BO DÍA CHIC@S!
DEIXO AS PROPOSTAS PARA ESTE XOVES!
* HORA DE LER: ESCOLLEDE UNHA LECTURA, A QUE VOS GUSTE. PODE SER UN XORNAL, REVISTA, CONTO...E ADICÁDELLE 5 MINUTIÑOS A "LER" DE XEITO AUTÓNOMO
* RUTINAS:
- O DÍA SEMANA: REPASAMOS A CANCIÓN E ESCOLLEMOS O CARTEL CO NOME DE HOXE, DE ONTE E DE MAÑÁN, FIXÁNDONOS NA LETRA INICIAL DE CADA
RECORDADE QUE PODEDES EMPREGAR TAMÉN ESTA CANCIÓN DE MAMÁ CABRA
- O TEMPO: OBSERVAR O DÍA POLA VENTÁ E SELECIONAR O DEBUXO CORRESPONDENTE
* ASAMBLEA: HOXE FALAMOS SOBRE COMO SE COMUNICABAN NO ANTIGO EXIPTO E, RECORDANDO O QUE VIMOS NOS VÍDEOS E MAIS O QUE ATOPAMOS INVESTIGANDO NOS LIBROS, CHEGAMOS Á CONCLUSIÓN QUE O FACÍAN CON DEBUXOS! CADA DEBUXO ERA ALGO SEMELLANTE A UNHA LETRA DAS QUE NÓS EMPREGAMOS AGORA PARA ESCRIBIR, QUE COMBINADOS ENTRE SÍ COMPUÑAN FRASES.
ESTE TIPO DE ESCRITURA SE CHAMAN "XEROGLÍFICOS", UNHA PALABRA COMPLICADA E CON MOITAS LETRAS.
*LECTOESCRITURA: PRIMEIRO PROBAREMOS A COMBINAR GOMETS OU ANAQUIÑOS DE PAPEL COAS LETRAS QUE COMPOÑEN A PALABRA "XEROGLÍFICO".
LOGO PROBAMOS A DESCIFRAR UN! INTÉNTAO!!!
Jeroglificos egipcios, una ficha interactiva de olgafn
liveworksheets.com
liveworksheets.com
AGORA PROBA A ESCRIBIR O TEU NOME COS SÍMBOLOS EXIPCIOS, A VER QUE CHULO CHE QUEDA!
* INGLÉS: RECÓRDOVOS QUE O TEACHER TEN NO SEU BLOG OS RECURSOS QUE EMPREGA NA CLASE. PREME AQUÍ E ACCEDE AO CONTIDO
*P.E.L.O: PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL. A MESTRA PAULA DEÍXANOS ESTE ARQUIVO PARA QUE, EN CADA DIAPOSITIVA, RAZOEDES CAL É O OBXECTO QUE SOBRA E POR QUÉ CREDES QUE É ASÍ
ATA MAÑÁ!! UN DÍA MENOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario