BO DÍA!!!
ARRANCAMOS ESTE XOVES CHUVIOSO CON ESTAS PROPOSTAS:
* HORA DE LER: COLLEDE A LECTURA QUE VOS APETEZA E ADICÁDELLE UNS MINUTOS.
* RUTINAS:
- O DÍA SEMANA: DEIXO A CANCIÓN NOVA PARA REPASAR OS DÍAS DA SEMANA
- ESCOLLEDE O CARTEL QUE CORRESPONDE AO DÍA DE HOXE, FIXÁNDOVOS NA INICIAL.NON ESQUEZADES BUSCAR TAMÉN O DO DÍA QUE FOI ONTE E O DO DÍA QUE SERÁ MAÑÁN
PODEDES COPIALOS,DESCARGAR AS IMAXES OU DIRECTAMENTE DA PÁXINA Apego.gal
- O TEMPO: ASOMÁMONOS Á VENTÁ OU Á PORTA PARA VER QUE DÍA VAI HOXE. ESCOLLEMOS ENTRE VARIAS OPCIÓNS. AS QUE USAMOS NA CLASE SON AS DE Apego.gal
- CALENDARIO: CONTA AS CELDAS ATA O DÍA DE HOXE, 2. LOGO COLOREA AO TEU GUSTO
- DEIXO TAMÉN ESTA CANCIÓN DE MAGÍN BLANCO PARA REPASAR OS NOMES DOS MESE DO ANO
- * CREATIVIDADE: NA NOSA SESIÓN DE BIBLIOTECA DE HOXE ESTIVEMOS NA ROBOTECA ARGALLEIRA CONSTRUINDO FIGURAS CON DIFERENTES PEZAS: USAMOS LEGOS, PEZAS DE MADEIRA, PAUS DE CONSTRUCIÓN... TIÑAMOS VARIOS DADOS QUE FOMOS TIRANDO E CONTANDO OS PUNTIÑOS E O NÚMERO RESULTANTE INDICABA A CANTIDADE DE PEZAS QUE PODEMOS EMPREGAR PARA A NOSA CREACIÓN. O RESTO É DEIXARLLE TRABALLAR Á IMAXINACIÓN E A VER QUE SAE. NA CASA PODEDES FACELO DO MESMO XEITO, OU EMPREGANDO DIFERENTES OBXECTOS OU MATERIAIS QUE TEÑADES A MAN. VEREMOS QUE VOS SAE!
- * INGLÉS: A TEACHER LUCÍA TRÁENOS TODAS ESTA PROPOSTA PARA HOXE:
TAMÉN UN XOGO PARA TRABALLAR COAS CORES AO QUE PODEDES ACCEDER
PREMENDO AQUÍ
E PARA REPASAR OS NÚMEROS PODEDES PRACTICAR CONTANDO ESTRELAS AQUÍ OU
ESCOITAR E IDENTIFICAR OS NÚMEROS PREMENDO NESTE ENLACE
* MATEMÁTICAS: SEGUIMOS TRABALLANDO COAS FORMAS XEOMÉTRICAS: CÍRCULO, TRIÁNGULO, CADRADO E RECTÁNGULO.
FIXEMOS ESTA FICHA
TAMÉN PODEDES DESEÑAR UNHA CONSTRUCIÓN EMPREGANDO OBXECTOS DA CASA CON DISTINTAS FORMAS XEOMÉTRICAS.
* HORA DO CONTO: REMATAMOS A XORNADA CO CONTO DE "AQUILES O PUNTIÑO", CO QUE PODEMOS IR COMPROBANDO COMO ENGADINDO DISTINTOS TRAZOS A UN PUNTIÑO SE PODE TRANSFORMAR EN........XA O DESCUBRIREDES!
PREME AQUÍ PARA VER E ESCOITAR O CONTO, NARRADO POR OLAIA GONZÁLEZ, MENTRE O ILISTRADOR ORIXINAL, MARC TAEGER, ILUSTRA EN VIVO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario