BO DÍA!!!
IMOS A POR ESTE MARTES CON ESTAS PROPOSTAS:
* HORA DE LER: COLLEDE A LECTURA QUE VOS APETEZA E ADICÁDELLE UNS MINUTOS.
* RUTINAS:
- O DÍA SEMANA: DEIXO A CANCIÓN PARA REPASAR OS DÍAS DA SEMANA
- ESCOLLEDE O CARTEL QUE CORRESPONDE AO DÍA DE HOXE, FIXÁNDOVOS NA INICIAL.NON ESQUEZADES BUSCAR TAMÉN O DO DÍA QUE FOI ONTE E O DO DÍA QUE SERÁ MAÑÁN
PODEDES COPIALOS,DESCARGAR AS IMAXES OU DIRECTAMENTE DA PÁXINA Apego.gal
- O TEMPO: ASOMÁMONOS Á VENTÁ OU Á PORTA PARA VER QUE DÍA VAI HOXE. ESCOLLEMOS ENTRE VARIAS OPCIÓNS. AS QUE USAMOS NA CLASE SON AS DE Apego.gal
- CALENDARIO: NO CALENDARIO, QUE RECORDO QUE PODEDES DESCARGAR AQUÍ, ESCRIBIDE O NÚMERO DO DÍA DE HOXE E COLOREADE A CELDA COMO MÁIS VOS GUSTE 25
- ASAMBLEA: REPASAMOS A INFORMACIÓN QUE OBTIVEMOS ONTE NO VÍDEO SOBRE O ANTIGO EXIPTO E PRACTICAMOS CON PEZAS COM CONSTRUÍR UNHA PIRÁMIDE.
* GRAFOMOTRICIDADE: DEBUXAMOS A NOSA PROPIA PIRÁMIDE. PARA ISO COMEZAMOS FACENDO UN PUNTIÑO ARRIBA, NA METADE DO PAPEL, E DOUS SEPARADOS ABAIXO. UNIMOS E XA TEMOS A FORMA TRIANGULAR DA PIRÁMIDE.
DESPOIS, E COMEZANDO DE ARRIBA PARA ABAIXO, TRAZAREMOS PRIMEIRO LIÑAS HORIZONTAIS E LOGO DIVIDIRÉMOLAS CON LIÑAS VERTICAIS DE XEITO QUE FORMEMOS "PEDRAS" ATA COMPLETAR A PIRÁMIDE. POR ÚLTIMO COLOREAMOS, MELLOR CON ACUARELAS PARA QUE SE VEXAN AS PEDRAS.
- LECTOESCRITURA: ORDENAMOS AS LETRAS EN GOMETS OU ANAQUIÑOS DE PAPEL ATA COMPLETAR A PALABRA PIRÁMIDE. LOGO PEGAMOS POR ORDE NO PAPEL DO DEBUXO
- RELIXIÓN: A PROFE DE RELI DEÍXANOS ESTE VÍDEO PARA QUE O VEXADES E POIDADES CONVERSAR SOBRE O QUE NOS CONTA
ATA MAÑÁ!! UN DÍA MENOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario