BO DÍA CHICAS!!!
ALGUNHAS DAS NOSAS COMPAÑEIRAS VAN ESTAR UNS DÍAS TRABALLANDO DENDE A CASA ASÍ QUE IREMOS COLGANDO AQUÍ ALGUNHAS DAS PROPOSTAS QUE FACEMOS NA AULA PARA QUE DENDE A CASA POIDADES SEGUILAS, ESPERANDO VERVOS NO COLE MOI PRONTIÑO!!!
AQUÍ VAN AS PROPOSTAS PARA HOXE
*RUTINAS:
*HORA DE LER: ADICADE 5 MINUTOS PARA LER O QUE ESCOLLADES: CONTOS, XORNAL, REVISTA... *O DÍA DA SEMANA: RECORDAMOS OS NOMES DE TODOS OS DÍAS POR ORDE, SELECIONAMOS O DE HOXE RECOÑECENDO A SÚA INICIAL. BUSCAMOS TAMÉN O DÍA DE ONTE E O DE MAÑÁN.
DEIXO ESTA CANCIÓN POR SI QUEREDES USALA
*O TEMPO: OBSERVAMOS E DECIDIMOS A TARXETA AXEITADA SEGUNDO VEXAMOS O TEMPO.
Apego.gal
*CALENDARIO: PODEDES DESCARGALO AQUÍ, E CUBRIR OS DÍAS QUE XA PASARON. LOGO CONTAMOS DENDE O PRINCIPIO ATA O DÍA DE HOXE 19E COLOREAMOS A CELDA AO GUSTO
*MATEMÁTICAS: CONTAMOS DO 1 AO 10 E TAMÉN EN CONTA ATRÁS, DO 10 AO 9. SI QUEREDES PODEDES TER UNHA LIÑA NUMÉRICA A MAN PARA IR SINALANDO E COMPROBANDO.
RESOLVEMOS ESTA FICHA DE 123MANÍA, CONTANDO, COLOREANDO E ESCRIBINDO OS NÚMEROS
*LECTOESCRITURA : HOXE REPASAMOS A LETRA M, REPETIMOS O SEU SON, XUNTANDO OS LABIOS E PROBAMOS COMO SOA CANDO SE XUNTA COAS LETRAS MÁXICAS: MA, MI, MU, ME, MO, E ESCRIBÍMOLAS
LOGO FOMOS FACENDO MEMORIA E BUSCANDO NA NOSA CABECIÑA AS PALABRAS QUE COÑECEMOS QUE EMPEZAN POR CADA UNHA DESAS SÍLABAS. cANTAS ATOPAS?? ES QUEN DE TOPAR AO MENOS 3 DE CADA??
CON TODAS PODES CONFECIONAR UNHA LISTAXE!
* P.E.L.O (programa de estimulación da linguaxe oral): COA PROFE PAULA ESTIVEMOS FALANDO SOBRE AS NOSAS HABITACIÓNS, COMO SON , QUE TEMOS NELAS, DONDE ESTÁN OS XPOGUETES, E CANTAS TEMOS, XA QUE HAI NEN@S QUE TEÑEN MÁIS DUNHA CASA! LOGO FOMOS BUSCANDO NA FOTO O QUE NOS PEDÍAN EN CADA IMAXE.
PREME NESTE ENLACE PARA ACCEDER AO DOCUMENTO E IMAXES
*HORA DO CONTO: REMATAMOS A XORNADA LENDO UN CONTO QUE NOS ENCANTA
No hay comentarios:
Publicar un comentario