Páginas

lunes, 16 de marzo de 2020

PROPOSTAS LUNS 16 DE MARZO

BO DÍA A TOD@S!

DURANTE ESTES DÍAS QUE TEMOS QUE QUEDAR NA CASA VOU IR FACENDO PROPOSTAS PARA QUE INTENTEDES SEGUIR UN  RITMO SEMELLANTE AO DA AULA E PROCURAR, NA MEDIDADO POSIBLE, NON DESCONECTAR E SEGUIR AVANZANDO

*  HORA DE LER: GARDADE UN TEMPIÑO DURANTE A XORNADA PARA QUE @S NEN@S "LEAN  AUTÓNOMAMENTE", CO SEU LIBRO, REVISTA...SENTAD@ E EN SILENCIO, FAVORECENDO ASÍ A ADQUISICIÓN DO HÁBITO LECTOR.

* RUTINAS:
  • O DÍA SEMANA: NO COLE CANTAMOS CADA DÍA ESTA CANCIÓN PARA REPASAR OS DÍAS DA SEMANA, ACOMPAÑADA DE MOVEMENTOS COAS MANS E OS DEDIÑOS.

TAMÉN PODEDES REPASALOS COA CANCIÓN DE MAMÁ CABRA DESTE ENLACE 

XOGAMOS TAMÉN COAS LETRAS E OS NOMES DOS DÍAS:
 O DÍA DE HOXE É...,ONTE FOI ... E MAÑÁN SERÁ...

PODEDES COPIALOS,DESCARGAR AS IMAXES OU DIRECTAMENTE DA PÁXINA Apego.gal


  • O TEMPO: ASOMÁMONOS Á VENTÁ OU Á PORTA PARA VER QUE DÍA VAI HOXE. ESCOLLEMOS ENTRE VARIAS OPCIÓNS.                                                                           AS QUE USAMOS NA CLASE SON AS DE Apego.gal


  • O NÚMERO DO DÍA: CONTAMOS NO CALEDARIO E COLOREAMOS A CELDA CORRESPONDENTE PARA TOMAR CONSCIENCIA DO PASO DO TEMPO

AQUÍ A PLANTILLA PARA DESCARGAR. (HAI QUE ESCRIBIRLLE OS NÚMEROS)

*ASAMBLEA: É UN TEMPO QUE ADICAMOS DIARIAMENTE PARA FALAR E ESCOITAR SOBRE DIFERENTES TEMAS QUE NOS INTERESAN. HOXE PROPÓÑOVOS QUE FALEDES C@S NEN@S SOBRE O CORONAVIRUS, SI NON O FIXESTES XA. 
ESTES DÍAS ESTÁN RODEAD@S DE NOTICIAS, COVERSAS, PERCIBEN A NOSA PREOCUPACIÓN, VIVEN OS CAMBIOS NAS SÚAS RUTINAS, ETC.  NAS SÚAS CABECIÑAS VANSE FORMANDO UNHA IDEA DO QUE ESTÁ A PASAR PERO CANTO MELLOR LLO EXPLIQUEMOS,CANTO MÁIS CLARA LLE FAGAMOS CHEAR A INFORMACIÓN, MELLOR O INTERPRETARÁN E DARÉMOSLLE TRANQUILIDADE E CALMA Á SÚA CURISIDADE INNATA.
DEÍXOVOS UN CONTO, PUBLICADO POLO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE MADRID,MOI AXEITADO PARA ESTA IDADE.  PREME AQUÍ PARA ACCEDER AO PDF

* EXPERIMENTO: COMO NOS ENCANTA EXPERIMENTAR, FACER NÓS MESM@S E ASÍ ENTEDER MELLOR E APRENDER, PROPOÑO UN EXPERIMENTO CO QUE VALORAR A IMPORTANCIA DA HIXIENE NAS MANS, AGORA MÁIS QUE NUNCA.
INSPIRADO NO VÍDEO DUN PAPÁ,QUE PODEDES VER AQUÍ, DEÍXOVOS AS INSTRUCIÓNS PARA FACER ESTE SINXELO PERO MOI VISUAL EXPERIMENTO CASEIRO








* MERENDA: RECORDADE QUE OS LUNS MERENDAMOS GALLETAS OU CEREAIS E NON ESQUEZADES AS RUTINAS DE HIXIENE QUE SEGUIMOS NO COLE: LAVADO DE MANS ANTES E DESPOIS DE COMER E LAVADO DE DENTES.

* INGLES: O TEACHER RAFA DEIXOUNOS ALGUNHA DAS CANCIÓNS COAS QUE TRABALLAN NA CLASE

* MOTRICIDADE FINA: IMOS TRABALLAR O COLOREADO E AS CORES.PARA ISO SUXIRO PATICIPAR NUNHA  INICIATIVA POPULAR,QUE CIRCULA  POR REDES SOCIAIS, QUE CONSISTE EN QUE CADA NEN@ COLOREE UN ARCO DA VELLA,QUE QUEDARÁ EXPOSTO NA VENTANA OU NO BALCÓN. DESTE XEITO DÁMOLLE UN TOQUE DE COR A ESTES DÍAS GRISES E FOMENTAMOS O ESPÍRITU DE GRUPO, XA QUE TODAS AS CASAS CONTARÁN CON ESTE SÍMBOLO.
SI VOS ANIMADES PODEDES DESCARGAR DE INTERNET OU DEBUXALO VÓS MESM@S E ENVIARMO PARA QUE POIDA EXPOÑELOS NESTE BLOG E TOD@S POIDAN VER A ARTISTADA D@S COMPAÑEIR@S,QUE BEN SEGURO LLES FARÁ MOITA ILUSIÓN.
#DesdeMiVentana     #TodoVaASalirBien      #YoMeQuedoEnCasa            #EuQuedoNaCasa
RECORDÁDELLES QUE DEBEN ENGADIRO SEU NOME!

* HORA DO CONTO: PARA REMATAR A XORNADA CON BO SABOR DE BOCA, QUE MELLOR QUE UN DIVERTIDO CONTO!  HOXE RECOMÉNDOVOS "PACO PAPÁN", ESCRITO POR EVELYN  DAVIDDI, ILUSTRADO POR MARISA NÚÑEZ E EDITADO POR OQO. E CONTA TAMÉN CUNHA CANCIÓN COMPOSTA POR MAMÁ CABRA!
CANCIÓN








CONTO














UN  DÍA MENOS!!!   ATA MAÑÁ!

No hay comentarios:

Publicar un comentario