Páginas

martes, 17 de marzo de 2020

PROPOSTAS MARTES 17 MARZO

BO DÍA!

AS RUTINAS QUE IMOS SEGUIR SERÁN AS MESMAS TODOS OS DÍAS,COMO FACEMOS NA CLASE.

*  HORA DE LER:  DE XEITO "AUTÓNOMO" E SILENCIOSO, ANQUE DESPOIS PODEMOS COMPLETARLLE A LECTURA OS ADULTOS. 

* RUTINAS:
  • O DÍA SEMANA: CANTANDO,COTANDO NA SECUENCIA DO LISTADO DOS DÍAS E SELECIONANDO O NOME CORRESPONDENTE.  FIXÁMONOS E ANALIZAMOS AS LETRAS QUE CONTÉN,E BUSCAMOS TAMÉN OS NOMES DO DÍA QUE FOI ONTE E O QUE SERÁ MAÑÁ.
  • O TEMPO: ASOMÁMONOS Á VENTÁ OU Á PORTA PARA VER QUE DÍA VAI HOXE, ESCOLLEMOS A MELLOR OPCIÓN E COMENTAMOS                                                                        
  • O NÚMERO DO DÍA: CONTAMOS NO CALEDARIO E COLOREAMOS A CELDA CORRESPONDENTE PARA TOMAR CONSCIENCIA DO PASO DO TEMPO           AQUÍ A PLANTILLA PARA DESCARGAR. (HAI QUE ESCRIBIRLLE OS NÚMEROS)
* ASAMBLEA: HOXE PODEMOS ABORDAR O TEMA DOS NOSOS XOGOS FAVORITOS. PERMITIREMOS QUE NOS EXPLIQUEN CALES SON E IREMOS GUIANDO CON PREGUNTAS TIPO: POR QUE CHE GUSTA? CANTOS PODEN XOGAR? CON QUEN PREFIRES COMPARTILO? QUE MATERIAIS PRECISAS? CAL CHE PARECE O MELLOR LUGAR PARA XOGAR A ISO? QUEN CHE ENSINOU A XOGAR? ETC. TAMÉN FAREMOS O FEEDBACK E CONTARÉMOSLLE SOBRE OS NOSOS XOGOS FAVORITOS, AS NOSAS VIVENCIAS, E PODEMOS PROPOÑER FIXAR UN MOMENTO DO DÍA PARA COMPARTIR ESTES XOGOS EN FAMILIA.

* MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS: CON CALQUERA MATERIAL QUE TEÑADES POLA CASA PROBADE A FACER CONXUNTOS, TRABALLANDO OS CONCEPTOS MOITO - POUCO. POR EXEMPLO CON LENTELLAS, GARAVANZOS, PASTA... LOGO PODEMOS AMPLIAR E ORDENAR TRABALLANDO COS CONCEPTOS: PEQUENO -MEDIANO -GRANDE. PARA ISO FARÁN CONXUNTOS E, PARA QUE SEXA MÁIS COMPLETO, PODEMOS INCLUÍR A MOTRICIDADE FINA E FACER OS GRUPOS PERO DENTRO DE BOTES OU BOTELLAS, DE XEITO QUE TEÑAN QUE EMPREGAR A PINZA COS DEDOS, A PRENSIÓN, A COORDINACIÓN OLLO-MAN ...

*MERENDA: OS MARTES  MERENDAMOS FROITA.

*EDUCACIÓN FÍSICA: TODOS OS DÍAS DEBEN FACER EXERCICIO FÍSICO. NESTE ENLACE DEIXO ALGUNHAS PORPOSTAS INTERESANTES QUE PODESDES FACER NA CASA AQUI.

* MOTRICIDADE FINA: IMOS RECORTAR. PODEN SER FOTOS DE REVISTAS PARA FORMAR UN ÁLBUM, LETRAS PARA LOGO PEGAR E FORMAR NOMES, ALIMENTOS DE FOLLETOS DO SÚPER PARA FACER A LISTA DA COMPRA.... TAMÉN PODEDES FACERLLE TRAZOSEN PAPEL E QUE RECORTEN SOBRE A LIÑA (TRAZOS RECTOS, CIRCULARES, EN ZIG ZAG...)

*OUTROS MATERIAIS: DEIXO AQUÍ ALGUNHAS FICHAS DE MATES E MOTRICIDADE POR SI QUEREDES IMPRIMIR E EMPREGAR ESTES RECURSOS 1,2,3 , TRAZO CIRCULAR , TRAZO HORIZONTAL 

DEIXO ESTE CORTO DE ANIMACIÓN QUE PODE DAR PÉ PARA FALAR SOBRE A IMPORTANCIA DE COMPARTIR
  



RECÓRDOVOS QUE PODEDES FACERME CHEGAR AS COUSIÑAS QUE VAIAN FACENDO NA CASA E ASÍ PODER PUBLICALAS AQUÍ E COMPARTILAS CON TOD@S @S COMPAÑEIR@S.

UN DÍA MENOS!!  ATA MAÑÁ!  




No hay comentarios:

Publicar un comentario