COMEZAMOS COMA SEMPRE COAS RUTINAS
*HORA DE LER: "LECTURA" SILENCIOSA E AUTÓNOMA ESCOLLIDA POL@ NEN@. PODEDES COMPARTIR O MOMENTO LECTOR ACOMPAÑANDO E MODELANDO.
*DÍA DA SEMANA: ESCOLLEMOS O QUE CORRESPONDE, FIXÁMOS NA LETRA INICIAL E BUSCAMOS TAMÉN CAL FOI ONTE E CAL SERÁ MAÑÁN.
VOLVODEIXAR AS TARXETAS QUE EMPREGAMOS NA AULA POR SI QUEREDES IMPRIMIR OU COPIAR.
ENLACE DESCARGA
*TEMPO METEOROLÓXICO: OBSERVAR E SELECIONAR
* CALENDARIO: CONTAMOS ATA CHEGAR AO DÍA QUE CORRESPONDE, DESCIFRAMOS QUE DOUS NÚMEROS O COMPOÑEN E COLOREAMOS A CELDA CORRESPONDENTE. 26
*ASAMBLEA: A PROPOSTA DE TEMA PARA HOXE SON AS PLANTAS. XA ESTAMOS VENDO ESTE DÍAS QUE AS PLANTAS ESTÁN BROTANDO, SAEN AS FLORES, AS ÁRBORES TEÑEN NOVAS FOLLAS....TODO ISTO ESTÁ PASANDO PORQUE CHEGOU A PRIMAVERA!! LANZAREMOS PREGUNTAS PARA PROVOCAR QUE RAZOEN TIPO:
- POR QUE CRES QUE BROTAN NA PRIMAVERA
- COMO VIVIRON DURANTE O INVERNO
- QUE COMEN AS PLANTAS
- COMO PODEMOS COIDALAS
- CALES CHE GUSTAN MÁIS E POR QUE
- CALQUERA OUTRA QUE SE VOS OCORRA
O QUE SE PRETENDE É QUE REFLEXIONEN E QU ESE EXPRESEN. O ADULTO ESCOITA, GUÍA A CONVERSA E ARGUMENTA, PERO NUNCA DESESTIMA UN ARGUMENTO D@
PEQUEN@ SI NON QUE OFRECE ALTERNATIVAS RAZOADAS PARA REORIENTAR A IDEA
*EDUCACIÓN FÍSICA: VOLVO DEIXAR O ENLACE AO DOCUMENTO QUE ENVIOU A PROFE PAULA PARA A SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE PREVISTA PARA HOXE.
PREME AQUÍ
*RUTINAS DE HIXIENE :LAVAR AS MANS ANTES DE MERENDAR E OS DENTES E AS MANS AO FINALIZAR
VOLVO DEIXAR O VÍDEO DE MIGALLAS PARA REPASAR O NOME DOS DEDOS MENTRES LAVAN AS MANS
* MERENDA: RECORDADE QUE OS XOVES MEREDAMOS LÁCTEOS.
*LECTOESCRITURA: A PARIRES DO QUE FALAMOS NA ASAMBLEA E DA LÁMINAMOTIVADORA, TRABALLAREMOS A PARTIRES DA PLANTA COAS PALABRAS CLAVE: RAÍZ, TALO, FOLLAS E FLOR
-A PARTIRES DO DEBUXO ANALIZAR AS PARTES DA PLANTA E INTENTAR NOMEAR AS SUAS PARTES, NUN PRIMEIRO INTENTO SIN AXUDA. LOGO PODEMOS INTERVIR SI NON RECOÑECEN ALGUNHA DAS PARTES
-ESCRIBIRLLES EN TARXETAS OS NOMES DE CADA PARTE E DEBEN LOCALIZAR O SEU SITIO CORRESPONDENTE
-DESCOMPOÑER CADA PALABRA EN LETRAS, CADA LETRA NUN PAPELIÑO. @S PEQUEN@S DEBEN REORGANIZALAS ATA FORMAR AS PALABRAS
-ESCRIBIR ELES MESM@S AS PARTES DA PLANTA NUN DEBUXO QUE LLE FAGADES OU NESTA PLANTILLA
* CREATIVIDADE: DEBUXAR OU COMPOÑER UNHA PLANTA CON TODAS AS SÚAS PARTES. DEIXO ALGUNHAS IDEAS POR SI VALEN DE INSPIRACIÓN
* EXPERIMENTO: PARA PODER COMPROBAR COMO CRECEN AS PLANTAS VER MÁIS CLARAMENTE AS SÚAS PARTES NADA MELLOR QUE FACER NÓS MESM@S UN EXPERIMENTO E PODER VIVIR TODO O PROCESO DA PLANTA DENDE A SEMENTE. PARA ISO IMOS PROBAR A XERMINAR LENTELLAS! É UN EXPERIMENTO MOI SINXELO PERO SÚPERVISUAL E BEN SEGURO QUE LLES VAI ENCANTAR. DEIXO UN VÍDEO PARA QUE SIGADES O PROCESO PASO A PASO.
NOS VINDEIROS DÍAS IREMOS OBSERVANDO E REXISTRANDO O PROCESO DE NACEMENTO E CRECEMENTO DAS NOSAS PLANTIÑAS
RECORDADE QUE PODEDES ENVIARME FOTIÑOS OU VÍDEOS DO QUE ANDAN A FEDELLAR ESTES PEQUECH@S. EN BREVE FAREI UNHA NOVA ENTRADA CON TODO O QUE ME ESTADES ENVIANDO. MOITÍSIMAS GRAZAS
UN DÍA MENOS!!! ATA MAÑÁ!
No hay comentarios:
Publicar un comentario