IMOS COAS PROPOSTAS PARA O DERRADEIRO DÍA DESTA SEMANA. ÁNIMO!
*HORA DE LER
*O DÍA DA SEMANA: RECORDADE SEMPRE O ANTERIOR E O SEGUINTE.
*O TEMPO
*O CALENDARIO: CONTAMOS DENDE O PRINCIPIO E COLOREAMOS O DE HOXE 27
*ASAMBLEA: NON PODEMOS REMATAR ESTA PRIMEIRA SEMANA DA PRIMAVERA SIN FALAR DO ARCO DA VELLA. É UN FENÓMENO ÓPTICO QUE A TOD@S NOS FASCINA ASÍ QUE HOXE FALAREMOS DISO NA ASAMBLEA. PRIMEIRO SERÁN @S PEQUES QUEN EXPOÑAN AS SÚAS IDEAS SOBRE O QUE É, COMO SE FORMA, AS SÚAS CORES, ETC. EN SEGUNDO LUAR IREMOS DÁNDOLLES RESPOSTAS, OFRECENDO POSIBILIDADES E GUIANDO A CONVERSA. POR ÚLTIMO PODEDES VER ESTE VÍDEO EXPLICATIVO DO PROCESO
* AS CORES: A PARTIRES DO ARCO DA VELLA IMOS TRABALLAR COAS SÚAS CORES:
- VERMELLO / ROJO
- LARANXA /NARANJA
- AMARELO /AMARILLO
- VERDE
- CIÁN / CELESTE
- AZUL / AÑIL
- VIOLETA
PRIMEIRO DEIXAMOS QUE @S NEN@S IDENTIFIQUEN E NOMEEN AS CORES DO ARCO DA VELLA. LOGO PODEMOS ESCRIBIRLLE OU AXUDARLLES A ESCRIBIR CADA NOME NUN PAPEL, A MODO DE TARXETA.
COMO DERRADEIRA ACTIVIDADE DEBERÁN BUSCAR POLA CASA UN OBXECTO DE CADA COR E COLOCARLLE A CORRESPONDENTE TARXETA.
PODEDES ENVIAR FOTIÑOS DE TODO O QUE ATOPEDES PARA ESTE "ESPECIAL" ARCODA VELLA!
*RUTINAS DE HIXIENE E MERENDA: HOXE, COO É VENRES, É DÍA LIBRE E ESCOLLEMOS O QUE QUEREMOS MERENDAR. AO REMATAR LAVO BEN OS DENTES
*EDUCACIÓ MUSICAL: PARA A SESIÓN DE MÚSICA DE HOXE A PROFE PATRI PROPÓN SEGUIR COA CANCIÓN QUE ESTABADES VENDO O ÚLTIMO DÍA NO COLE.
"MIÑA ABUELA MANUELA" DE MIGALLAS
*EXPERIMENTOS: DEIXO ENLACES A SINXELOS EXPERIMENTOS SOBRE O ARCO DA VELLA POR SI VOS ANIMADES A FEDELLAR. PREMEDE NAS IMAXES.
ARCO DA VELLA CON LACASITOS / M"MS / SKITTLES |
ARCO DA VELLA CO REFLEXO DA LUZ |
* HORA DE LER: COMA TODOS OS VENRES HOXE TAMÉN LEVAMOS PARA A CASA UN LIBRO DA NOSA BIBLIOTECA DE AULA. ESTA SEMANA DISFRUTAREMOS DA AVENTURA DA CEBRA CAMILA, UNHA HISTORIA DE MARÍA LUÍSA NÚÑEZ E ILUSTRADA POLO XA COÑECIDO OSCAR VILLÁN.
COMO ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA PARA A FIN DE SEMANA PROPOÑO QUE DESEÑEDES A VOSA PROPIA CEBRA CAMILA, CON TODOS AQUELES ADOBÍOS QUE TEÑADES POLA CASA PARA DEIXARLLE UN FERMOSO TRAXE NOVO!
UN DÍA MENOS !!! BOA FIN DE SEMANA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario