Páginas

lunes, 25 de enero de 2021

QUEDA NA CASA


BO DÍA CHIC@S!

 EMPEZAMOS A DERRADEIRA SEMANA DE XANEIRO E ARRANCAMOS CON ESTAS PROPOSTAS:

*  HORA DE LER: ESCOLLEDE UNHA LECTURA, A QUE VOS GUSTE. PODE SER UN XORNAL, REVISTA, CONTO...E ADICÁDELLE 5 MINUTIÑOS A "LER" DE XEITO AUTÓNOMO


* RUTINAS:
  • O DÍA SEMANA:  REPASAMOS A CANCIÓN E ESCOLLEMOS O CARTEL CO NOME DE HOXE,  DE ONTE E DE MAÑÁN, FIXÁNDONOS  NA LETRA INICIAL DE CADA 
RECORDADE QUE PODEDES EMPREGAR TAMÉN ESTA CANCIÓN DE MAMÁ CABRA
  • O TEMPO: OBSERVAR O DÍA POLA VENTÁ E SELECIONAR O DEBUXO CORRESPONDENTE   
                                                         

  • CALEDARIO: CONTADE DENDE O PRINCIPIO ATA CHEGAR AO DÍA DE HOXE, O NÚMERO 25, E COLOREADE A CELDA DA COR QUE PREFIRADES.  
* ASAMBLEA: OS LUNS SEMPRE FALAMOS DE COMO NOS FOI DURANTE A FIN DE SEMANA, SE FIXEMOS ALGO ESPECIAL, SE VISITAMOS ALGÚN SITIO CHULO, AS ACTIVIDADES QUE REALIZAMOS E CO QUEN AS COMPARTIMOS.... CALQUERA CUESTIÓN QUE DEA PÉ A FALAR, A EXPRESARSE ORALMENTE,TENDO QUE ORGANIZAR AS IDEAS E CONFECIONAR AS FRASES PARA LOGRAR UN DISCURSO COHERENTE.   DESCRIBIDE QUE FOI O QUE MÁIS VOS GUSTOU DA VOSA FIN DE SEMANA E POR QUÉ.
SI VOS APETECE PODEDES PLASMALO NUN DEBUXO

*  MATEMÁTICAS:  SEGUIMOS TRABALLANDO COAS FORMAS XEOMÉTRICAS E, ESTA VEZ, COMBINADO COAS SERIES.  COMPLETAMOS O CORPO DESTAS SERPES CON GOMETS DE DISTINTAS FORMAS E CORES, SEGUINDO A SERIE.  SI NON TEDES GOMETS NA CASA PODEDES FACELO DEBUXANDO.

                                                         
                                                               QUEDARÍA  ALGO ASÍ
E PODEDES COMPLETALO AÍNDA MÁIS COLOREANDO EN SERIE DESTE XEITO

NON ESQUEZAS POÑER TAMÉN O TEU NOME!


*   ATENCIÓN E VOCABULARIO: NESTA LÁMINA, QUE DESCARGAMOS DE Orientación Andújar,  HAI UNHA MOREA DE OBXECTOS DOS INTENTAMOS AVERIGUAR TODOS OS SEUS NOMES,  CANTOS COÑECEDES VÓS?
LOGO  XOGAMOS AOS DETECTIVES, BUSCANDO  RESPOSTAR ÁS SEGUINTES PREGUNTAS E LOCALIZAR OS DEBUXOS NA LÁMINA O MÁIS RÁPIDO POSIBLE. A VER CANTO TARDADES VÓS!


*   RELIXIÓN: A PROFE ESTHER PORPÓN TRABALLAR A SESIÓN DE RELIXIÓN DE HOXE CON ESTE CONTO. AO REMATAR PODEDES FACER UN DEBUXO SOBRE EL.





*  VALORES:  HOXE TRABALLAMOS SOBRE O CORTO DE ANIMACIÓN "EL VALOR DE LA EMPATÍA". FACEMOS UN PRIMEIRO VISIONADO PARA COÑECER A HISTORIA E UN SEGUNDO , MÁIS REFLEXIVO, PARANDO CADA POUCO E NANLIZANDO O QUE ESTÁ A ACONTECES, QUE PRETENDE O PERSONAXE, COMO SE ESTÁ A SENTIR, CANDO NÓS NOS SENTIMOS DESE XEITO, COMO CREMOS QUE O ESTÁ A PASAR, QUE FACER PARA SOLUCIONALO.....


LOGO DE CONVERSAR SOBRE TODO ISTO, CREAMOS A NOSA PROPIA MASCOTA. FACEMOS UN DEBUXO

*LECTOESCRITURA: ESCRIBIMOS O SEU NOME E DESCRIBIMOS A CARACTERÍSTICA QUE MÁIS NOS GUSTA DELA.


ATA MAÑÁ!

UN DÍA MENOS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario