COMEZAMOS ESTE MARTES COAS SEGUINTES PROPOSTAS:
* HORA DE LER: COLLEDE A LECTURA QUE VOS APETEZA E ADICÁDELLE UNS MINUTOS.
* RUTINAS:
- O DÍA SEMANA: VOLVO DEIXAR A CANCIÓN NOVA PARA REPASAR OS DÍAS DA SEMANA
- ESCOLLEDE O CARTEL QUE CORRESPONDE AO DÍA DE HOXE, FIXÁNDOVOS NA INICIAL.NON ESQUEZADES BUSCAR TAMÉN O DO DÍA QUE FOI ONTE E O DO DÍA QUE SERÁ MAÑÁN
PODEDES COPIALOS,DESCARGAR AS IMAXES OU DIRECTAMENTE DA PÁXINA Apego.gal
- O TEMPO: ASOMÁMONOS Á VENTÁ OU Á PORTA PARA VER QUE DÍA VAI HOXE. ESCOLLEMOS ENTRE VARIAS OPCIÓNS. AS QUE USAMOS NA CLASE SON AS DE Apego.gal
- CALENDARIO: CONTA AS CELDAS ATA O DÍA DE HOXE, 2. LOGO COLOREA AO TEU GUSTO
- DEIXO TAMÉN ESTA CANCIÓN DE MAGÍN BLANCO PARA REPASAR OS NOMES DOS MESE DO ANO
* ASAMBLEA: HOXE PROPOÑO QUE FALEMOS DA "HORA DE RECOLLER".NO COLE TEMOSUNMANDARETE QUE SE ENCARGA CADA DÍA DE REPARTIR E RECOLLER O MATERIAL E GARDAMOS UNS MINUTOS DESPOISDEXOGAR PARA RECOLLER A CLASE ENTRE TOD@S PERO...
- QUE TAL VAI ISO NA CASA??
- QUEN RECOLLE HABITUALMENTE??
- TES AS TÚAS COUSAS RECOLLIDAS??
- AXUDAS AOS ADULTOS A RECOLLER??
- SABES EN QUE LUGAR SE GARDA CADA COUSA??
- QUEN É @ QUE MÁIS RECOLLE NA CASA??
- AXÚDACHE ALGUÉN A COLOCAR AS COUSAS NO SITIO??
- PRESTAS TI AXUDA AOS OUTROS PARA DEIXAR TODO RECOLLIDO??
- RECORDAS A CANCIÓN QUE USAMOS NO COLE ??
CADA COUSIÑA NO SEU LUGAR"
- ANTES DE CONTINUAR DA UNHA VOLTA POLA CASA E RECOLLE A TUA ROUPA OU XOGUETES QUE NON ESTEAN RECOLLIDOS.
PARA QUE A ACTIVIDADE SEXA MÁIS COMPLETA VAI NOMEANDO CADA OBXECTO QUE MOVES.
Coloca cada juguete en su lugar.
.
*GRAFOMOTRICIDADE: ESTES CANCIÑOS TAMÉN SE TEÑEN QUE RECOLLER NA SÚA CASETA, AXÚDASLLE?? SIGUE O TRAZO ATA O FINAL SIN LEVANTAR O ROTU.
SI NON PODES IMPRIMIR SIGUE O TRAZO CO DEDO NA PANTALLA E LOGO INTENTA REPRODUCILO NO PAPEL. TAMÉN PODES PEDIR A UN ADULTO QUE CHO PUNTEE E O REPASAS
*EDUCACIÓN FÍSICA: A PROFE PAULA ACHEGA NOVAS PROPOSTAS DE ACTIVIDADE FÍSICA PARA ESTAS SESIÓNS. PREME AQUÍ
*EXPRESIÓN ORAL: RECORDA QUE DEBES PRACTICAR O REFRÁN OU DITO QUE CHE FOI ASIGNADO E ENVIARME A GRAVACIÓN EN CANTO PIODAS.
* PROXECTO "SOMOS AUGA": COMO VOS DIXEN A SEMANA PASADA, DESEÑAMOS UNHA ACTIVIDADE PARA FINALIZAR O PROXECTO DESTE ANO ADAPTÁNDONOS ÁS CIRCUNSTANCIAS, POLO QUE VOS ENVÍO A PROPOSTA PARA QUE VOS ANIMEDES A PARTICIPAR. TEDES ESTA SEMANA PARA FACELO E ENVIARMO.
A VER QUE COUSIÑAS ORIXINAIS SE VOS OCORREN! INFORMACIÓN AQUÍ
UN DÍA MENOS!!! ATA MAÑÁ!
No hay comentarios:
Publicar un comentario