BO DÍA CHIC@S!
DEIXO AS PROPOSTAS PARA ESTE XOVES!
* HORA DE LER: ESCOLLEDE UNHA LECTURA, A QUE VOS GUSTE. PODE SER UN XORNAL, REVISTA, CONTO...E ADICÁDELLE 5 MINUTIÑOS A "LER" DE XEITO AUTÓNOMO
* RUTINAS:
- O DÍA SEMANA: REPASAMOS A CANCIÓN E ESCOLLEMOS O CARTEL CO NOME DE HOXE, DE ONTE E DE MAÑÁN, FIXÁNDONOS NA LETRA INICIAL DE CADA
RECORDADE QUE PODEDES EMPREGAR TAMÉN ESTA CANCIÓN DE MAMÁ CABRA
- O TEMPO: OBSERVAR O DÍA POLA VENTÁ E SELECIONAR O DEBUXO CORRESPONDENTE
- CALEDARIO: CONTADE DENDE O PRINCIPIO ATA CHEGAR AO DÍA DE HOXE, O NÚMERO 20, E COLOREADE A CELDA DA COR QUE PREFIRADES.
- ASAMBLEA: HOXE FALAMOS NOVAMENTE DO FRÍO QUE VAI E, COMO ESTES DÍAS TEMOS UN GATIÑO POLO COLE, COEMTAMOS QUE MOTIVOS PODE TER PARA VIR, QUE BUSCA, QUE LLE PODEMOS OFRECER....E FALAMOS DE TODOS OS ANIMAIS QUE VIVEN NA NEVE OU CO FRÍO. ALGÚNS COMA O OSO, MORSA, RAPOSOS, RENO, OSO POLAR, PINGÜÍN, CERVO...
- LECTOESCRITURA: CONFECIONAMOS UN LISTADO CON TODOS OS ANIMAIS QUE COÑECEMOS E QUE SE ADAPTAN BEN AO FRÍO.
- DEBUXA O QUE MÁIS CHE GUSTE
- PLÁTICA: TRAZANDO CÍRCULO E SEMICÍRCULO SOBRE PAPEL DE XORNAL CNFECIONAMOS UN OSO! PRIMEIRO TRAZAMOS E LOGO RECORTAMOS. CON ISTO PEGÁMOLO NUN PAPEL GRANDOTE E POR ÚLTIMO POÑÉMOSLLE ORELLAS, FUCIÑO.... SI QUEREDES PODEDES PUNTEAR PEGADAS BRANCAS PARA A NEVE
QUEDARÍA ALGO SEMELLANTE A ISTO
- RELIXIÓN: A PROFE ESTHER DEÍXAANOS ESTA CURTA DE ANIMACIÓN PARA REFLEXIONAR E FALAR SOBRE O VALOR DE COMPARTIR
ATA MAÑÁ!! UN DÍA MENOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario