Páginas

martes, 31 de marzo de 2020

PROPOSTAS MARTES 31 MARZO

BO DÍA!

COMEZAMOS, COMO É HABITUAL POLAS RUTINAS.


*HORA DE LER: @S PEQUEN@S ESCOLLEN O QUE QUEREN LER E RESPETAMOS O SEU TEMPO ACOMPAÑANDO@S NO PROCESO SI QUEREMOS.

*O DÍA DA SEMANA: RECORDAMOS OS NOMES DE TODOS POR ORDE, SELECIONAMOS O DE HOXE RECOÑECENDO A SÚA INICIAL. BUSCAMOS TAMÉN O DÍA DE ONTE E O DE MAÑÁN.
DEIXO ESTA CANCIÓN POR QUEREDES USALA


*O TEMPO: OBSERVAMOS E DECIDIMOS A TARXETA AXEITADA.



*CALENDARIO:CONTAMOS DENDE O PRINCIPIO ATA HOXE, PEDINDO AXUDA AOS ADULTOS CANDO PRECISEMOS, E COLOREAMOS O DÍA DE HOXE 31


*ASAMBLEA: HOXE PROPOÑO QUE FALEMOS SOBRE AS FORMAS XEOMÉTRICAS. CALES COÑECEMOS, AS QUE MÁIS NOS GUSTAN, QUE COUSAS COÑECEMOS CON ESAS FORMAS, CANTOS LADOS TEÑEN...  AS FORMAS XEOMÉTRICAS NAS QUE NOS CENTRAMOS SON CÍRCULO, CADRADO E TRIÁNGULO.
PODEMOS BUSCAR POLA CASA UN OBXECTO DE CADA UNHA DESTAS  3 FORMAS.

*EDUCACIÓN FÍSICA: A MESTRA ESPECIALISTA PAULA DEIXOUNOS UN DOCUMENTO COA PLANIFICACIÓN A SEGUIR NESTA SESIÓN. PREMEDE NESTE ENLACE

*RUTINAS DE ASEO E MERENDA: HOXE MERENDAMOS FROITA

*MOTRICIDADE FINA E ATENCIÓN:  EN PRIMEIRO LUGAR PROPOÑO QUE TRACEDES NUN PAPEL VÓS MESMOS AS FORMAS XEOMÉTRICAS DAS QUE FALAMOS: UN CÍRCULO, UN CADRADO E UN TRIÁNGULO. (OS ADULTOS PODEN TRAZAR PREVIAMENTE NOUTRO PAPEL PARA SERVIRLLE DE MODELO)
LOGO FAREMOS UNHA FORMA DE CADA, PERO DESTA VEZ EMPREGANDO DISTINTOS MATERIAIS PARA FACER OS CONTORNOS DAS FIGURAS, COMO LENTELLAS, GARAVANZOS, BOTÓNS, OU O QUE QUEIRADES E ATOPEDES POLA CASA. DEIXO UN EXEMPLO QUE FIXEN NA CASA

 *HORA DO CONTO: PARA HOXE PROPOÑO O CONTO DO ELEFANTE ELMER, MOI AXEITADO POLO SEU DESEÑO E MOI COLORIDO, PARA SEGUIR ALIÑA DE ONTE. ADEMÁIS TRATA SOBRE A DIVERSIDADE E A IMPORTANCIA DE SER COMO SOMOS E ACEPTAR AOS OUTR@S TAL E COMO SON. DISFRUTÁDEO


DEIXO UN ELMER EN BRANCO PARA QUE O COLOREEDES COMO MÁIS VOS GUSTE, EMPREGANDO UNHA MOREA DE CORES DIFERENTES.

*LECTOESCRITURA: XA COÑECEDES TODAS AS LETRAS QUE COMPOÑEN O NOME DE ELMER ASÍ QUE ESCRIBÍDEO ENRIBA
DEIXO AQUÍ O ENLACE AO DEBUXO NUN  DOCUMENTO POR SI O QUEREDES IMPRIMIR  ELMER

ENVIÁDEME AS VOSAS CREACIÓNS, A VER QUE CHULADAS ARTELLADES!


UN DÍA MENOS!!!                     ATA MAÑÁ!!









lunes, 30 de marzo de 2020

PROPOSTAS LUNS 30 MARZO

BO DIA!

COMEZAMOS NOVA SEMANA E ALÁ IMOS COAS PROPOSTAS PARA HOXE:

*HORA DE LER: @S PEQUEN@S ESCOLLEN O QUE QUEREN LER E RESPETAMOS O SEU TEMPO ACOMPAÑANDO@S NO PROCESO SI QUEREMOS.

*O DÍA DA SEMANA: RECORDAMOS OS NOMES DE TODOS POR ORDE, SELECIONAMOS O DE HOXE RECOÑECENDO A SÚA INICIAL. BUSCAMOS TAMÉN O DÍA DE ONTE E O DE MAÑÁN.

*O TEMPO: OBSERVAMOS E DECIDIMOS A TARXETA AXEITADA.

*CALENDARIO:CONTAMOS DENDE O PRINCIPIO ATA HOXE, PEDINDO AXUDA AOS ADULTOS CANDO PRECISEMOS, E COLOREAMOS O DÍA DE HOXE 30

*ASAMBLEA: DENDE QUE COMEZOU A PRIMAVERA NON DEIXAMOS DE ENCHER TODO DE CORES: FLORES,ARCO DA VELLA,BOLBORETAS... PERO DE TODAS AS QUE HAI SEGURO QUE TEMOS ALGUNHA QUE NOS GUSTA ESPECIALMENTE, ASÍ QUE HOXE FALAREMOS DA NOSA COR FAVORITA. ESCOLLEREMOS UNHA, EXPLICAMOS POR QUE É A QUE MÁIS NOS GUSTA, QUE COUSAS COÑECEMOS QUE SEXAN DESA COR E MESMO PODEMOS BUSCAR POLA CASA 3 OBXECTOS DA NOSA COR PREFERIDA.  TAMÉN PODEMOS FACER O MESMO PREGUNTANDO Á XENTE DA CASA POLOS SEUS GUSTOS E BUSCANDO OBXECTOS DESAS CORES

DEIXO ESTA CANCIÓN DAS CORES FAVORITAS PARA QUE SIRVA DE MOTIVACIÓN


*INGLÉS: O TEACHER RAFA DEIXOU UNHA LISTA CON CANCIÓNS E CONTOS PARA QUE SIGADES PRACTICANDO INGLÉS NA CASA. SELECIONEI ESTE CONTO PERO PODEDES BUSCAR CALQUERA OUTRO DA LISTA



DEIXO A MESMA CANCIÓN DAS CORES FAVORITAS DE MOTIVACIÓN EN INGLÉS

*RUTINAS ASEO E MERENDA: HOXE COMEMOS GALLETAS OU CEREAIS

* HORA DO CONTO: A PARTIRES DESTE CONTO TAN CHULO, PROTAGONIZADO POR UN CÍRCULO AZUL E OUTRO AMARELO, DAREMOS PÉ A REFLEXIONAR SOBRE COMO PODEMOS OBTER NOVAS CORES, QUE PASA SE MESTURAMOS, CALES SE PODEN XUNTAR...


ESTE OUTRO VÍDEO DANOS UNHA EXPLICACIÓN CLARIÑA DAS POSIBLES COMBINACIÓNS. ATREVÉMONOS??


AGORA XA ESTAMOS PREPARAD@S PARA CREAR NOVAS CORES.  RECORDADE IR NOMEANDO CADA UNHA DAS QUE COÑECEMOS E DAS QUE OBTEMOS MESTURANDO.
CORES PRIMARIAS: VERMELLO, AMARELO E AZUL
CORES SECUNDARIAS: LARANXA, VIOLETA E VERDE.


POR ÚLTIMO  FAREMOS UN DESEÑO, DEBUXO, COLOREADO,COLLAGE....O QUE DECIDADES, EMPREGANDO A MAIOR VARIEDADE DE CORES POSIBLE.
VEREMOS QUE OBRAS DE ARTE SAEN DAS VOSAS CABECIÑAS!!  ENVIÁDEME!

*ATENCIÓN: NESTE DÍAS DE PRIMAVERA OS PAXAROS ANDAN TOLIÑOS! MIRADE ESTE QUE MESTUROU OS OBXECTOS DO CADRO DE ARRIBA POLO MEDIO DA HERBA. SODES QUEN DE ATOPALOS TODOS??  CANTOS HAI??  QUE SON??
PODEDES MARCALOS NA PANTALLA OU IMPRIMIR E COLOREALOS. LOGO ENVÍAME!


UN DÍA MENOS!!!                       ATA MAÑÁ!

AS CORES DO ARCO DA VELLA


AINARA ETIQUETOU VARIOS OBXECTOS DA SÚA CASA

AINHOA ATOPOU XOGUETES DAS SETE CORES




ZOE ATREVEUSE CUN EXPERIMENTO.
SE QUERES VER COMO O FIXO PREME AQUÍ

SOFÍA BUSCOU  PERO TAMÉN ESCRIBIU OS NOMES DAS CORES

GRANDE - MEDIANO - PEQUENO

AQUÍ ESTÁ O COLORIDO AGRUAMENTO QUE FIXO GAEL

AINARA EMPREGOU BOTELLAS DE AUGA, ETIQUETOUNAS E TODO!


SOFÍA UTILIZOU BEBÉS, XA QUE OS TEN DE TODOS OS TAMAÑOS


PAULA TAMÉN BUSCOU OS TAMAÑOS ENTRE OS SEUS PELUCHES


ZOE AGRUPOU AS PEDRAS SEGUNDO O SEU TAMAÑO

domingo, 29 de marzo de 2020

AS NOSAS CASIÑAS

ESTAS SON AS CASASTAN CHULAS QUE CONFECIONARON,NAS QUE LEVAMOS AGORA TANTOS DÍAS E DONDE COMPARTIMOS BOÍSIMMOS MOMENTOS COAS NOSAS FAMILIAS!

A CASIÑA DE AROA TEN MOITÍSIMOS DETALLES


PREME NA IMAXE PARA VER QUEN ESTÁ DENTRO DA CASA DE SOFÍA

viernes, 27 de marzo de 2020

PROPOSTAS VENRES 27 MARZO

BO DÍA!

IMOS COAS PROPOSTAS PARA O DERRADEIRO DÍA DESTA SEMANA.  ÁNIMO!

*HORA DE LER

*O DÍA DA SEMANA: RECORDADE SEMPRE O ANTERIOR E O SEGUINTE.

*O TEMPO

*O CALENDARIO: CONTAMOS DENDE O PRINCIPIO E COLOREAMOS O DE HOXE  27


*ASAMBLEA: NON PODEMOS REMATAR ESTA PRIMEIRA SEMANA DA PRIMAVERA SIN FALAR  DO ARCO DA VELLA.  É UN FENÓMENO ÓPTICO QUE A TOD@S NOS FASCINA ASÍ QUE HOXE FALAREMOS DISO NA ASAMBLEA. PRIMEIRO SERÁN @S PEQUES QUEN EXPOÑAN AS SÚAS IDEAS SOBRE O QUE É, COMO SE FORMA, AS SÚAS CORES, ETC.  EN SEGUNDO LUAR IREMOS DÁNDOLLES RESPOSTAS, OFRECENDO POSIBILIDADES E GUIANDO A CONVERSA. POR ÚLTIMO PODEDES VER ESTE VÍDEO EXPLICATIVO DO PROCESO

* AS CORES: A PARTIRES DO ARCO DA VELLA IMOS TRABALLAR COAS SÚAS CORES:

- VERMELLO / ROJO
- LARANXA /NARANJA
- AMARELO /AMARILLO
- VERDE
- CIÁN / CELESTE
- AZUL / AÑIL
- VIOLETA


PRIMEIRO DEIXAMOS QUE @S NEN@S IDENTIFIQUEN E NOMEEN AS CORES DO ARCO DA VELLA. LOGO PODEMOS ESCRIBIRLLE OU AXUDARLLES A ESCRIBIR CADA NOME NUN PAPEL, A MODO DE TARXETA.
COMO DERRADEIRA ACTIVIDADE DEBERÁN BUSCAR POLA CASA UN OBXECTO DE CADA COR E COLOCARLLE A CORRESPONDENTE TARXETA.

PODEDES ENVIAR FOTIÑOS DE TODO O QUE ATOPEDES PARA ESTE "ESPECIAL" ARCODA VELLA!

*RUTINAS DE HIXIENE E MERENDA: HOXE, COO É VENRES, É DÍA LIBRE E ESCOLLEMOS O QUE QUEREMOS MERENDAR. AO REMATAR LAVO BEN OS DENTES

*EDUCACIÓ MUSICAL: PARA A SESIÓN DE MÚSICA DE HOXE A PROFE PATRI PROPÓN SEGUIR COA CANCIÓN QUE ESTABADES VENDO O ÚLTIMO DÍA NO COLE. 
"MIÑA ABUELA MANUELA"  DE MIGALLAS

*EXPERIMENTOS: DEIXO ENLACES A SINXELOS  EXPERIMENTOS SOBRE O ARCO DA VELLA POR SI VOS ANIMADES A FEDELLAR. PREMEDE NAS IMAXES.

ARCO DA VELLA CON LACASITOS / M"MS / SKITTLES



ARCO DA VELLA CO REFLEXO DA LUZ
ARCO DA VELLA LÍQUIDO CON COLORANTE


* HORA DE LER: COMA TODOS OS VENRES HOXE TAMÉN LEVAMOS PARA A CASA UN LIBRO DA NOSA BIBLIOTECA DE AULA. ESTA SEMANA DISFRUTAREMOS DA AVENTURA DA CEBRA CAMILA, UNHA HISTORIA DE MARÍA LUÍSA NÚÑEZ E ILUSTRADA POLO XA COÑECIDO OSCAR VILLÁN.


COMO ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA PARA A FIN DE SEMANA PROPOÑO QUE DESEÑEDES A VOSA PROPIA CEBRA CAMILA, CON TODOS AQUELES  ADOBÍOS QUE TEÑADES POLA CASA PARA DEIXARLLE UN FERMOSO TRAXE NOVO!

UN  DÍA  MENOS !!!                                   BOA FIN DE SEMANA!!

jueves, 26 de marzo de 2020

PROPOSTAS XOVES 26 MARZO

BO DÍA!!

COMEZAMOS COMA SEMPRE COAS RUTINAS

*HORA DE LER: "LECTURA"  SILENCIOSA E AUTÓNOMA ESCOLLIDA POL@ NEN@. PODEDES COMPARTIR O MOMENTO LECTOR ACOMPAÑANDO E MODELANDO.

*DÍA DA SEMANA: ESCOLLEMOS O QUE CORRESPONDE, FIXÁMOS NA LETRA INICIAL E BUSCAMOS TAMÉN CAL FOI ONTE E CAL SERÁ MAÑÁN.
VOLVODEIXAR AS TARXETAS QUE EMPREGAMOS NA AULA POR SI QUEREDES IMPRIMIR OU COPIAR.
 
 ENLACE DESCARGA

*TEMPO METEOROLÓXICO: OBSERVAR E SELECIONAR


* CALENDARIO: CONTAMOS ATA CHEGAR AO DÍA QUE CORRESPONDE, DESCIFRAMOS QUE DOUS NÚMEROS O COMPOÑEN E COLOREAMOS A CELDA CORRESPONDENTE.  26

*ASAMBLEA: A PROPOSTA DE TEMA PARA HOXE SON AS PLANTAS.  XA ESTAMOS VENDO ESTE DÍAS QUE AS PLANTAS ESTÁN BROTANDO, SAEN AS FLORES, AS ÁRBORES TEÑEN NOVAS FOLLAS....TODO ISTO ESTÁ PASANDO PORQUE CHEGOU A PRIMAVERA!! LANZAREMOS PREGUNTAS PARA PROVOCAR QUE RAZOEN TIPO:

- POR QUE CRES QUE BROTAN NA PRIMAVERA
- COMO VIVIRON DURANTE O INVERNO
- QUE COMEN AS PLANTAS
- COMO PODEMOS COIDALAS
- CALES CHE GUSTAN MÁIS E POR QUE
- CALQUERA OUTRA QUE SE VOS OCORRA
O QUE SE PRETENDE É QUE REFLEXIONEN E QU ESE EXPRESEN. O ADULTO ESCOITA, GUÍA A CONVERSA E ARGUMENTA, PERO NUNCA DESESTIMA UN ARGUMENTO D@
PEQUEN@ SI NON QUE OFRECE ALTERNATIVAS RAZOADAS PARA REORIENTAR A IDEA

*EDUCACIÓN FÍSICA: VOLVO DEIXAR O ENLACE AO DOCUMENTO QUE ENVIOU A PROFE PAULA PARA A SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE PREVISTA PARA HOXE.
PREME AQUÍ

*RUTINAS DE HIXIENE :LAVAR AS MANS ANTES DE MERENDAR E OS DENTES E AS MANS AO FINALIZAR
VOLVO DEIXAR O VÍDEO DE MIGALLAS PARA REPASAR O NOME DOS DEDOS MENTRES LAVAN AS MANS



* MERENDA: RECORDADE QUE OS XOVES MEREDAMOS LÁCTEOS.

*LECTOESCRITURA: A PARIRES DO QUE FALAMOS NA ASAMBLEA E DA LÁMINAMOTIVADORA, TRABALLAREMOS A PARTIRES DA PLANTA COAS PALABRAS CLAVE: RAÍZ, TALO, FOLLAS E FLOR


-A PARTIRES DO DEBUXO ANALIZAR AS PARTES DA PLANTA E INTENTAR NOMEAR AS SUAS PARTES, NUN PRIMEIRO INTENTO SIN AXUDA. LOGO PODEMOS INTERVIR SI NON RECOÑECEN ALGUNHA DAS PARTES
-ESCRIBIRLLES EN TARXETAS OS NOMES DE CADA PARTE E DEBEN LOCALIZAR O SEU SITIO CORRESPONDENTE
-DESCOMPOÑER CADA PALABRA EN LETRAS, CADA LETRA NUN PAPELIÑO. @S PEQUEN@S DEBEN REORGANIZALAS ATA FORMAR AS PALABRAS
-ESCRIBIR ELES MESM@S AS PARTES DA PLANTA NUN DEBUXO QUE LLE FAGADES OU NESTA PLANTILLA

* CREATIVIDADE: DEBUXAR  OU COMPOÑER UNHA PLANTA CON TODAS AS SÚAS PARTES. DEIXO ALGUNHAS IDEAS POR SI VALEN DE INSPIRACIÓN





















* EXPERIMENTO: PARA PODER COMPROBAR COMO CRECEN AS PLANTAS VER MÁIS CLARAMENTE AS SÚAS PARTES NADA MELLOR QUE FACER NÓS MESM@S  UN EXPERIMENTO E PODER VIVIR TODO O PROCESO DA PLANTA DENDE A SEMENTE.   PARA ISO IMOS PROBAR A XERMINAR LENTELLAS! É UN EXPERIMENTO MOI SINXELO PERO SÚPERVISUAL E BEN SEGURO QUE LLES VAI ENCANTAR.  DEIXO UN VÍDEO PARA QUE SIGADES O PROCESO PASO A PASO.


NOS VINDEIROS DÍAS IREMOS OBSERVANDO E REXISTRANDO O PROCESO DE NACEMENTO E CRECEMENTO DAS NOSAS PLANTIÑAS


RECORDADE QUE PODEDES ENVIARME FOTIÑOS OU VÍDEOS DO QUE ANDAN A FEDELLAR  ESTES PEQUECH@S. EN BREVE  FAREI UNHA NOVA ENTRADA CON TODO O QUE ME ESTADES ENVIANDO.  MOITÍSIMAS GRAZAS

UN DÍA MENOS!!!         ATA  MAÑÁ!

miércoles, 25 de marzo de 2020

PROPOSTAS MÉRCORES 25 MARZO

BO DÍA!

COMEZAMOS,COMA SEMPRE COAS RUTINAS

*HORA DE LER

*O DÍA DA SEMANA


*O TEMPO:




* O CALENDARIO:
COLOREAMOS A CELDA CORRESPONDENTE AO DÍA DE HOXE. 25

* ASAMBLEA: SEGUINDO O FÍO DO QUE FALAMOS ONTE, DA FAMILIA, HOXE PROPOÑO TRATAR AS CARACTERÍSTICAS FÍSICAS DAS PERSOAS. 
COMO SEMPRE DICIMOS NA CLASE TOD@S SOMOS IGUAIS, AUNQUE FÍSICAMENTE SEXAMOS ALGO DIFERENTES, XA QUE TEMOS CARACTERÍSTICAS PROPIAS. PODEMOS COMEZAR POR DESCRIBIRNOS A NÓS MESM@S, EMPREGADE UN ESPELLO SI QUEREDES E TRATANDO ASPECTOS COMO A ALTURA, A COMPLEXIÓN, A COR E TAMAÑO DO PELO, A COR DOS OLLOS, ALGÚN SINAL DISTINTIVO... E PODEMOS COTINUAR DESCRIBINDO TAMÉN AOS NOSOS FAMILIARES, TENTANDO RECORDAR O MAOIR NÚMERO DE RASGOS POSIBLE.

AO REMATAR PODEDES FACER UN DEBUXO DE VOS MESM@S, CON TODOS ESES DETALLES QUE TEDES NO CORPO E NA CARA. A VER QUE CHULADAS ARGALLADES!

* ATENCIÓN:  HOXE DEÍXOVOS ESTA LÁMINA DUNHA PAISAXE PRIMAVERAL PARA QUE XOGUEDES A BUSCAR NA IMAXE TODOS OS OBXECTOS QUE APARECEN NA MARXE INFERIOR. VEÑA, MOITA ATENCIÓN DETECTIVES, QUE NO É TAREFA FÁCIL!


* INGLÉS: DA LISTA QUE NOS DEIXOU O TEACHE RAFA HOXE PROPOÑO ETA CANCIÓN PARA TRABALLAR AS PARTES DO CORPO. NON VALE CANTAR SIN BAILAR TOCANDO CABEZA, OMBREIROS, XEONLLOS E PÉS!


* MERENDA E RUTINAS DE HIXIENE:  RECORDADE QUE HOXE,MÉRCORES, MERENDAMOS BOCADILLO E QUE PODEDES FACELO VOS MESM@S!

PARA A RUTINADE LAVAR AS MANS DEIXO ESTA CANCIÓN DE MIGALLAS COA QUE, ADEMÁIS DE DEIXAR AS MANS LIMPÍSIMAS, APRENDEMOS OS NOMES DE TODOS OS DEDOS!!!  PREMENA IMAXE


* ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL: A PROFE  PAULA, PARA A SESIÓN DESTA SEMANA, FAINOS UNHAS PROPOSTAS MOI DIVERTIDAS PARA XOGAR COAS PALABRAS E EXERCITAR OS MÚSCULOS DA BOCA E A CARA. PREMEDE NAIMAXE PARA ACCEDER AO DOCUMENTO


* HORA DO CONTO: QUE MELLOR MANEIRA DE DESPEDIR A XORNADA QUE CUN CONTO! E QUE MELLOR CONTO PARA TRATAR OS TAMAÑOS QUE "CHIBOS CHIBÓNS"!
AQUÍ O DEIXO PARA QUE O DISFRUTEDES

A DERRADEIRA PORPOSTA DE HOXE PARA EST@S PEQUEN@S DETECTIVES É QUE BUSQUEDES POLA VOSA CASA 3 OBXECTOS: 1 GRANDE, 1 MEDIANO E 1 PEQUENO.  COLOCÁDEOS XUNTOS E ENVIÁDEME A FOTO, ASÍ PODEMOS VER TOD@S AS COUSIÑAS QUE ATOPASTES.


UN DÍA MENOS!!!        ATA MAÑÁ!

martes, 24 de marzo de 2020

PROPOSTAS MARTES 24

BO DÍA A TOD@S!!

IMOS COAS PROPOSTAS DE HOXE

*  HORA DE LER:  ESCOLLEN O QUE QUEREN "LER"  E PERMITIMOS O  TEMPO E  O ESPAZO QUE PRECISEN.


* RUTINAS:
  • O DÍA SEMANA:  REPASAMOS A CANCIÓN E A LETRA INICIAL DE CADA DÍA 
RECORDADE QUE PODEDES EMPREGAR TAMÉN ESTA CANCIÓN DE MAMÁ CABRA
  • O TEMPO: OBSERVAR O DÍA POLA VENTÁ E SELECIONAR O DEBUXO CORRESPONDENTE   
                                                         

  • O NÚMERO DO DÍA: CONTAR DENDE O PRINCIPIO E COLOREAR O NÚMERO CORRESPONDENTE   24                                                                                            AQUÍ A PLANTILLA PARA DESCARGAR. (HAI QUE ESCRIBIRLLE OS NÚMEROS)  
* ASAMBLEA: NESTES  DÍAS NOS QUE NOS VEMOS OBRIGADOS A FICAR NA CASA, COAS PERSOAS  QUE NOS CUIDAN, PERO LONXE DE OUTRAS QUE NOS QUEREN, É PRECISO QUE FALEMOS C@S PEQUEN@S  SOBRE A FAMILIA. ESA É A PROPOSTA PARA A ASAMBLEA DE HOXE.  
     -  NOMEAR  AOS COMPOÑENTES DA NOSA FAMILIA
     -  CONTAR CANTOS SOMOS NA CASA 
     -  RECORDAR OS NOMES DE FAMILIARES
     -  APOIAR CON FOTOS DAQUELES FAMILIARES COS QUE NESTE MOMENTO NON PODEMOS ESTAR FÍSICAMENTE
      - RECORDAR OS GRAOS DE PARENTESCO
      - REFLEXIONAR SOBRE O ROL QUE CADA QUEN DESENVOLVE
      - RAZOAR E COMENTAR UN RASGO POSITIVO DE CADA FAMILIAR

* LECTOESCRITURA: APROVEITANDO  O TEMA DA ASAMBLEA, NO QUE FALAREMOS DE MOITOS NOMES QUE SON MOI MOTIVADORES PARA ELES, PODEMOS COMPLETAR A ACTIVIDADE ESCRIBINDO OS NOMES.  
EMPEZAREMOS TRABALLANDO AS INICIAIS. PARA ISO PRONUCIAMOS O NOME, MARCAMOS CON ESPECIAL ÉNFASE A PRIMEIRA LETRAS E REFORZAMOS CON EXEMPLOS DE PALABRAS QUE COÑECEN QUE EMPEZAN IGUAL, TENTANDO ASÍ QUE "ADIVIÑEN" DE QUE LETRA SE TRATA.   CANDO A TEÑAN RECOÑECIDA DEBERÁN ESCRIBILA, E PARA ISO HOXE EMPREGAREMOS FARIÑA,AZÚCRE, AREA, ANAQUIÑOS DECANA DE BEBER, CONFETI....O QUE QUEIRADES

Resultado de imagen de ESCRIBIR CON HARINA
ESTA É A IDEA
NO CASO DE NON CONSEGUIR DAR COA LETRA QUE BUSCAMOS, ESCRIBIRÉMOSLLA NUN PAPEL PARA QUE POIDAN COPIALA,
SI QUEREN PODEN COMPLETARA ACTIVIDADE ESCRIBINDO UN LISTADO CON TODOS OS NOMES QUE COÑECEN.

*MERENDA: LAVAR AS MANS ANTES E DESPOIS DE MERENDAR A FROITA QUE TOCA HOXE. RECORDAR LAVAR OS DENTES TAMÉN (3 VECES AO DÍA)

* EDUCACIÓN FÍSICA: LÉMBROVOS A IMPORTANCIA DA ACTIVIDADE FÍSICA DIARIA ESTA IDADE, MÁIS SI CABE NESTES DÍAS DE "ENCERRO" . A PROFE PAULA,ESPECIALISTA ENEDUCACIÓNFÍSICA REMITIU ESTE DOCUMENTO NO QUE O ESPLICA E DESEÑA UNHA SESIÓN COMPLETA PARA QUE LEVEDES A CABO NA CASA
PREME AQUÍ

* RELIXIÓN E EDUCACIÓN EN VALORES:
PARA AQUELES NENOS E NENAS QUE ESCOLLERON CLASE DE RELIXIÓN A PROFE ESTHER ENVIOU UN DOCUMENTO COAS PROPOSTAS DA SÚA MATERIA.PREME EN

PARA AQUELAS NENAS E NENOS QUE ESCOLLERON ALTERNATIVA Á RELIXIÓN PROPOÑO UNHA ACTIVIDADE PLÁSTICA, QUE COMPLEMENTE ÁS PRPOSTAS DE HOXE. CONFECIONAREMOS UNHA CASIÑA DE PAPEL, QUE CADA QUEN DECORARÁ AO SEU GUSTO E DEBUXAREMOS DENTRO AOS MEMBROS DA NOSA FAMILIA, EXPLICANDO QUE É O QUE MÁIS NOS GUSTA COMPARTIR CON CADA UNHA DESAS PERSOAS
TITORIAL AQUÍ
RECORDADE QUE PODEDES ENVIARME OS TRABALLIÑOS QUE VAIAN FACENDO PARA PUBLICALOS E COMPARTILOS COAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS, QUE SE SIGAN SENTINDO GRUPO! 

DEIXO POR AQUÍ TAMÉN OS ENLACES  A OUTROS BLOGS DO COLE CON CONTIDO INTERESANTE E QUE PODEDES CONSULTAR
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN  https://orientacionleirado.blogspot.com/


UN DÍA MENOS!!!        ATA MAÑÁ!



BENVIDA PRIMAVERA!

 ESTAS NENAS E NENOS DÉRONLLE A BENVIDA Á PRIMAVERA DECORANDO AS SÚAS CASAS SEGUNDO AS PROPOSTAS QUE FIXEMOS. MIRADE QUE FERMOSURA!!!

ASIER DECOROU CON TONOS MOI PRIMAVERAIS


 AINHOA  CREOU DÚAS FERMOSAS BOLBORETAS


SOFÍA TAMÉN DECOROU DÚAS!

CHULÍSIMO O COLLAGE CON MATERIAIS NATURAIS DE SOFÍA
A BOLBORETA DE ZOE E O PASO A PASO DE COMO O FIXO


CREACIÓN FLORAL DE BRAIS.  PREME PARA VER COMO O  FIXO


ZOE ATA ESCRIBIU OS NOMES CON FLORES!



ASIER ELABOROU UN COLLAGE CON MOITOS ELEMENTOS NATURAIS DO SEU XARDÍN

  MOI BEN POR TOD@S. SODES GRANDÍSIM@S ARTISTAS!

lunes, 23 de marzo de 2020

PROPOSTAS LUNS 23

BO DÍA!


AS PROPOSTAS PARA HOXE COMEZAN,COMA SEMPRE,  POLAS RUTINAS DIARIAS:


*  HORA DE LER:  LECTURA SELECIONADA POR ELES E DESENVOLTA DE XEITO "AUTÓNOMO" E SILENCIOSO. PODEDES ACOMPAÑALOS NESTE TEMPIÑO FACENDO TAMÉN A VOSA LECTURA INDIVIDUAL, SENDO MODELOS.

* RUTINAS:
  • O DÍA SEMANA: BUSCAN CAL É O NOME DO DÍA DE HOXE,POR QUÈ LETRA COMEZA, POR CAL ACABA OU CALES RECOÑECEN DAS QUE CONTÉN.      BUSCAN TAMÉN CAL FOI ONTE E CAL SERÁ MAÑÁN
  • O TEMPO: COMPROBAR E COMENTAR COMO ESTÁ O TEMPO HOXE E BUSCAR O DEBUXO CORRECTO                                                                       
  • O NÚMERO DO DÍA: CONTAR DENDE O PRINCIPIO, DENDE O NÚMERO 1, E COLOREAR O NÚMERO CORRESPONDENTE   23                                                                                           AQUÍ A PLANTILLA PARA DESCARGAR. (HAI QUE ESCRIBIRLLE OS NÚMEROS)     
* ASAMBLEA: HOXE PROPOÑO FALAR DA RECÉN CHEGADA PRIMAVERA. PRIMEIRO PREGUNTARLLES PARA COÑECER AS SÚAS IDEAS SOBRE O TEMA E LOGO PODEDES IR GUIANDO A CONVERSA E TRATAR PUNTOS COMA:
         - CAMBIOS NO TEMPO ATMOSFÉRICO
         - ANIMAIS PROPIOS DESTA ESTACIÓN
         - CAMBIOS NA NATUREZA E NA CONTORNA
         - AS PRENDAS DE VESTIR
         - OS FROITOS PROPIOS

CON TODO O FALADO PODEN FACER UN DEBUXO OU UN COLLAGE CON RECORTES DE REVISTAS NO QUE REPRESENTEN A PRIMAVERA E ENVIARMO PARA COMPARTILO NO BLOG E QUE TOD@S VEXAN AS CRECIÓNS D@S AMIG@S!!

*INGLES: NO LISTADO QUE COLGAMOS O OUTRO DÍA O TEACHER RAFA DEIXOUNOS MOITOS RECURSOS. PODEN REPASAR  OS NÚMEROS EMPREGANDO ESTA CANCIÓN


*MERENDA: HOXE MERENDAMOS GALLETAS OU CEREAIS.
RECORDADE AS RUTINAS DE HIXIENE ANTES E DESPOIS.

* LECER E RELAXACIÓN: DE  MÚSICA PARA A RELAXACIÓN DE HOXE PROPOÑO  A PRIMAVERA DE VIVALDI. DEIXO ESTA VERSIÓN EN MUSICOGRAMA POR SI, A PARTE  DE ESCOITALA NA RELAXACIÓN, QUEREDES EMPREGAR O VÍDEO PARA QUE LOGO O VEXAN.



*MOTRICIDADE FINA: PARA DARLLE A BENVIDA Á NOVA ESTACIÓN PROPOÑO DECORAR A CASA CON BOLBORETAS. PARA ISTO IMOS PRECISAR UN ROLO DE PAPEL HIXIÉNICO, UN FOLIO OU CALQUERA OUTRO PAPEL OU CARTOLINA, CERAS DE CORES OU ROTUS, UNHA TESOURA, E UN POUQUIÑO DE PEGAMENTO (CINTA ADHESIVA OU UNHA GRAPA TAMÉN VALE).  CON TODO ISTO MÁIS A IMAXINACIÓN PODEDES CREAR UNHAS FERMOSAS COMA AS DAS FOTOS.
1-DECORAR O ROLO E DESEÑAR A CARA
2-RECORTAR AS ALAS DE BOLBORETA,POLA RALLIÑA, QUE O ADULTO DEBERÁ DEBUXAR.
3-DECORAR AS AS COMO VOS GUSTE, COLOREANDO OU PEGÁNDOLLE O QUE QUEIRADES
4-PEGAR O ROLO COAS AS E POÑERLLE UNS CORNIÑOS DE PAPEL, PALLIÑA,PAUCIÑOS...
5-SI QUEREDES QUE VOUEN METÉDELLE UN FÍO OU LA  POR DENTRO DO ROLO E PENDURADE DO TEITO, ÁRBORE...

ENVIADEME UNHA FOTIÑO DAS VOSAS CREACIÓNS PARA COMPARTIR!!

UN  DÍA MENOS!!!       ATA  MAÑÁ!!

COMPARTINDO MOMENTOS

NESTES DÍAS FORON CHEGANDO FOTIÑOS DO QUE ESTES PEQUECH@S ESTÁN FACENDO DURANTE ESTA CORENTENA QUE NON NOS DEIXA IR DIVERTIRNOS AO COLE! PERO ESTÁN APROVEITANDO MOI BEN ESTE TEMPO, DISFRUTANDO DA FAMILIA E SIN DEIXAR DE APRENDER E FEDELLAR!!

BRAIS FIXO CREACIÓNS CON PLASTILINA E APROVEITOU PARA CONTAR E  TRABALAR
 CON MOITOS - POUCOS

TAMÉN DISFRUTA DA NATUREZA E FAI EXERCICIO FÍSICO

LOGO DE LER O CONTO, SOFÍA DESEÑOU ESTA ILUSTRACIÓN

E TAMÉN SOFÍA ATREVEUSE A DEBUXAR UN CORONAVIRUS!   


MATEO TRABALLOU AS FORMAS BÁSICAS E COLOREOU CON PINTURA DE DEDOS.
TAMÉN GOZOU MOITO COS CONTOS


CON DISTINTOS MATERIAIS,COMO POMPÓNS,LIMPAPIPAS  E DEPRESORES,
ZOU FIXO DIFERENTES ACIVIDADES COMO ENSARTAR, AGRUPAR, SERIES, ETC

ZOE  XOGOU AOS AGRUPAMENTOS CON PEDRAS
PEQUENAS - MEDIANAS - GRANDES
MOI BEN CHIC@S!  ESTADES FACÉNDOO XENIAL! 
SEGUIDE ASÍ, QUE XA QUEDA MENOS PARA VOLVER AO COLE E, MENTRES TANTO, SEGUÍDEME ENVIANDO FOTIÑOS DO QUE FACEDES. A MIN ENCÁTANME E SEGURO QUE @S AMIG@S  ESTÁN FELICES DE SABER DE VÓS!!!



UN SAÚDOTE!                                                    UN DÍA MENOS!!!!