BO DÍA!!!
ARRANCAMOS SEMANA E COMEZAMOS NOVO MES CON ESTAS PROPOSTAS:
* HORA DE LER: COLLEDE A LECTURA QUE VOS APETEZA E ADICÁDELLE UNS MINUTOS.
* RUTINAS:
- O DÍA SEMANA: DEIXO A CANCIÓN NOVA PARA REPASAR OS DÍAS DA SEMANA
- ESCOLLEDE O CARTEL QUE CORRESPONDE AO DÍA DE HOXE, FIXÁNDOVOS NA INICIAL.NON ESQUEZADES BUSCAR TAMÉN O DO DÍA QUE FOI ONTE E O DO DÍA QUE SERÁ MAÑÁN
PODEDES COPIALOS,DESCARGAR AS IMAXES OU DIRECTAMENTE DA PÁXINA Apego.gal
- O TEMPO: ASOMÁMONOS Á VENTÁ OU Á PORTA PARA VER QUE DÍA VAI HOXE. ESCOLLEMOS ENTRE VARIAS OPCIÓNS. AS QUE USAMOS NA CLASE SON AS DE Apego.gal
- CALENDARIO: HOXE COMEZAMOS NOVO MES, POLO QUE TEMOS QUE COMEZAR NOVO CALENDARIO, QUE PODEDES DESCARGAR AQUÍ. ARRIBA ESCRIBIMOS AS LETRAS DE FEBREIRO E O ANO 2021. SI RESULTA COMPLICADO PODEDES FACELO PEGANDO ANAQUIÑOS DE PAPEL COAS LETRAS POR ORDE.
- DEIXO TAMÉN ESTA CANCIÓN DE MAGÍN BLANCO PARA REPASAR OS NOMES DOS MESE DO ANO
*ASAMBLEA: COMA TODOS OS LUNS, HOXE FALAMOS DO QUE FIXEMOS DURANTE A FIN DE SEMANA. CON QUEN ESTIVEMOS, SI AXUDAMOS A FACER TAREFAS NA CASA, SI FOMOS DE PASEO POR ALGÚN SITIO, A QUE XOGAMOS QUE NOS GUSTOU MOITO, SI VIMOS ALGUNHA PELI....
* LECTOESCRITURA: HOXE TRABALLAMOS COAS SÍLABAS E PARA ISO EMPREGAMOS AS TABLETAS. POR EQUIPOS E EN ESTRUCTURA DE "TABLET XIRATORIA" FOMOS COMPLETANDO AS PALABRAS COAS SÍLABAS QUE PRECISABAN.
XOGAMOS COA APLICACIÓN "SÍLABAS" QUE PODEDES DESCARGAR NESTE ENLACE
*PELO: A PROFE PAULA ENVÍA ESTAS PROPOSTAS PARA QUE HOXE TRABALLEMOS COA LINGUA! PREME AQUÍ PARA ACCEDER AO MATERIAL
ATA MAÑÁ!
UN DÍA MENOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario