COMEZAMOS NOVA SEMANA E COMEZAMOS TAMÉN NOVO MES!
ESTAMOS NO MES DE XUÑO, O DERRADEIRO MES DO CURSO!!!
IMOS ALÓ!
* HORA DE LER: "LEMOS" DE XEITO AUTÓNOMO DURANTE 5 MINUTIÑOS A LECTURA QUE ESCOLLAMOS E EN CALQUERA.FORMATO.
* RUTINAS:
- O DÍA SEMANA: VOLVO DEIXAR A CACIÓN QUE USAMOS NO COLE PARA QUE NON SE NOS ESQUEZA!
XOGAMOS TAMÉN COAS LETRAS E OS NOMES DOS DÍAS:
O DÍA DE HOXE É...,ONTE FOI ... E MAÑÁN SERÁ...
- O TEMPO: ANDA ALGO REVOLTO, FIXÁDEVOS BEN CÓMO ESTÁ HOXE E SELECIONADE O CARTEL AXEITADO.
- CALENDARIO: HOXE COMEZAMOS NOVO MES E, POLO TANTO, NOVO CALENDARIO. PODEDES DESCARGALO AQUÍ OU FACER O VOSO PROPIO. DEBEREMOS ESCRIBIR O NOME DO MES XUÑO E O ANO 2020. LOGO COLOCAREMOS O NÚMERO 1 NA CELDA DO LUNS E XA PODEMOS COLOREAR AO NOSO GUSTO.
*ASAMBLEA: HOXE PROPOÑO COMO TEMA OS MESES DO ANO. PODEMOS REPASAR AS ESTACIÓNS E RECORDAR ALGUNHAS CARACTERÍSTICAS DE CADA UNA DELAS: O TEMPO ATMOSFÉRICO, A ROUPA QUE NOS POÑEMOS, AS ACTIVIDADES QUE PODEMOS FACER, O QUE MÁIS NOS GUSTA DE CADA ESTACIÓN.... LOGO RECORDAMOS OS MESES DO ANO, CONTÁMOLOS E PENSAMOS CAL É A SÚA LETRA INICIAL E INCLUSO SI COÑECEMOS MÁIS LETRAS DAS QUE TEÑEN NOS SEUS NOMES.
DEIXO ESTA CANCIÓN DE MAGÍN BLANCO PARA QUE OS COÑEZADES MELLOR
*LECTOESRITURA: BUSCA NESTA SOPA DE LETRAS O NOME DESTE MES - XUÑO
ARRODEA CADA UNHA DAS SÚAS LETRAS E LOGO ESCRÍBEO COAS TÚAS PROPIAS.
SI QUERES QUE A ACTIVIDADE SEXA MÁIS COMPLETA PROBA A NOMEAR TODAS AS LETRAS QUE COÑEZAS DE CADA FILA.
*MATEMÁTICAS: CONTA AS LETRAS DA PALABRA XUÑO, CANTAS SON?
AGORA RESOLVE ESTE EXERCICIO NOMEANDO OS DEBUXOS, QUE SON E PARA QUE SIRVEN. LOGOUNE CO NÚMERO CORRESPONDENTE
PRACTICA A ESCRIBIR NA CASA OS NÚMEROS: 1, 2 3 E 4
Unir numero y cantidad (1-4)
DEIXO ESTA FICHA POR SI A QUERESDES IMPRIMIR OU COPIAR PARA PRACTICAR
* PROXECTO "SOMOS AUGA": COMO VOS DIXEN ASEMANAPASADA, DESEÑAMOS UNHA ACTIVIDADE PARA FINALIZAR O PROXECTO DESTE ANO ADAPTÁNDONOS ÁS CIRCUNSTANCIAS, POLO QUE VOS ENVÍO A PROPOSTA PARA QUE VOS ANIMEDES A PARTICIPAR. TEDES ESTA SEMANA PARA FACELO E ENVIARMO.
A VER QUE COUSIÑAS ORIXINAIS SE VOS OCORREN! INFORMACIÓN AQUÍ
*NOTA: ANQUE ENVIARÁN UNHA CIRCULAR DENDE O CENTRO, XA VOS ADIANTO QUE O MARTES,DÍA 9 DE XUÑO É A VOSA QUENDA, DAS FAMILIAS DE 3 ANOS, PARA ACHEGARSE AO COLE A RECOLLER O MATERIAL. ESTES DÍAS ESTAREINO PREPARANDO, DE XEITO QUE VOS ENTREGARÁN UNHA BOLSIÑA, NA QUE ACHEGO A MUDA, O COXÍN, AS ZAPATILLAS DO PAVILLÓN, A CARPETA COS TRABALLIÑOS DO SEGUNDO TRIMESTRE E MATERIAL D@S ESPECIALISTAS.
UN DÍA MENOS!!! ATA MAÑÁ!
No hay comentarios:
Publicar un comentario