*HORA DE LER: LEDE O QUE MÁIS VOS APETEZA *O DÍA DA SEMANA: RECORDAMOS OS NOMES DE TODOS OS DÍAS POR ORDE, SELECIONAMOS O DE HOXE RECOÑECENDO A SÚA INICIAL. BUSCAMOS TAMÉN O DÍA DE ONTE E O DE MAÑÁN. DEIXO ESTA CANCIÓN POR SI QUEREDES USALA
*O TEMPO: OBSERVAMOS E DECIDIMOS A TARXETA AXEITADA.
*CALENDARIO:CONTAMOS DENDE O PRINCIPIO ATA HOXE, PEDINDO AXUDA AOS ADULTOS CANDO PRECISEMOS, E COLOREAMOS O DÍA DE HOXE 28
* HORA DE LER: ESCOLLEDE UNHA LECTURA, A QUE VOS GUSTE. PODE SER UN XORNAL, REVISTA, CONTO...E ADICÁDELLE 5 MINUTIÑOS A "LER" DE XEITO AUTÓNOMO
* RUTINAS:
O DÍA SEMANA: REPASAMOS A CANCIÓN E ESCOLLEMOS O CARTEL CO NOME DE HOXE, DE ONTE E DE MAÑÁN, FIXÁNDONOS NA LETRA INICIAL DE CADA
RECORDADE QUE PODEDES EMPREGAR TAMÉN ESTACANCIÓN DE MAMÁ CABRA
O TEMPO: OBSERVAR O DÍA POLA VENTÁ E SELECIONAR O DEBUXO CORRESPONDENTE
: CONTADE DENDE O PRINCIPIO ATA CHEGAR AO DÍA DE HOXE, O NÚMERO 27
* ASAMBLEA: HOXE FALAMOS SOBRE COMO SE COMUNICABAN NO ANTIGO EXIPTO E, RECORDANDO O QUE VIMOS NOS VÍDEOS E MAIS O QUE ATOPAMOS INVESTIGANDO NOS LIBROS, CHEGAMOS Á CONCLUSIÓN QUE O FACÍAN CON DEBUXOS! CADA DEBUXO ERA ALGO SEMELLANTE A UNHA LETRA DAS QUE NÓS EMPREGAMOS AGORA PARA ESCRIBIR, QUE COMBINADOS ENTRE SÍ COMPUÑAN FRASES.
ESTE TIPO DE ESCRITURA SE CHAMAN "XEROGLÍFICOS", UNHA PALABRA COMPLICADA E CON MOITAS LETRAS.
*LECTOESCRITURA: PRIMEIRO PROBAREMOS A COMBINAR GOMETS OU ANAQUIÑOS DE PAPEL COAS LETRAS QUE COMPOÑEN A PALABRA "XEROGLÍFICO".
AGORA PROBA A ESCRIBIR O TEU NOME COS SÍMBOLOS EXIPCIOS, A VER QUE CHULO CHE QUEDA!
* INGLÉS: RECÓRDOVOS QUE O TEACHER TEN NO SEU BLOG OS RECURSOS QUE EMPREGA NA CLASE. PREME AQUÍ E ACCEDE AO CONTIDO
*P.E.L.O: PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL. A MESTRA PAULA DEÍXANOS ESTE ARQUIVO PARA QUE, EN CADA DIAPOSITIVA, RAZOEDES CAL É O OBXECTO QUE SOBRA E POR QUÉ CREDES QUE É ASÍ
PROXECTO: SEGUIMOS COÑECENDO COUSIÑAS SOBRE EXIPTO. HOXE FALAMOS DAS MOMIAS. VISUALIZA ESTE VÍDEO E COMPROBA QUE AS TÚAS IDEAS SE CORRESPONDEN COA REALIDADE
LECTOESCRITURA: ESCRIBE AS PALABRAS CLAVE : PIRÁMIDE, FARAÓN, MOMIA E SARCÓFAGO. LOGO INVENTA UNHA HISTORIA CON TODAS ELAS.
MÚSICA: PARA A SESIÓN DE HOXE A PROFE PATRI NOS DEIXA ESTA CANCIÓN PARA PRACTICAR E BAILAR COS DEDIÑOS
* HORA DE LER: COLLEDE A LECTURA QUE VOS APETEZA E ADICÁDELLE UNS MINUTOS.
* RUTINAS:
O DÍA SEMANA: DEIXO A CANCIÓN PARA REPASAR OS DÍAS DA SEMANA
ESCOLLEDE O CARTEL QUE CORRESPONDE AO DÍA DE HOXE, FIXÁNDOVOS NA INICIAL.NON ESQUEZADES BUSCAR TAMÉN O DO DÍA QUE FOI ONTE E O DO DÍA QUE SERÁ MAÑÁN
PODEDES COPIALOS,DESCARGAR AS IMAXES OU DIRECTAMENTE DA PÁXINA Apego.gal
O TEMPO: ASOMÁMONOS Á VENTÁ OU Á PORTA PARA VER QUE DÍA VAI HOXE. ESCOLLEMOS ENTRE VARIAS OPCIÓNS. AS QUE USAMOS NA CLASE SON AS DE Apego.gal
CALENDARIO: NO CALENDARIO, QUE RECORDO QUE PODEDES DESCARGAR AQUÍ, ESCRIBIDE O NÚMERO DO DÍA DE HOXE E COLOREADE A CELDA COMO MÁIS VOS GUSTE 25
ASAMBLEA: REPASAMOS A INFORMACIÓN QUE OBTIVEMOS ONTE NO VÍDEO SOBRE O ANTIGO EXIPTO E PRACTICAMOS CON PEZAS COM CONSTRUÍR UNHA PIRÁMIDE.
* GRAFOMOTRICIDADE: DEBUXAMOS A NOSA PROPIA PIRÁMIDE. PARA ISO COMEZAMOS FACENDO UN PUNTIÑO ARRIBA, NA METADE DO PAPEL, E DOUS SEPARADOS ABAIXO. UNIMOS E XA TEMOS A FORMA TRIANGULAR DA PIRÁMIDE.
DESPOIS, E COMEZANDO DE ARRIBA PARA ABAIXO, TRAZAREMOS PRIMEIRO LIÑAS HORIZONTAIS E LOGO DIVIDIRÉMOLAS CON LIÑAS VERTICAIS DE XEITO QUE FORMEMOS "PEDRAS" ATA COMPLETAR A PIRÁMIDE. POR ÚLTIMO COLOREAMOS, MELLOR CON ACUARELAS PARA QUE SE VEXAN AS PEDRAS.
LECTOESCRITURA: ORDENAMOS AS LETRAS EN GOMETS OU ANAQUIÑOS DE PAPEL ATA COMPLETAR A PALABRA PIRÁMIDE. LOGO PEGAMOS POR ORDE NO PAPEL DO DEBUXO
RELIXIÓN: A PROFE DE RELI DEÍXANOS ESTE VÍDEO PARA QUE O VEXADES E POIDADES CONVERSAR SOBRE O QUE NOS CONTA
COMEZAMOS SEMANA E ESTA É MOI ESPECIAL PORQUE,POR FIN, PODEDES SAÍR U RATIÑO CADA DÍA A PASEAR E A XOGAR FÓRA! DISFRUTÁDEO MOITO!!!
IMOS COAS PROPOSTAS
*HORA DE LER: LEDE O QUE MÁIS VOS APETEZA *O DÍA DA SEMANA: RECORDAMOS OS NOMES DE TODOS OS DÍAS POR ORDE, SELECIONAMOS O DE HOXE RECOÑECENDO A SÚA INICIAL. BUSCAMOS TAMÉN O DÍA DE ONTE E O DE MAÑÁN. DEIXO ESTA CANCIÓN POR SI QUEREDES USALA
*O TEMPO: OBSERVAMOS E DECIDIMOS A TARXETA AXEITADA.
*CALENDARIO:CONTAMOS DENDE O PRINCIPIO ATA HOXE, PEDINDO AXUDA AOS ADULTOS CANDO PRECISEMOS, E COLOREAMOS O DÍA DE HOXE 24
*ASAMBLEA: COMA TODOS OS LUNS FALAMOS SOBRE O QUE FIXEMOS NA FIN DE SEMANA E EXPLICAMOS CAL FOI A ACTIVIDADE QUE MAIS NOS GUSTOU.
*PROXECTO: SEGUINDO COA VIAXE POR ÁFRICA QUE FAREMOS DURANTGE ESTE TRIMESTRE, HOXE CHEGAMOS A UN NOVO PAÍS: EXIPTO
PRIMEIRO BUSCAMOS NO MAPA CAL É O SEU NOME E LOGO O ESCRIBIMOS DESPOIS DA FRECHA
COMPLETA COAS PALABRAS EXIPTO E ÁFRICA
* AUDIOVISUAL: VEMOS ESTE VÍDEO INFORMATIVO FIXÁNDONOS BEN E COMENTANDO OS DATOS QUE NOS VAI APORTANDO
*LINGUAXE ORAL: COMENTAMOS TODAS AS COUSAS QUE SABEMOS DE EXIPTO E APUNTAMOS AS PALABRAS CLAVE, POR EXEMPLO: PIRÁMIDE, FARAÓN, DESERTO, MOMIA, ETC.
*PLÁSTICA: DEBUXAMOS UN PAISAXE DE EXIPTO EN FUNCIÓN DO QUE COMENTAMOS E DO VÍDEO
* HORA DE LER: ESCOLLEDE UNHA LECTURA, A QUE VOS GUSTE. PODE SER UN XORNAL, REVISTA, CONTO...E ADICÁDELLE 5 MINUTIÑOS A "LER" DE XEITO AUTÓNOMO
* RUTINAS:
O DÍA SEMANA: REPASAMOS A CANCIÓN E ESCOLLEMOS O CARTEL CO NOME DE HOXE, DE ONTE E DE MAÑÁN, FIXÁNDONOS NA LETRA INICIAL DE CADA
RECORDADE QUE PODEDES EMPREGAR TAMÉN ESTACANCIÓN DE MAMÁ CABRA
O TEMPO: OBSERVAR O DÍA POLA VENTÁ E SELECIONAR O DEBUXO CORRESPONDENTE
CALEDARIO: CONTADE DENDE O PRINCIPIO ATA CHEGAR AO DÍA DE HOXE, O NÚMERO 20, E COLOREADE A CELDA DA COR QUE PREFIRADES.
ASAMBLEA: HOXE FALAMOS NOVAMENTE DO FRÍO QUE VAI E, COMO ESTES DÍAS TEMOS UN GATIÑO POLO COLE, COEMTAMOS QUE MOTIVOS PODE TER PARA VIR, QUE BUSCA, QUE LLE PODEMOS OFRECER....E FALAMOS DE TODOS OS ANIMAIS QUE VIVEN NA NEVE OU CO FRÍO. ALGÚNS COMA O OSO, MORSA, RAPOSOS, RENO, OSO POLAR, PINGÜÍN, CERVO...
LECTOESCRITURA: CONFECIONAMOS UN LISTADO CON TODOS OS ANIMAIS QUE COÑECEMOS E QUE SE ADAPTAN BEN AO FRÍO.
DEBUXA O QUE MÁIS CHE GUSTE
PLÁTICA: TRAZANDO CÍRCULO E SEMICÍRCULO SOBRE PAPEL DE XORNAL CNFECIONAMOS UN OSO! PRIMEIRO TRAZAMOS E LOGO RECORTAMOS. CON ISTO PEGÁMOLO NUN PAPEL GRANDOTE E POR ÚLTIMO POÑÉMOSLLE ORELLAS, FUCIÑO.... SI QUEREDES PODEDES PUNTEAR PEGADAS BRANCAS PARA A NEVE
QUEDARÍA ALGO SEMELLANTE A ISTO
RELIXIÓN: A PROFE ESTHER DEÍXAANOS ESTA CURTA DE ANIMACIÓN PARA REFLEXIONAR E FALAR SOBRE O VALOR DE COMPARTIR
*HORA DE LER: ADICADE 5 MINUTOS PARA LER O QUE ESCOLLADES: CONTOS, XORNAL, REVISTA... *O DÍA DA SEMANA: RECORDAMOS OS NOMES DE TODOS OS DÍAS POR ORDE, SELECIONAMOS O DE HOXE RECOÑECENDO A SÚA INICIAL. BUSCAMOS TAMÉN O DÍA DE ONTE E O DE MAÑÁN. DEIXO ESTA CANCIÓN POR SI QUEREDES USALA
*O TEMPO: OBSERVAMOS E DECIDIMOS A TARXETA AXEITADA SEGUNDO VEXAMOS O TEMPO.
Apego.gal
*CALENDARIO:CONTAMOS DENDE O PRINCIPIO ATA O DÍA DE HOXE 19E COLOREAMOS A CELDA AO GUSTO
* MATEMÁTICAS: HOXE RETOMAMOS AS SUMAS E IMOS CONTAR PINGÜÍNS! PARA QUE SEXA MAIS SINXEL APUNTA O NÚMERO DE CADA GRUPO AO SEU LADO E LOGO SUMA.
*LECTOESCRITURA: ORDENAMOS AS LETRAS DA PALABRA PINGÜÍN E FIXÁMONOS NA CARACTERÍSTICA ESPECIAL DA LETRA U.
ESCRIBIMOS 2 PALABRAS MÁIS QUE ESTEAN RELACIONADAS CO INVERNO, POR EXEMPLO NEVE E FRÍO. CON ESAS TRES INVENTAMOS UNHA PEQUENA HISTORIA E REALIZAMOS UN DEBUXO.
* MÚSICA: A PROFE PATRI NOS DEIXA ESTA CANCIÓN PARA A SESIÓN DE HOXE
*HORA DE LER: ADICADE 5 MINUTOS PARA LER O QUE ESCOLLADES: CONTOS, XORNAL, REVISTA... *O DÍA DA SEMANA: RECORDAMOS OS NOMES DE TODOS OS DÍAS POR ORDE, SELECIONAMOS O DE HOXE RECOÑECENDO A SÚA INICIAL. BUSCAMOS TAMÉN O DÍA DE ONTE E O DE MAÑÁN. DEIXO ESTA CANCIÓN POR SI QUEREDES USALA
*O TEMPO: OBSERVAMOS E DECIDIMOS A TARXETA AXEITADA SEGUNDO VEXAMOS O TEMPO.
Apego.gal
*CALENDARIO:CONTAMOS DENDE O PRINCIPIO ATA O DÍA DE HOXE 14E COLOREAMOS A CELDA AO GUSTO
* ASAMBLEA: HOXE FALAMOS SOBRE O TEMPO, XA QUE ESTÁ BEN FRÍO!! CANDO VIÑEMOS AO COLE TODO ESTABA BRANCO. FALAMOS OUTRA VEZ DAS CORES DO INVERNO E ENGADIMOS OS TONS DE BRANCO, XA QUE BUSCAMOS E COMPARAMOS DISTINTOS OBXECTOS CON MATICES DE BRANCOS.
* MOTRICIDADE FINA: FACEMOS BOLIÑAS DE DIFERENTES TAMAÑOS CON PLASTILINA, EMPREGAMOS AS CORES DO INVERNO QUE TRABALLAMOS ESTES DÍAS: DISTINTOS TIPOS DE AZUIS E BRANCO. LOGO, E USANDO PALILLOS, CONFECIONAMOS UNHA ESTRELA DE NEVE COMBINANDO CORES E TAMAÑOS.
ALGO SEMELLANTE A ISTO E QUE QUEDARÁ PARA DECORAR A AULA OU A CASA
* EDUCACIÓN FÍSICA: A PROFE PAULA DEÍXANOS ESTE VÍDEO PARA QUE PRACTIQUEDES DIFERENTES POSTURAS.
* LECTURA: E DESPEDIMOS ESTA SEMANA, NA QUE TANTO FALAMOS DOS REIS MAGOS E DOS AGASALLOS QUE NOS TROUXERON, CON ESTA HISTORIA DE MARTIÑO E A AVENTURA QUE LLE ACONTECEU NESA NOITE MÁXICA
AQUI VOS DEIXO AS PORPOSTAS DE TRABALLO PARA ESTE XOVES!
* HORA DE LER: ESCOLLEDE UNHA LECTURA, A QUE VOS GUSTE. PODE SER UN XORNAL, REVISTA, CONTO...E ADICÁDELLE 5 MINUTIÑOS A "LER" DE XEITO AUTÓNOMO
* RUTINAS:
O DÍA SEMANA: REPASAMOS A CANCIÓN E ESCOLLEMOS O CARTEL CO NOME DE HOXE, DE ONTE E DE MAÑÁN, FIXÁNDONOS NA LETRA INICIAL DE CADA
RECORDADE QUE PODEDES EMPREGAR TAMÉN ESTACANCIÓN DE MAMÁ CABRA
O TEMPO: OBSERVAR O DÍA POLA VENTÁ E SELECIONAR O DEBUXO CORRESPONDENTE
CALEDARIO: CONTADE DENDE O PRINCIPIO ATA O DÍA DE HOXE, O NÚMERO 13, ESCRIBÍDEO E COLOREADE A CELDA DA COR QUE PREFIRADES.
*LECTOESCRITURA: TRABALLAMOS COA PALABRA INVERNO:
RECOÑECEMOS AS LETRAS QUE COMPOÑEN A PALABRA.
BUSCAMOS NOS NOSOS NOMES QUEN AS TEN
PRACTICAMOS O SON QUE TEN CADA UNHA DELAS
PENSAMOS 3 PALABRAS QUE EMPECEN POR CADA UNHA
ESCRIBIMOS UNHA PALABRA CON CADA UNHA
CONTÁMOSLLE AOS COMPIS CALES ESCOLLEMOS
INVENTAMOS UNHA HISTORIA COAS PALABRAS QUE ATOPAMOS
*ATENCIÓN: COÑECEMOS A GAMA DOS AZUIS. LEMOS OS NOMES E IMOS DICINDO SI OS COÑECEMOS OU NON. LOGO RECOLLEMOS POLA CLASE / CASA MATERIAIS DE COR AZUL E BUSCAMOS A MAIOR SEMELLANZA COS TONS DA GAMA. CLASIFICÁMOLOS POR GRUPOS COS CARTEIS DOS SEUS NOMES
*PELO (PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL): A PROFE PAULA TIÑA PREPARADA UNHA ACTIVIDADE DE BUSCAR OBXECTOS, MENTRES OS NOMEAMOS E DESCRIBIMOS O QUE APARACE NA IMAXE.
AÍ VAN AS PROPOSTAS PARA ESTE MÉRCORES!! *HORA DE LER: 5 MINUTIÑOS DE "LECTURA" AUTÓNOMA E SILENCIOSA.
* RUTINAS:
O DÍA SEMANA: CANTAMOS E BUSCAMOS A TARXETA CO NOME DO DÍA DE HOXE, FIXÁNDONO NA SÚA LETRA INICIAL. BUSCAMOS TAMÉN QUE DÍA FOI ONTE E CAL SERÁ MAÑÁN.
PODEDES COPIALOS,DESCARGAR AS IMAXES OU DIRECTAMENTE DA PÁXINA Apego.gal
CANTAMOS A CANCIÓN DO COLE PARA REPASALOS MOVENDO OS DEDIÑOS.
TAMÉN PODEDES REPASALOS COA CANCIÓN DE MAMÁ CABRA DESTE ENLACE
O TEMPO: ESCOLLEMOS A IMAXE QUE MÁIS SE AXUSTE A COMO ESTÁ HOXE O CEO.
O NÚMERO DO DÍA: CONTAMOS NO CALEDARIO E COLOREAMOS A CELDA CORRESPONDENTE AO DÍA DE HOXE: MÉRCORES 12
* ASAMBLEA: SEGUIMOS FALANDO SOBRE O INVERNO E AS SÚAS CARACTERÍSTICAS. CENTRÁMONOS NAS PRENDAS DE VESTIR PROPIAS DA ÉPOCA E QUE PARTE DO CORPO NOS PROTEXEN.
* LECTOESCRITURA: RESOLVEMOS A SEGUINTE FICHA ORDENANDO SÍLABAS