Páginas

miércoles, 25 de marzo de 2020

PROPOSTAS MÉRCORES 25 MARZO

BO DÍA!

COMEZAMOS,COMA SEMPRE COAS RUTINAS

*HORA DE LER

*O DÍA DA SEMANA


*O TEMPO:




* O CALENDARIO:
COLOREAMOS A CELDA CORRESPONDENTE AO DÍA DE HOXE. 25

* ASAMBLEA: SEGUINDO O FÍO DO QUE FALAMOS ONTE, DA FAMILIA, HOXE PROPOÑO TRATAR AS CARACTERÍSTICAS FÍSICAS DAS PERSOAS. 
COMO SEMPRE DICIMOS NA CLASE TOD@S SOMOS IGUAIS, AUNQUE FÍSICAMENTE SEXAMOS ALGO DIFERENTES, XA QUE TEMOS CARACTERÍSTICAS PROPIAS. PODEMOS COMEZAR POR DESCRIBIRNOS A NÓS MESM@S, EMPREGADE UN ESPELLO SI QUEREDES E TRATANDO ASPECTOS COMO A ALTURA, A COMPLEXIÓN, A COR E TAMAÑO DO PELO, A COR DOS OLLOS, ALGÚN SINAL DISTINTIVO... E PODEMOS COTINUAR DESCRIBINDO TAMÉN AOS NOSOS FAMILIARES, TENTANDO RECORDAR O MAOIR NÚMERO DE RASGOS POSIBLE.

AO REMATAR PODEDES FACER UN DEBUXO DE VOS MESM@S, CON TODOS ESES DETALLES QUE TEDES NO CORPO E NA CARA. A VER QUE CHULADAS ARGALLADES!

* ATENCIÓN:  HOXE DEÍXOVOS ESTA LÁMINA DUNHA PAISAXE PRIMAVERAL PARA QUE XOGUEDES A BUSCAR NA IMAXE TODOS OS OBXECTOS QUE APARECEN NA MARXE INFERIOR. VEÑA, MOITA ATENCIÓN DETECTIVES, QUE NO É TAREFA FÁCIL!


* INGLÉS: DA LISTA QUE NOS DEIXOU O TEACHE RAFA HOXE PROPOÑO ETA CANCIÓN PARA TRABALLAR AS PARTES DO CORPO. NON VALE CANTAR SIN BAILAR TOCANDO CABEZA, OMBREIROS, XEONLLOS E PÉS!


* MERENDA E RUTINAS DE HIXIENE:  RECORDADE QUE HOXE,MÉRCORES, MERENDAMOS BOCADILLO E QUE PODEDES FACELO VOS MESM@S!

PARA A RUTINADE LAVAR AS MANS DEIXO ESTA CANCIÓN DE MIGALLAS COA QUE, ADEMÁIS DE DEIXAR AS MANS LIMPÍSIMAS, APRENDEMOS OS NOMES DE TODOS OS DEDOS!!!  PREMENA IMAXE


* ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL: A PROFE  PAULA, PARA A SESIÓN DESTA SEMANA, FAINOS UNHAS PROPOSTAS MOI DIVERTIDAS PARA XOGAR COAS PALABRAS E EXERCITAR OS MÚSCULOS DA BOCA E A CARA. PREMEDE NAIMAXE PARA ACCEDER AO DOCUMENTO


* HORA DO CONTO: QUE MELLOR MANEIRA DE DESPEDIR A XORNADA QUE CUN CONTO! E QUE MELLOR CONTO PARA TRATAR OS TAMAÑOS QUE "CHIBOS CHIBÓNS"!
AQUÍ O DEIXO PARA QUE O DISFRUTEDES

A DERRADEIRA PORPOSTA DE HOXE PARA EST@S PEQUEN@S DETECTIVES É QUE BUSQUEDES POLA VOSA CASA 3 OBXECTOS: 1 GRANDE, 1 MEDIANO E 1 PEQUENO.  COLOCÁDEOS XUNTOS E ENVIÁDEME A FOTO, ASÍ PODEMOS VER TOD@S AS COUSIÑAS QUE ATOPASTES.


UN DÍA MENOS!!!        ATA MAÑÁ!

No hay comentarios:

Publicar un comentario