BO DÍA A TODAS E A TODOS!!
COMEZAMOS SEMANA E ESTA É MOI ESPECIAL PORQUE,POR FIN, PODEDES SAÍR U RATIÑO CADA DÍA A PASEAR E A XOGAR FÓRA! DISFRUTÁDEO MOITO!!!
IMOS COAS PROPOSTAS
*HORA DE LER: LEDE O QUE MÁIS VOS APETEZA
*O DÍA DA SEMANA: RECORDAMOS OS NOMES DE TODOS OS DÍAS POR ORDE, SELECIONAMOS O DE HOXE RECOÑECENDO A SÚA INICIAL. BUSCAMOS TAMÉN O DÍA DE ONTE E O DE MAÑÁN.
DEIXO ESTA CANCIÓN POR SI QUEREDES USALA
*O TEMPO: OBSERVAMOS E DECIDIMOS A TARXETA AXEITADA.
*CALENDARIO:CONTAMOS DENDE O PRINCIPIO ATA HOXE, PEDINDO AXUDA AOS ADULTOS CANDO PRECISEMOS, E COLOREAMOS O DÍA DE HOXE 24
*ASAMBLEA: COMA TODOS OS LUNS FALAMOS SOBRE O QUE FIXEMOS NA FIN DE SEMANA E EXPLICAMOS CAL FOI A ACTIVIDADE QUE MAIS NOS GUSTOU.
*PROXECTO: SEGUINDO COA VIAXE POR ÁFRICA QUE FAREMOS DURANTGE ESTE TRIMESTRE, HOXE CHEGAMOS A UN NOVO PAÍS: EXIPTO
PRIMEIRO BUSCAMOS NO MAPA CAL É O SEU NOME E LOGO O ESCRIBIMOS DESPOIS DA FRECHA
COMPLETA COAS PALABRAS EXIPTO E ÁFRICA
* AUDIOVISUAL: VEMOS ESTE VÍDEO INFORMATIVO FIXÁNDONOS BEN E COMENTANDO OS DATOS QUE NOS VAI APORTANDO
*LINGUAXE ORAL: COMENTAMOS TODAS AS COUSAS QUE SABEMOS DE EXIPTO E APUNTAMOS AS PALABRAS CLAVE, POR EXEMPLO: PIRÁMIDE, FARAÓN, DESERTO, MOMIA, ETC.
*PLÁSTICA: DEBUXAMOS UN PAISAXE DE EXIPTO EN FUNCIÓN DO QUE COMENTAMOS E DO VÍDEO
ATA MAÑÁ!! UN DÍA MENOS!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario