Páginas

lunes, 30 de marzo de 2020

PROPOSTAS LUNS 30 MARZO

BO DIA!

COMEZAMOS NOVA SEMANA E ALÁ IMOS COAS PROPOSTAS PARA HOXE:

*HORA DE LER: @S PEQUEN@S ESCOLLEN O QUE QUEREN LER E RESPETAMOS O SEU TEMPO ACOMPAÑANDO@S NO PROCESO SI QUEREMOS.

*O DÍA DA SEMANA: RECORDAMOS OS NOMES DE TODOS POR ORDE, SELECIONAMOS O DE HOXE RECOÑECENDO A SÚA INICIAL. BUSCAMOS TAMÉN O DÍA DE ONTE E O DE MAÑÁN.

*O TEMPO: OBSERVAMOS E DECIDIMOS A TARXETA AXEITADA.

*CALENDARIO:CONTAMOS DENDE O PRINCIPIO ATA HOXE, PEDINDO AXUDA AOS ADULTOS CANDO PRECISEMOS, E COLOREAMOS O DÍA DE HOXE 30

*ASAMBLEA: DENDE QUE COMEZOU A PRIMAVERA NON DEIXAMOS DE ENCHER TODO DE CORES: FLORES,ARCO DA VELLA,BOLBORETAS... PERO DE TODAS AS QUE HAI SEGURO QUE TEMOS ALGUNHA QUE NOS GUSTA ESPECIALMENTE, ASÍ QUE HOXE FALAREMOS DA NOSA COR FAVORITA. ESCOLLEREMOS UNHA, EXPLICAMOS POR QUE É A QUE MÁIS NOS GUSTA, QUE COUSAS COÑECEMOS QUE SEXAN DESA COR E MESMO PODEMOS BUSCAR POLA CASA 3 OBXECTOS DA NOSA COR PREFERIDA.  TAMÉN PODEMOS FACER O MESMO PREGUNTANDO Á XENTE DA CASA POLOS SEUS GUSTOS E BUSCANDO OBXECTOS DESAS CORES

DEIXO ESTA CANCIÓN DAS CORES FAVORITAS PARA QUE SIRVA DE MOTIVACIÓN


*INGLÉS: O TEACHER RAFA DEIXOU UNHA LISTA CON CANCIÓNS E CONTOS PARA QUE SIGADES PRACTICANDO INGLÉS NA CASA. SELECIONEI ESTE CONTO PERO PODEDES BUSCAR CALQUERA OUTRO DA LISTA



DEIXO A MESMA CANCIÓN DAS CORES FAVORITAS DE MOTIVACIÓN EN INGLÉS

*RUTINAS ASEO E MERENDA: HOXE COMEMOS GALLETAS OU CEREAIS

* HORA DO CONTO: A PARTIRES DESTE CONTO TAN CHULO, PROTAGONIZADO POR UN CÍRCULO AZUL E OUTRO AMARELO, DAREMOS PÉ A REFLEXIONAR SOBRE COMO PODEMOS OBTER NOVAS CORES, QUE PASA SE MESTURAMOS, CALES SE PODEN XUNTAR...


ESTE OUTRO VÍDEO DANOS UNHA EXPLICACIÓN CLARIÑA DAS POSIBLES COMBINACIÓNS. ATREVÉMONOS??


AGORA XA ESTAMOS PREPARAD@S PARA CREAR NOVAS CORES.  RECORDADE IR NOMEANDO CADA UNHA DAS QUE COÑECEMOS E DAS QUE OBTEMOS MESTURANDO.
CORES PRIMARIAS: VERMELLO, AMARELO E AZUL
CORES SECUNDARIAS: LARANXA, VIOLETA E VERDE.


POR ÚLTIMO  FAREMOS UN DESEÑO, DEBUXO, COLOREADO,COLLAGE....O QUE DECIDADES, EMPREGANDO A MAIOR VARIEDADE DE CORES POSIBLE.
VEREMOS QUE OBRAS DE ARTE SAEN DAS VOSAS CABECIÑAS!!  ENVIÁDEME!

*ATENCIÓN: NESTE DÍAS DE PRIMAVERA OS PAXAROS ANDAN TOLIÑOS! MIRADE ESTE QUE MESTUROU OS OBXECTOS DO CADRO DE ARRIBA POLO MEDIO DA HERBA. SODES QUEN DE ATOPALOS TODOS??  CANTOS HAI??  QUE SON??
PODEDES MARCALOS NA PANTALLA OU IMPRIMIR E COLOREALOS. LOGO ENVÍAME!


UN DÍA MENOS!!!                       ATA MAÑÁ!

No hay comentarios:

Publicar un comentario