BO DÍA!
AS PROPOSTAS PARA HOXE COMEZAN POLAS RUTINAS DIARIAS:
* HORA DE LER: LECTURA SELECIONADA POR ELES E DESENVOLTA DE XEITO "AUTÓNOMO" E SILENCIOSO. PODEDES ACOMPAÑALOS NESTE TEMPIÑO FACENDO TAMÉN A VOSA LECTURA INDIVIDUAL, SENDO MODELOS.
* RUTINAS:
- O DÍA SEMANA: BUSCAN CAL É O NOME DO DÍA DE HOXE,POR QUÈ LETRA COMEZA, POR CAL ACABA OU CALES RECOÑECEN DAS QUE CONTÉN. BUSCAN TAMÉN CAL FOI ONTE E CAL SERÁ MAÑÁN
- O TEMPO: COMPROBAR E COMENTAR COMO ESTÁ O TEMPO HOXE E BUSCAR O DEBUXO CORRECTO
- O NÚMERO DO DÍA: CONTAR DENDE O PRINCIPIO E COLOREAR O NÚMERO CORRESPONDENTE 18 AQUÍ A PLANTILLA PARA DESCARGAR. (HAI QUE ESCRIBIRLLE OS NÚMEROS)
* ASAMBLEA: NESTES DÍAS QUE ESTAMOS TANTO TEMPO NA CASA, É MÁIS IMPORTANTE SI CABE QUE @S PEQUES SE INVOLUCREN NAS TAREFAS DOMÉSTICAS. POR ISO HOXE SUXIRO QUE TRATEDES ESTE TEMA, ANALIZANDO CALES SON AS TAREFAS QUE SE FAN DIARIAMENTE NA CASA, ENUMERANDO O QUE SE EMPREGA PARA CADA UNHA, REFLEXIONANDO SOBRE QUEN AS FAI NORMALMENTE, POR QUÉ, ETC. LOGO DESTA CONVERSA, ESCOITANDO AS SÚAS APORTACIÓNS E DANDO RESPOSTA ÁS SÚAS PREGUNTAS, PODEDES REMATAR ESTABLECENDO CALES SON AS TAREFAS NAS QUE VAI PARTICIPAR E DELIMITANDO CALES VAN SER AS FUNCIÓN DO ADULTO E CALES AS PROPIAS.
OLLO QUE LOGO HAI QUE LEVALAS A CABO DO XEITO ACORDADO!
*MATEMÁTICAS: HOXE DEIXO UN ENLACE PARA XOGAR A COMPLETAR SERIES.
1 - DEBEN DESCUBRIR QUE COR CORRESPONDE.
2 - UNHA VEZ IDENTIFICADO, DECIDIRÁN CAL É A FORMA CORRECTA
POR EXEMPLO,NESTA SERIE SERÍA:
1- ROSA,VERDE,ROSA,VERDE, ?
2 - TRIÁNGULO, CÍRCULO,TRIÁNGULO,CÍRCULO,?
*MERENDA: OS MÉRCORES MERENDAMOS BOCATA. BO MOMENTO PARA QUE O PREPAREN ELES MEM@S! RECORDADE AS RUTINAS DE HIXIENE
* TEMPO DE LECER, NO COLE PARAMOS 25 MINUTOS PARA XOGAR LIBREMENTE NO PATIO E AO VOLVER DISFRUTAMOS DE UNS MINUTOS DE RELAXACIÓN, DEITAD@S NO CHAN E CON MÚSICA COMA ESTA
*AUDICIÓN E LINGUAXE: NESTA SESIÓN DE ESTIMULACIÓN ORAL A ESPECIALISTA PAULA ACOSTUMA FACER ACTIVIDADES PARA EXERCITAR E FAVORECER A MUSCULATURA E MOVEMENTOS DOS MÚSCULOS BUCOFACIAIS E A CORRECTA POSICIÓN DA LINGUA. CON EXERCICIOS DESTE TIPO
* MANUALIDADE: CON MATERIAIS QUE TOD@S PODEDES TER POLA CASA ,COMA OS ROLOS DE PAPEL, SE PODEN CREAR VISTOSAS MANUALIDADES .DEIXO ALGUNHAS IDEAS
TITORIAL |
TITORIAL |
TITORIAL |
* CONTO: COMO TODAS AS FINS DE SEMANA LEVAMOS UN LIBRO Á CASA, COMPLETANDO ASÍ A "HORA E LER", HOXE DEÍXOVOS ESTE CONTO TRADICIONAL, "O POLIÑO DA ABELEIRA", EDITADO POLA EDITORIAL KALANDRAKA E ESTUPENDAMENTE NARRADO POR BEA CAMPOS.
PREMEDE NO TÍTULO DO CONTO E GOZÁDEO!
O POLIÑO DA ABELEIRA |
AO REMATAR PODEN FACER UN DEBUXO DO POLIÑO, DA MAMÁ GALIÑA OU DE CALQUERA OUTRA COUSIÑA DO CONTO QUE LLES GUSTE E PODEDES ENVIARMO PARA AMOSAR AS OBRAS ARTÍSTICA AQUÍ E COMPARTILAS C@S AMIG@S.
RECÓRDOVOS QUE NO BLOG DA BIBLIO TAMÉN ATOPAREDES UNHA MOREA DE RECURSOS QUE PODEDES APROVEITAR NESTES DÍAS.
abiliodeleirado.blogspot.com
UN DÍA MENOS!!! O LUNS VOLVEMOS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario