Páginas

lunes, 23 de marzo de 2020

PROPOSTAS LUNS 23

BO DÍA!


AS PROPOSTAS PARA HOXE COMEZAN,COMA SEMPRE,  POLAS RUTINAS DIARIAS:


*  HORA DE LER:  LECTURA SELECIONADA POR ELES E DESENVOLTA DE XEITO "AUTÓNOMO" E SILENCIOSO. PODEDES ACOMPAÑALOS NESTE TEMPIÑO FACENDO TAMÉN A VOSA LECTURA INDIVIDUAL, SENDO MODELOS.

* RUTINAS:
  • O DÍA SEMANA: BUSCAN CAL É O NOME DO DÍA DE HOXE,POR QUÈ LETRA COMEZA, POR CAL ACABA OU CALES RECOÑECEN DAS QUE CONTÉN.      BUSCAN TAMÉN CAL FOI ONTE E CAL SERÁ MAÑÁN
  • O TEMPO: COMPROBAR E COMENTAR COMO ESTÁ O TEMPO HOXE E BUSCAR O DEBUXO CORRECTO                                                                       
  • O NÚMERO DO DÍA: CONTAR DENDE O PRINCIPIO, DENDE O NÚMERO 1, E COLOREAR O NÚMERO CORRESPONDENTE   23                                                                                           AQUÍ A PLANTILLA PARA DESCARGAR. (HAI QUE ESCRIBIRLLE OS NÚMEROS)     
* ASAMBLEA: HOXE PROPOÑO FALAR DA RECÉN CHEGADA PRIMAVERA. PRIMEIRO PREGUNTARLLES PARA COÑECER AS SÚAS IDEAS SOBRE O TEMA E LOGO PODEDES IR GUIANDO A CONVERSA E TRATAR PUNTOS COMA:
         - CAMBIOS NO TEMPO ATMOSFÉRICO
         - ANIMAIS PROPIOS DESTA ESTACIÓN
         - CAMBIOS NA NATUREZA E NA CONTORNA
         - AS PRENDAS DE VESTIR
         - OS FROITOS PROPIOS

CON TODO O FALADO PODEN FACER UN DEBUXO OU UN COLLAGE CON RECORTES DE REVISTAS NO QUE REPRESENTEN A PRIMAVERA E ENVIARMO PARA COMPARTILO NO BLOG E QUE TOD@S VEXAN AS CRECIÓNS D@S AMIG@S!!

*INGLES: NO LISTADO QUE COLGAMOS O OUTRO DÍA O TEACHER RAFA DEIXOUNOS MOITOS RECURSOS. PODEN REPASAR  OS NÚMEROS EMPREGANDO ESTA CANCIÓN


*MERENDA: HOXE MERENDAMOS GALLETAS OU CEREAIS.
RECORDADE AS RUTINAS DE HIXIENE ANTES E DESPOIS.

* LECER E RELAXACIÓN: DE  MÚSICA PARA A RELAXACIÓN DE HOXE PROPOÑO  A PRIMAVERA DE VIVALDI. DEIXO ESTA VERSIÓN EN MUSICOGRAMA POR SI, A PARTE  DE ESCOITALA NA RELAXACIÓN, QUEREDES EMPREGAR O VÍDEO PARA QUE LOGO O VEXAN.



*MOTRICIDADE FINA: PARA DARLLE A BENVIDA Á NOVA ESTACIÓN PROPOÑO DECORAR A CASA CON BOLBORETAS. PARA ISTO IMOS PRECISAR UN ROLO DE PAPEL HIXIÉNICO, UN FOLIO OU CALQUERA OUTRO PAPEL OU CARTOLINA, CERAS DE CORES OU ROTUS, UNHA TESOURA, E UN POUQUIÑO DE PEGAMENTO (CINTA ADHESIVA OU UNHA GRAPA TAMÉN VALE).  CON TODO ISTO MÁIS A IMAXINACIÓN PODEDES CREAR UNHAS FERMOSAS COMA AS DAS FOTOS.
1-DECORAR O ROLO E DESEÑAR A CARA
2-RECORTAR AS ALAS DE BOLBORETA,POLA RALLIÑA, QUE O ADULTO DEBERÁ DEBUXAR.
3-DECORAR AS AS COMO VOS GUSTE, COLOREANDO OU PEGÁNDOLLE O QUE QUEIRADES
4-PEGAR O ROLO COAS AS E POÑERLLE UNS CORNIÑOS DE PAPEL, PALLIÑA,PAUCIÑOS...
5-SI QUEREDES QUE VOUEN METÉDELLE UN FÍO OU LA  POR DENTRO DO ROLO E PENDURADE DO TEITO, ÁRBORE...

ENVIADEME UNHA FOTIÑO DAS VOSAS CREACIÓNS PARA COMPARTIR!!

UN  DÍA MENOS!!!       ATA  MAÑÁ!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario