BO DÍA!
AS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA HOXE SON:
*HORA DE LER: ADICADE 5 MINUTOS PARA LER O QUE ESCOLLADES: CONTOS, XORNAL, REVISTA...
*O DÍA DA SEMANA: RECORDAMOS OS NOMES DE TODOS OS DÍAS POR ORDE, SELECIONAMOS O DE HOXE RECOÑECENDO A SÚA INICIAL. BUSCAMOS TAMÉN O DÍA DE ONTE E O DE MAÑÁN.
DEIXO ESTA CANCIÓN POR SI QUEREDES USALA
*O TEMPO: OBSERVAMOS E DECIDIMOS A TARXETA AXEITADA SEGUNDO VEXAMOS O TEMPO.
Apego.gal |
*CALENDARIO:CONTAMOS DENDE O PRINCIPIO ATA O DÍA DE HOXE 14 E COLOREAMOS A CELDA AO GUSTO
* ASAMBLEA: HOXE FALAMOS SOBRE O TEMPO, XA QUE ESTÁ BEN FRÍO!! CANDO VIÑEMOS AO COLE TODO ESTABA BRANCO. FALAMOS OUTRA VEZ DAS CORES DO INVERNO E ENGADIMOS OS TONS DE BRANCO, XA QUE BUSCAMOS E COMPARAMOS DISTINTOS OBXECTOS CON MATICES DE BRANCOS.
* MOTRICIDADE FINA: FACEMOS BOLIÑAS DE DIFERENTES TAMAÑOS CON PLASTILINA, EMPREGAMOS AS CORES DO INVERNO QUE TRABALLAMOS ESTES DÍAS: DISTINTOS TIPOS DE AZUIS E BRANCO. LOGO, E USANDO PALILLOS, CONFECIONAMOS UNHA ESTRELA DE NEVE COMBINANDO CORES E TAMAÑOS.
ALGO SEMELLANTE A ISTO E QUE QUEDARÁ PARA DECORAR A AULA OU A CASA
* EDUCACIÓN FÍSICA: A PROFE PAULA DEÍXANOS ESTE VÍDEO PARA QUE PRACTIQUEDES DIFERENTES POSTURAS.
* LECTURA: E DESPEDIMOS ESTA SEMANA, NA QUE TANTO FALAMOS DOS REIS MAGOS E DOS AGASALLOS QUE NOS TROUXERON, CON ESTA HISTORIA DE MARTIÑO E A AVENTURA QUE LLE ACONTECEU NESA NOITE MÁXICA
BOA FIN DE SEMANA!! UN DÍA MENOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario