HOXE REMATA A SEMANA ASÍ QUE....ALÁ IMOS!
* HORA DE LER: ADICADE 5 MINUTOS A LER O QUE VOS APETEZA. É UN TEMPO PARA DISFRUTALO SOÍÑ@S!
* RUTINAS:
- O DÍA SEMANA: REPASAMOS A CANCIÓN E ESCOLLEMOS O CARTEL CO NOME DE HOXE, DE ONTE E DE MAÑÁN, FIXÁNDONOS NA LETRA INICIAL DE CADA DEIXOVOS A DE MAMÁ CABRA POR SI QUEREDES CANTALA.
- O TEMPO: OBSERVAR O DÍA POLA VENTÁ, QUE HOXE ESTÁ UN POUCO FEO, E SELECIONAR O DEBUXO CORRESPONDENTE
- CALEDARIO: CONTADE DENDE O PRINCIPIO ATA CHEGAR AO DÍA DE HOXE, O NÚMERO 29, E COLOREADE A CELDA DA COR QUE PREFIRADES.
*ASAMBLEA: HOXE, COMO É VENRES, IMOS FACER UN PLAN PARA A FIN DE SEMANA!! TRATÁSE DE QUE CADA COMPOÑENTE DA CASA EXPOÑA UNHA IDEA DUNHA ACTIVIDADE QUE LLE GUSTARÍA FACER EN FAMILIA DURANTE ESTA FINDE, DEBE SER UN PLAN QUE SIRVA PARA TOD@S, ADULTOS E PEQUEN@S, E ADAPTADO ÁS CIRCUNSTANCIAS ACTUAIS.
* MATEMÁTICAS: HOXE REPASAMOS OS NÚMEROS ATA O 19!! XA COÑECEMOS A TODA A FAMILIA DO 1, PERO OS NOMES DE TODOS AÍNDA SE NOS CONFUNDEN UN POUQUIÑO, POR ISO XOGAMOS COS PAPAVENTOS E AS BOLIÑAS PARA IR CONTANDO E LEMBRANDO. NA CASA PODEDES FACELO AGRUPANDO CALQUERA OUTRO MATERIAL QUE TEÑADES: MACARRÓNS, LENTELLAS, BOLIÑAS DE PAPEL.....
PODEDES VER ESTE VÍDEO PARA REPASALOS.
*LECTOESCRITURA: POLA PARTE DE ATRÁS DO PAPEL ESCRIBE CAL É O ANIMAL QUE RESULTOU E INVENTA UN NOME POLO QUE CHE GUSTARÍA CHAMARLLE.
* EDUCACIÓN FÍSICA: A PROFE PAULA ACHÉGANOS ESTA PROPOSTA PARA A SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE DE HOXE.
* HORA DE LER: A LECTURA DE HOXE VAN DA MAN DOS VOLUNTARI@S DA BIBLIOTECA DE 6º DE PRIMARIA!! EN RELACIÓN AO PROXECTO DESTE ANO "A TOPE COA SAÚDE" E RELACIONADO TAMÉN CO DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA, QUE SE CELEBRA MAÑÁ, 30 DE XANEIRO, PROPÓÑENNOS A LECTURA DA OBRA "Á SOMBRA DOS ANACARDIOS", UNHA HISTORIA COA QUE SE PRETENDE XERAR CONCIENCIA CRÍTICA E CREAR COMPROMISO COA SOLIDARIDADE, A XUSTIZA E A DISGNIDADE HUMANA.
PREMEDE AQUÍ PARA DISFRUTAR DESTA FERMOSA LECTURA
QUE PASEDES UNHA MOI BOA FIN DE SEMANA! VPOLVEMOS O LUNS!!!
UN DÍA MENOS!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario