XA ESTAMOS NA METADE DA SEMANA! IMOS ALÓ!!
* HORA DE LER: "LEMOS" DE XEITO AUTÓNOMO E SILENCIOSO DURANTE 5 MINUTIÑOS A LECTURA QUE ESCOLLAMOS E EN CALQUERA FORMATO.
* RUTINAS:
- O DÍA SEMANA: VOLVO DEIXAR A CACIÓN QUE USAMOS NO COLE PARA QUE NON SE NOS ESQUEZA!
XOGAMOS TAMÉN COAS LETRAS E OS NOMES DOS DÍAS: O DÍA DE HOXE É...,ONTE FOI ... E MAÑÁN SERÁ...
DEIXO TAMÉN OS ENLACES ÁS CANCIÓNS DOS DÍAS DA SEMANA E DOS MESES DO ANO, PARA QUE SIGADES REPASANDO E DIVERTÍNDOOS DURANTE AS VACACIÓN
- O TEMPO: FIXÁDEVOS BEN CÓMO ESTÁ HOXE E SELECIONADE O CARTEL AXEITADO.
- CALENDARIO: CONTAMOS ATA CHEGAR AO MARTES, DÍA 3 E COLOREAMOS A CELDA COMO NOS GUSTE
* ASAMBLEA: HOXE FALAREMOS DE FLORES. BOTADE UNHA OLLADA POLA CASA E O XARDÍN A VER CANTAS ATOPADES E IDE DICINDO AS SÚAS CORES. COÑECES OS NOMES DAS DISTINTAS FLORES??
EMPREGA OS TEUS SENTIDOS PARA DIFERENCIALAS: FÍXATE BEN NAS DIFERENTES FORMAS, TOCA SUAVEMETE AS FOLLAS E OS PÉTALOS, CHEIRA O SEU AGRADABLE PERFUME, ETC
*MATEMÁTICAS: PODES COLLER ALGUNHAS FLORES DO CAMPO, DESFACELAS E CONTAR CANTOS PÉTALOS TEÑEN, LOGO DIFERENZA A QUE TEN MÁIS DA QUE TEN MENOS
*LECTOESCRITURA: RECOÑECE CADA UNHA DAS LETRAS DA PALABRA FLOR, ORDENA AS TARXETIÑAS DAS LETRAS E LOGO ESCRÍBEA TI MESM@.
PODES ACOMPAÑAR CUN DEBUXO DA FLOR QUE MÁIS CHE GUSTE
*EXPRESIÓN ARTÍSTICA: EMPREGANDO ELEMENTOS NATURAIS (FLORES, FOLLAS, PEDRAS,PAUS,ETC...) CREA UN DEBUXO, FORMA OU ESCRIBE O TEU NOME
*PELO (PROGRAMA ESTIULACIÓN DA LINGUAXE ORAL): PARA ESTA SEMANA A PROFE PAULA PROPÓN UN XOGO DE PARELLAS NO QUE, ADEMÁIS DE NOMEAR CADA OBXECTO QUE VES, DEBES EMPREGAR A CABECIÑA PARA BUSCARLLE A PARELLA QUE MELLOR LLE VAI A CADA QUEN. PREME AQUÍ
*PROXECTO AUGA: RECORDADE QUE ESTÁ ACABANDO O PRAZO PARA ENVIAR O VÍDEO CO VOSO DITO OU REFRÁN. ÁNIMO,A VER SI CONSEGUIMOS SAÍR TOD@S!!
TAMÉN QUEDAN ESTES DÍAS PARA QUE ENVIEDES A FOTO NO ENTORNO NATURAL RELACIONADO COA AUGA E O VOSO LEMA PARA A ACTIVIDADE CONXUNTA DO COLE DE FIN DE PROXECTO
UN DÍA MENOS!!! ATA MAÑÁ!
No hay comentarios:
Publicar un comentario