BO DÍA CHIC@S!
DEIXO AS PROPOSTAS PARA ESTE XOVES!
* HORA DE LER: ESCOLLEDE UNHA LECTURA, A QUE VOS GUSTE. PODE SER UN XORNAL, REVISTA, CONTO...E ADICÁDELLE 5 MINUTIÑOS A "LER" DE XEITO AUTÓNOMO
* RUTINAS:
- O DÍA SEMANA: REPASAMOS A CANCIÓN E ESCOLLEMOS O CARTEL CO NOME DE HOXE, DE ONTE E DE MAÑÁN, FIXÁNDONOS NA LETRA INICIAL DE CADA
RECORDADE QUE PODEDES EMPREGAR TAMÉN ESTA CANCIÓN DE MAMÁ CABRA
- O TEMPO: OBSERVAR O DÍA POLA VENTÁ E SELECIONAR O DEBUXO CORRESPONDENTE
- CALEDARIO: CONTADE DENDE O PRINCIPIO ATA CHEGAR AO DÍA DE HOXE, O NÚMERO 28, E COLOREADE A CELDA DA COR QUE PREFIRADES.
* ASAMBLEA: HOXE ENTRAMOS AO COLE MÁIS CONTENT@S PORQUE NON CHOVE E PODEREMOS SAÍR AO PATIO!! ANQUE A TERRA ESTÁ ALGO MOLLADA, COMPROBAMOS QUE O NOSO CALZADO É AXEITADO PARA PISAR ALÍ E APROVEITAMOS PARA FALAR DAS PRENDAS DE VESTIR PROPIAS DO INVERNO, AS PARTES DO CORPO QUE ABRIGA CADA UNHA, POR QUÉ É IMPORTANTE ABRIGARSE, QUE PASARÍA SI NON O FACEMOS.....
*LECTOESCRITURA: ESCRIBIMOS OS NOMES DA PRENDAS DE VESTIR MÁIS IMPORTANTES DA ESTACIÓN DO INVERNO: GORRO, BOTAS, LUVAS, BUFANDA E MANOPLAS. PODEDES ESCRIBILO DIRECTAMENTE OU PEDIRLLE A UN ADULTO QUE ESCRIBA AS LETRAS EN PAPELIÑO E PEGALAS ORDENADAMENTE
* MOTRICIDADE: XA QUE ESTADES NA CASA PODEDES XOGAR A POÑERVOS AS LUVAS VOS SOÍÑ@S, METENDO BEN CADA DEDIÑO NO SEU SITIO OU POÑERLLAS A ALGUÉN CON QUEN VIVIDES. O MESMO PODEDES FACER COS CALCETÍNS. LOGO PODEDES MESTURAR VARIOS CALCETÍNS DIFERENTES DENTRO DUNHA BOLSA E XOGAR A EMPARELLALOS E XUNTALOS NUNHA MADEXA, PECHANDO OS 2 COMPAÑEIROS XUNTOS, LISTOS PARA GARDAR!
* INGLÉS: A TEACHER LUCÍA NOS DEIXA ESTES ENLACES PARA QUE PRACTIQUEDES COS NOMES DAS PARTES DA CARA E DO CORPO!
E PARA XOGAR PREME AQUÍ E ACCEDE AO XOGOÇ
ATA MAÑÁ!
UN DÍA MENOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario