VÍDEO COS DITOS E REFRÁNS QUE TRABALLAMOS.  CHULÍSIMO!!




UN  DÍA  MENOS!!!                                                                   ATA  MAÑA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario