Páginas

jueves, 30 de abril de 2020

PROPOSTAS XOVES 30 DE ABRIL

O DÍA CHICAS E CHICOS!

HOXE,AÍNDA QUE É XOVES, REMATAMOS XA A SEMANA ASÍ QUE IMOS CON GANAS!

*HORA DE LER: ADICADE 5 MINUTOS PARA LEROQUEESCOLLADES: CONTOS, XORNAL, REVISTA...

*O DÍA DA SEMANA: RECORDAMOS OS NOMES DE TODOS OS DÍAS POR ORDE, SELECIONAMOS O DE HOXE RECOÑECENDO A SÚA INICIAL. BUSCAMOS TAMÉN O DÍA DE ONTE E O DE MAÑÁN.
DEIXO ESTA CANCIÓN POR SI QUEREDES USALA




*O TEMPO: OBSERVAMOS E DECIDIMOS A TARXETA AXEITADA.




*CALENDARIO:CONTAMOS DENDE O PRINCIPIO ATA HOXE, PEDINDO AXUDA AOS ADULTOS CANDO PRECISEMOS, E COLOREAMOS O DÍA DE HOXE  30

*ASAMBLEA: HOXE IMOS FALAR DAS  NOSAS MAMÁS! PODEMOS RATAR ASPECTOS COMO:

  • COMO SE CHAMA
  • CALES SON OS SEUS APELIDOS
  • COMO É FÍSICAMENTE
  • CANTOS ANOS TEN
  • QUE FAI NO SEU TRABALLO
  • QUE LLE GUSTA FACER PARA DIVERTIRSE
  • CAL É A SÚA COMIDA FAVORITA
  • QUE É O QUE MÁIS NOS GUSTA DELA
  • CALQUERA OUTRA QUE SE VOS OCURRA
SI VOS ANIMADES PODEDES GRAVA UN PEQUENO AUDIO COA ENTREVISTA!

*LECTOESCRITURA: TRABALLAREMOS CON NOME  DA NOSA MAMÁ!
PRIMEIRO COÑECEREDES AS LETRAS QUE FORMAN O SEU NOME E LOGO ESCRIBIRÉDELO VÓS MESM@S.
PARA COMPLETAR ESTA ACTIVIDADE INVENTAREDES UN ACRÓSTICO COAS LETRAS DO NOME DA VOSA NAI.   ISTO QUERE DICIR QUE BUSCAREDES NA VOSA CABECIÑA UNHA PALABRA QUE COMECE POR CADA UNHA DAS LETRAS DO NOME DE MAMÁ.
SI VOS ATREVEDES PODEDES ESCRIBILAS VÓS SOÍÑ@S, SI NON PEDIDE A UN ADULTO QUE ESCRIBA AS PALABRAS QUE VÓS PENSASTES.
PARA QUE RESULTE MÁIS SINXELO ESCRIBIREDES  PRIMEIRO O NOME DE MAMÁ EN RINGLEIRA, DE ARRIBA A ABAIXO,  E AS PALABRAS NOVAS EN HORIZONTAL,CARA ADIANTE.
DEIXO UNS EXEMPLOS PARA QUE ENTENDADES MELLOR




















*GRAFOMOTRICIDADE: CON TODOS OS DETALLES QUE COÑECESTES NA ENTREVISTA E COAS LETRAS DO SEU NOME, XA ESTADES LIST@S PARA FACER UN DEBUXO DE CORPO ENTEIRO OU UN RETRATO SÓ DA CARA DA VOSA MAMI. ESMERÁDEVOS QUE TEN QUE QUEDAR TAN GUAPA COMO É REALMENTE!

*MOTRICIDADE FINA E CREATIVIDADE: SI QUEREDES COMPLETAR A ACTIVIDADE PODEDES INTENTAR ELABORAR A CARA DA VOSA MAMÁ EMPREGANDO MATERIAIS QUE TEÑADES POLA CASA: FROITAS, LEGUMES, MATERIAL DE REFUGALLO, ETC
RECORDADE CALES SON AS PARTES DA CARA PARA NON DEIXAR NINGUNHA SIN POÑER, E BEN ATENT@S PARA CLOCAR CADA COUSIÑA NO SEU LUGAR CORRECTO!
DEIXO ALGUNHAS FOTOS PARA INSPIRARVOS
TEDES UNHA  FIN DE SEMANA LONGA PARA FACELO!



























*EDUCACIÓN FÍSICA: DEIXO POR AQUÍ A PROPOSTA DA PROFE PAULA PARA A SESIÓN DE HOXE  PREME AQUÍ

*HORA DO CONTO: PARA REMATAR A SEMANA DEÍXOVOS ESTE CONTO, QUE TAMÉN TEMOS NA NOSA BIBLIO, PARA QUE COMPRENDADES QUE, ÁS VECES, AS MAMIS TAMÉN PRECISAMOS "CINCO MINUTOS DE PAZ"





ISTO FOI TODO POR HOXE! AGARDO QUE ME ENVIEDES ALGUNHAS DAS PROPOSTAS QUE FAGADES. SEGURO QUE SAEN COUSAS CHULÍSIMAS!


PASADE BOA FINDE LONGA!                                              UN  DIA  MENOS!!!


miércoles, 29 de abril de 2020

PROPOSTAS MÉRCORES 29 DE ABRIL

BOS DÍAS A TODOS E A TODAS!!

AS PROPOSTAS PARA HOXE SON:

*HORA DE LER: ADICADE 5 MINUTOS A LER, DE XEITO AUTÓNOMO,O QUE MÁIS VOS APETEZA: XORNAL, CONTO, REVISTA...

* RUTINAS:
  • O DÍA SEMANA: VOLVO DEIXAR A CACIÓN QUE USAMOS NO COLE PARA QUE POIDADES SEGUIR PRACTICANDO

XOGAMOS TAMÉN COAS LETRAS E OS NOMES DOS DÍAS:
 O DÍA DE HOXE É...,ONTE FOI ... E MAÑÁN SERÁ...

DEIXO TAMÉN OS ENLACES ÁS CANCIÓNS DOS DÍAS DA SEMANA E DOS MESES DO ANO, PARA QUE SIGADES REPASANDO E DIVERTÍNDOOS DURANTE AS VACACIÓN

  • O TEMPO: SIGUE ALGO TOLIÑO ASÍ QUE MIRADE BENPOLA VENTÁ A VER QUE VOS PARECE
  • CALENDARIO: CONTAMOS ATA CHEGAR AO MÉRCORES, DÍA 29 E COLOREAMOS A CELDA DA COR NOS GUSTE

*ASAMBLEA: COMO ONTE ESTIVEMOS TRABALLANDO COS NOMES D@S NOS@S AMIG@S DA CLASE, HOXE PROPÓÑOVOS QUE PENSEDES NUN COMPAÑEIRO OU COMPAÑEIRA EN CONCRETO, ALGUÉN CO QUE VOS GUSTA XOGAR E COMPARTIR O TEMPO.  CANDO @ TEÑADES DEBEDES DESCRIBIR A ESE AMIGO OU AMIGA EMPREGANDO ADXETIVOS COMO INTELIXENTE/  DIVERTID@/ CARIÑOS@/ AMABLE/ SIMPÁTIC@/ ,ETC. 

 EXPLICADE QUE É O QUE MÁIS VOS GUSTA DESA PERSOA, CALES SON OS XOGOS QUE FACEDES XUNT@S, ETC. 
TAMÉN PODEDES PEDIR AOS ADULTOS QUE VOS CONTEN O MESMO SOBRE UN DOS SEUS AMIGOS OU AMIGAS. 

* EXPRESIÓN ORAL:  COMPLETAREMOS  A ACTIVIDADE ANTERIOR FACENDO UNHA DESCRIPCIÓN DAS CARACTERÍSTICAS FÍSICAS D@ NOS@ AMIG@.
  • SEXO: NENA/NENO
  • ESTATURA: ALTA/ MEDIA/ BAIXA
  • COMPLEXIÓN: FORTE/ MEDIA/FEBLE
  • COR CABELO: LOIRO/ CASTAÑO/ MORENO/ ROXO
  • TAMAÑO CABELO. LONGO/ MEDIO/ CURTO
  • CALQUERA OUTRA CARACTERÍSTICA QUE RECORDEDES
*EXPRESIÓN PLÁTICA: AGORA QUE XA RECORDASTES AS CARACTERÍSTICAS FÍSICAS IMOS RECOLLELAS NUN DEBUXO D@ NOS@ AMIG@.  SERÁ DE CORPOENTEIRO E RECORDADE INCLUÍR CANTOS MÁIS DETALLES MELLOR E FACELO BEN GRANDOTE, PARA QUE SE APRECIE BEN.

*LECTOESCRITURA: DEBEREDES ACOMPAÑAR O DEBUXO CO NOME D@ VOS@ AMIG@. PODESDE POÑELO NA CABECEIRA OU DEBAIXO DO RETRATO.  SI VOS RESULTA COMPLICADO PEDÍDELLE A UN ADULTO QUE ESCRIBA AS LETRAS  DESE NOME EN PAPELIÑOS E VÓS PEGARÉDELAS POR ORDE.

*EXPERIMENTO: DEIXO UN TITORIAL MOI INTERESANTE POR SI QUEREDES PROBAR A DEBUXAR AO VOS@ AMIGO E QUE O DEBUXO....SEPOÑA A BAILAR!!!!




*PELO (PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL): A MESTRA PAULA  DEIXA ESTA PROPOSTA PARA A SESIÓN DE HOXE. PREME AQUÍ


UN DÍA MENOS!!!                                  ATA  MAÑÁ!

PROPOSTAS MARTES 28 ABRIL

BO DÍA CHICAS E CHICOS!

AS PROPOSTAS PARA HOXE SON:

*HORA DE LER: ESCOLLEDE O QUE VOS APETECE LER E ADICADE 5 MINUTOS

*O DÍA DA SEMANA: RECORDAMOS OS NOMES DE TODOS OS DÍAS POR ORDE, SELECIONAMOS O DE HOXE RECOÑECENDO A SÚA INICIAL. BUSCAMOS TAMÉN O DÍA DE ONTE E O DE MAÑÁN.
DEIXO ESTA CANCIÓN POR SI QUEREDES USALA




*O TEMPO: OBSERVAMOS E DECIDIMOS A TARXETA AXEITADA.




*CALENDARIO:CONTAMOS DENDE O PRINCIPIO ATA HOXE, PEDINDO AXUDA AOS ADULTOS CANDO PRECISEMOS, E COLOREAMOS O DÍA DE HOXE  28


*ASAMBLEA: XA HAI MOITOS DÍAS QUE NON VEMOS @S AMIG@S DO COLE, PERO SEGURO QUE TOD@S NOS LEMBRAMOS MOITO D@S OUTR@S  E NOS BOTAMOS MOITO DE MENOS!   EU MOITÍSIMO A TOD@S VÓS!!
POIS IMOS COMEZAR POR LEMBRAR OS NOSOS NOMES. RECORDADE QUE NA CLASE SOMOS 13, 12 NEN@S MÁIS A MESTRA!  FACEDE MEMORIA A VER CANTOS SODES QUEN DE DICIR.
BRAIS
AINARA
AINHOA
MATEO
ZOE
PAULA
GAEL
AROA
AMANDA
SOFÍA
ASIER
AITANA
NOA

*LECTOESCRITURA: PEDÍDELLE A UN ADULTO QUE ESCRIBA  OS NOMES DE TOD@S, CADA UN NUN PAPEL DIFERENTE. COLOCÁDEOS BOCA ABAIXO NA MESA E IDE VOLTEÁNDOOS, DE UN EN UN,  E RECOÑEDENDO O NOME DE CADA QUEN.
TAMEN PODEDES XOGAR DOUTRO XEITO: O ADULTO DI UN NOME E VÓS BUSCADES A ENTRE TODAS AS TARXETAS, A DO NOME CORRESPONDENTE.
DEIXO O ENLACE DA ENTRADA DE PRINCIPIO DE CURSO COAS FOTOS DE TOD@S POR SI VOS AXUDA. AQUÍ
PARA COMPLETAR A ACTIVIDADE  PODEDES REESCRIBIR A LISTA COAS VOSA PROPIAS LETRAS.

*RELIXIÓN: A PROFE ESTHER ENVÍA ESTA PROPOSTA PARA A SESIÓN DE HOXE C@S ALUMN@S DE RELIXIÓN  AQUÍ

*ALTERNATIVA Á RELIXIÓN: OBSERVADE A EXPRESIÓN DE CADA CARA  E INVENTADE UNHA HISTORIA PARA CADA NEN@





  • COMO SE SINTE
  • QUE LLE PUIDO PASAR PARA SENTIRSE ASÍ
  • QUE FARÍAS SI FORAS O SEU AMIGO OU A SÚA AMIGA
  • QUE OU A QUEN CRES QUE NECESITA



*EDUCACIÓN FÍSICA: NO ENLACE DEIXO AS PROPOSTAS DA PROFE PAULA PARA A SESIÓN DE HOXE DE PSICOMOTRICIDADE. AQUÍ 

*GRAFOMOTRICIDADE:  ESCOLLEDE 4 CORES DIFERENTES E PINTADE 4 PUNTOS CON CADA UN, BEN SEPARADOS ENTRE ELES POR TODO O PAPEL.  CANDO OS TEÑADES DEBEREDES UNILOS TRAZANDO UN CAMIÑO DE UN A OUTRO DA MESMA COR PERO OLLO, NON PODEMOS LEVANTAR O ROTU ATA TELOS TODOS UNIDOS!



ENVIÁDEME ALGUNHA DAS PROPOSTAS QUE FAGADES,A VER QUE BEN TRABALLADES!!

UN  DÍA  MENOS!!!                                           ATA  MAÑÁ!

lunes, 27 de abril de 2020

PROPOSTAS LUNS 27 DE ABRIL

BO DÍA A TODAS E A TODOS!!

COMEZAMOS SEMANA E ESTA É MOI ESPECIAL PORQUE,POR FIN, PODEDES SAÍR U RATIÑO CADA DÍA A PASEAR E A XOGAR FÓRA!  DISFRUTÁDEO MOITO!!!

IMOS COAS PROPOSTAS

*HORA DE LER: LEDE O QUE MÁIS VOS APETEZA

*O DÍA DA SEMANA: RECORDAMOS OS NOMES DE TODOS OS DÍAS POR ORDE, SELECIONAMOS O DE HOXE RECOÑECENDO A SÚA INICIAL. BUSCAMOS TAMÉN O DÍA DE ONTE E O DE MAÑÁN.
DEIXO ESTA CANCIÓN POR SI QUEREDES USALA



*O TEMPO: OBSERVAMOS E DECIDIMOS A TARXETA AXEITADA.




*CALENDARIO:CONTAMOS DENDE O PRINCIPIO ATA HOXE, PEDINDO AXUDA AOS ADULTOS CANDO PRECISEMOS, E COLOREAMOS O DÍA DE HOXE  27


*ASAMBLEA: XA QUE ONTE COMEZASTES A PODER SAÍR DA CASA UN RATIÑO PARA  DISTRAERVOS E DIVERTIRVOS, PROPOÑO QUE FALEMOS DAS ACTIVIDADES QUE MÁIS VOS GUSTA FACER AO AIRE LIBRE: XOGAR Á PELOTA, ANDAR NA BICICLETA, BOTAR CARREIRAS... E TAMÉN OS LUGARES AOS QUE VOS ENCANTA IR PARA FACER TODO  ISO.
@S ADULT@S TAMÉN VOS PODEN CONTAR CALES SON AS ACTIVIDADES QUE MÁIS LLES GUSTAN

* LECTOESRITURA: DEBEREDES ESCRIBIR AS LETRAS DA VOSA ACTIVIDADE FAVORITA, OU DÚAS SI QUEREDES. PRIMEIRO INTENTADE POÑER AS LETRAS QUE COÑECEDES E PODEDES PEDIR AXUDA A UN ADULTO. SI PRECISADES PEDÍDELLES QUE O ESCRIBAN ELES PRIMEIRO,PARA TER UNHA GUÍA

* COMPLETAMOS A ACTIVIDADE ILUSTRANDO CUN DEBUXO DA NOSA ACTIVIDADE FAVORITA OU CUNHA FOTO SI O PREFERIDES.
ENVIÁDEME O CARTELIÑO DAS LETRAS E  O DEBUXO OU FOTO QUE FAGADES, PARA QUE POIDA VER TODO O QUE VOS GUSTA !

* MATEMÁTICAS: REPASAMOS OS NÚMEROS QUE COÑECEMOS: 1, 2 E 3.
DEBEDES INTENTAR ESCRIBILOS SIN AXUDA. E ACORDÁDEVOS QUE FACEMOSUN PUNTIÑO PARA COMEZAR.
RECORDADE QUE PARA O TRAZO DOS NÚMEROS SEGUIMOS UNS PASOS:

  • TRAZO NÚMERO 1: SUBIMOS A MONTAÑA E BAIXAMOS
  • TRAZO NÚMERO 2: PUENTE,ATRÁS E PATIÑA
  • TRAZO NÚMERO 3:BARRIGA GORDA,VOLVO POLO MESMO CAMIÑO E BARRIGA GORDA  
PRIMEIRO PODEMOS PRACTICAR REPASANDO OS NÚMEROS CON PUNTIÑOS,TIPO ISTO

CANDO XA O TEÑADES PRACTICADO PODEDES ESCRIBILOS VOS SOÍÑ@S!                        
AGORA POÑÉDEO EN PRÁCTICA! CONTADE CANTOS ANIMAIS HAI EN CADA CADRO E SELECIONADE O NÚMERO CORRESPONDENTE.   SI PODEDES IMPRIMIR COLOREADES O ANIMAL E O NÚMERO.


TAMÉN PODEDES  PRACTICAR FACENDO GRUPIÑOS,CON MATERIAIS QUE HAI NA CASA E COS NÚMEROS QUE ESCRIBISTES ANTES. POR EXEMPLO, AO LADO DO 1 POÑO 1 PLÁTANO, AO LADO DO 2 POÑO 2 CULLERES E AO LADO DO 3 POÑO 3 MACARRÓNS .

PODEDES ENVIAR FOTO DOS NÚMEROS,  A FICHA, OS GRUPOS... O QUE QUEIRADES.

*HORA DO CONTO: PARA REMATAR A XORNADA DESTE LUNS ESPECIAL PARA TOD@S @S NEN@S, TRAIOVOS UN CORTO DE ANIMACIÓN REALIZADO NA NOSA AULA  POL@S COMPAÑEIR@S QUE AGORA ESTÁN EN 6º CURSO DE PRIMARIA.  TITÚLASE "A LÚA LADROA".  DISFRUTÁDEO MOITO.



UN DÍA MENOS!!!                                      ATA MAÑÁ!

viernes, 24 de abril de 2020

PROPOSTAS VENRES 24 ABRIL

BO DÍA A TODAS E A TODOS!

XA É VENRES E REMATAMOS A SEMANA! ÁNIMO QUE QUEDA MENOS!

*  HORA DE LER: ESCOLLEDE LIBRO E ADICADELLE UN RATIÑO

* RUTINAS:
  • O DÍA SEMANA: VOLVO DEIXAR A CACIÓN QUE USAMOS NO COLE PARA QUE NON SE NOS ESQUEZA!

XOGAMOS TAMÉN COAS LETRAS E OS NOMES DOS DÍAS:
 O DÍA DE HOXE É...,ONTE FOI ... E MAÑÁN SERÁ...

DEIXO TAMÉN OS ENLACES ÁS CANCIÓNS DOS DÍAS DA SEMANA E DOS MESES DO ANO, PARA QUE SIGADES REPASANDO E DIVERTÍNDOOS DURANTE AS VACACIÓN

  • O TEMPO: ANDA ALGO REVOLTO, FIXÁDEVOS BEN CÓMO ESTÁ HOXE E SELECIONADE O CARTEL AXEITADO.
  • CALENDARIO: CONTAMOS ATA CHEGAR AO MÉRCORES, DÍA 24 E COLOREAMOS A CELDA DA COR NOS GUSTE
*  ASAMBLEA REPASAMOS AS EMOCIÓNS QUE LEVAMOS TRABALLADO ATA AGORA: ALEGRÍA, VERGOÑA. MEDO E SORPRESA, EXPRESANDO A QUE MÁIS NOS GUSTA SENTIR E A QUE MENOS

* EXPRESIÓNEXPLICADE UNHA EXPERIENCIA NA QUE SENTÍSTES A EMOCIÓN DA SORPRESA, RECORDANDO CANDO FOI, CON QUEN ESTABADES,SI VOS GUSTOU OU NON..... E PODEDES GRAVALA EN VÍDEO PARA COMPARTIR C@S COMPAÑEIR@S
OUTRA OPCIÓN É PRACTICAR A CARA DE SORPRESA DIANTE DUN ESPELLO  E,CANDO A TEÑADES, CAPTURALA NUNHA FOTO, QUE ME PODEDES ENVIAR.

* ATENCIÓN: OBSERVA AS EXPRESIÓNS DA CARA DESTAS NENAS E NENOS E IDENTIFICA CON UNHA DAS EMOCIÓNS QUE TRABALLAMOS.
BUSCA E RELACIONA AS PARELLAS COA MESMA EXPRESIÓN



* GRAFOMOTRICIDADE: SI PODEDES IMPRIMIR, UNE CUNHA LIÑA A CARA DE ARRIBA COA SÚA XEMELGA DA FILA DE ABAIXO. EMPREGA UNHA COR DIERENTE PARA CADA UN.
SI NON PODES IMPRIMIR FAI O MESMO EXERCICIO DESLIZANDO O DEDO POLA PANTALLA.

* LECTOESCRITURA: FIXÁNDOVOS NA LETRA INICIAL,IDENTIFICADE DONDE ESTÁ ESCRITO O NOME DE CADA EMOCIÓN.
SI O TEDES IMPRESO UNIDE TAMÉN A IMAXE DA EXPRESIÓN CO SEU NOME.



*HORA DO CONTO: DEIXOVOS ESTE DIVERTIDO E SORPREDENTE CONTO SOBRE A HISTORIA DE   "A VACA QUE PUXO UN OVO".ESPERO QUE VOS GUSTE E ESTEADE MOI ATENT@S PARA NON PERDER DETALLE E PODER RESPOSTAR ÁS PREGUNTAS DE DESPÓIS


  • CAL FOI A SORPRESA?
  • QUEN LEVOU UNHA SORPRESA?
  • QUEN ORGANIZOU PARA DAR UNHA SORPRESA?
  • COMO SE SENTÍA MARJORIE ANTES DE SER SORPRENDIDA?
  • COMO SE SENTIU DESPOIS DA SORPRESA?
PODEDES COMPLETAR A ACTIVIDADE DEBUXANDO Á VACA MARJORIE E A DAISY.     E SERÍA XENIAL SI ESCRIBIDES O TÍTULO!

AQUI, NESTE ENLACE DA BIBLIOTECA, PODEDES VER AS CUBERTAS CREATIVAS QUE FIXERON @S NENAS E NENOS DO COLE E AS MESTRAS, SON XENIAIS!

*LECTURA FIN DE SEMANA. DEIXO ESTE CONTIÑO PARA QUE O DISFRUTEDES DURANTE A FINDE -





UN  DÍA  MENOS!!!                                BOA FIN DE SEMANA!     





DÍA DO LIBRO

AQUÍ DEIXO ALGUNHAS DAS CREACIÓNS QUE ENVIASTES PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO.
ESTOU ENCANTADA COAS LETRAS QUE FACEDES E TAMÉN COAS MANUALIDADES!
SODES GRANDES ARTISTAS!!!

GAEL


AINARA
AITANA

SOFÍA

ASIER

miércoles, 22 de abril de 2020

PROPOSTAS XOVES 23 ABRIL - DIA LIBRO

BO DÍA A TODAS E A TODOS!

XA ESTAMOS NA METADE DA SEMANA! IMOS ALÓ!!

*  HORA DE LER: "LEMOS" DE XEITO AUTÓNOMO E SILENCIOSO DURANTE 5 MINUTIÑOS A LECTURA QUE ESCOLLAMOS E EN CALQUERA.FORMATO.

* RUTINAS:
  • O DÍA SEMANA: VOLVO DEIXAR A CACIÓN QUE USAMOS NO COLE PARA QUE NON SE NOS ESQUEZA!

XOGAMOS TAMÉN COAS LETRAS E OS NOMES DOS DÍAS:
 O DÍA DE HOXE É...,ONTE FOI ... E MAÑÁN SERÁ...

DEIXO TAMÉN OS ENLACES ÁS CANCIÓNS DOS DÍAS DA SEMANA E DOS MESES DO ANO, PARA QUE SIGADES REPASANDO E DIVERTÍNDOOS DURANTE AS VACACIÓN

  • O TEMPO: ANDA ALGO REVOLTO, FIXÁDEVOS BEN CÓMO ESTÁ HOXE E SELECIONADE O CARTEL AXEITADO.
  • CALENDARIO: CONTAMOS ATA CHEGAR AO MÉRCORES, DÍA 22 E COLOREAMOS A CELDA COMO NOS GUSTE
*LECTOESCRITURA: HOXE, 23 DE ABRIL, É UN DÍA MOI ESPECIAL PORQUE CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO! NESTE DÍA SOE SER HABITUAL REGALAR UN LIBRO E, EN ALGÚNS LUGARES, É TRADICIÓN ACOMPAÑAR ESTE AGASALLO CUNHA ROSA.
Día del libro, 23 de abril – Diario El Pensar
NÓS FAREMOS A NOSA PROPIA HOMENAXE AOS LIBROS E COMEZAREMOS ESCRIBINDO UN CARTELIÑO ,COAS VOSAS LETRAS E DE CORES, NO QUE POÑA:
  DÍA DO LIBRO
COMA SEMPRE, IREMOS IDENTIFICANDO CADA LETRA E, SI RECORDAMOS, DIREMOS O NOME DUN AMIG@ OU UNHA PALABRA QUE COMECE CON ESA LETRA.
SI QUEREDES PODEDES INCLUÍR NO CARTEL A DATA : 23 DE ABRIL DE 2020

* MANUALIDADE: ELABORAREMOS UNHA FLOR CO MATERIAL QUE TEÑADES POLA CASA, DE REFUGALLO ..... POÑO ALGÚNS EXEMPLOS PARA INSPIRARVOS
























*EXPRESIÓN PLÁSTICA: XA TEMOS O CARTEL, XA TEMOS A FLOR...SÓ NOS FALTA O LIBRO! BUSCAREMOS POLA CASA ALGÚN LIBRO QUE NOS GUSTE. AGORA XA TEMOS TODOS OS INGREDIENTES. TEREMOS QUE FACER UNHA MONTAXE PARA FACERLLE UNHA FOTO E COMPARTILA:
  • TEXTO: DÍA DO LIBRO
  • LIBRO ESCOLLIDO
  • FLOR ELABORADA (TAMÉN SE PODE POÑER UNHA FLOR NATURAL)


    O RESULTADO SERÍA ALGO ASÍ
AGARDO AS VOSAS FOTOS!!! 
 POR CERTO, SI QUEREDES, PODEDES APARECER VÓS AO LADO DA VOSA CREACIÓN

PROPOSTA:  "CÓNTAME  UN  CONTO"
SEGURO  QUE TOD@S TEDES NA CASA UN CONTO FAVORITO, DESES QUE SEMPRE QUEREDES QUE VOS CONTEN E DOS QUE XA SABEDES DE MEMORIA. POIS QUE VOS PARECE SI O COMPARTIDES CON TOD@S??   
CASI SEMPRE SON EU A QUE VOS ENVÍA VÍDEOS CON CONTOS ASÍ QUE, DESTA VEZ, PROPOÑO QUE SEXADES VOS @S CONTACONTOS. ESTAMOS DESEXANDO VERNOS E QUE MELLOR MANEIRA QUE COMPARTINDO UN CONTO NESTE DÍA DO LIBRO!!
DEBERÁ SER UN RELATO BREVE, QUE POIDADES CONTAR VOS SOÍÑ@S, PRACTICADE E,CANDO O TEÑADES....  ADIANTE, DÁDELLE A GRAVAR!


BOTADE UNHA OLLADA AOS CONTOS QUE NOS FORON ENVIANDO @S AMIG@S DE OUTROS CURSOS E QUE PODEDES ENCONTRAR NESTA ENTRADA DO

Hecho con Padlet
AGRANDÁDEO ARRIBA Á DEREITA  E NO APARTADO DE CONTOS CONTADOS PODEDES IR BAIXANDO A BARRA DA SÚA DEREITA PARA VER AOS MÁIS PEQUEN@S

E, POR CERTO, AS FAMILIAS TAMÉN ESTADES CONVIDADAS A CONTARNOS UN CONTIÑO, POR SUPOSTO!!  ANIMÁDEVOS, QUE ESTAREMOS ENCANTAD@S!

FELIZ  DÍA  DO  LIBRO  A  TOD@S !

UN  DÍA  MENOS!!!                                 ATA  MAÑÁ!


PROPOSTAS MÉRCORES 22 ABRIL

BO DÍA A TODAS E A TODOS!

XA ESTAMOS NA METADE DA SEMANA! IMOS ALÓ!!

*  HORA DE LER: "LEMOS" DE XEITO AUTÓNOMO E SILENCIOSO DURANTE 5 MINUTIÑOS A LECTURA QUE ESCOLLAMOS E EN CALQUERA.FORMATO.

* RUTINAS:
  • O DÍA SEMANA: VOLVO DEIXAR A CACIÓN QUE USAMOS NO COLE PARA QUE NON SE NOS ESQUEZA!

XOGAMOS TAMÉN COAS LETRAS E OS NOMES DOS DÍAS:
 O DÍA DE HOXE É...,ONTE FOI ... E MAÑÁN SERÁ...

DEIXO TAMÉN OS ENLACES ÁS CANCIÓNS DOS DÍAS DA SEMANA E DOS MESES DO ANO, PARA QUE SIGADES REPASANDO E DIVERTÍNDOOS DURANTE AS VACACIÓN

  • O TEMPO: ANDA ALGO REVOLTO, FIXÁDEVOS BEN CÓMO ESTÁ HOXE E SELECIONADE O CARTEL AXEITADO.
  • CALENDARIO: CONTAMOS ATA CHEGAR AO MÉRCORES, DÍA 22 E COLOREAMOS A CELDA COMO NOS GUSTE
*  ASAMBLEA CONTINUAMOS TRABALLANDO COAS EMOCIÓNS E HOXE FALAREMOS DA SORPRESA. PRIMEIRO INTENTAREMOS EXPLICAR COAS NOSAS PALABRAS QUE É UNHA SORPRESA E QUE SENTIMOS CANDO LEVAMOS UNHA. PODEMOS AFONDAR NO TEMA DIFERENCIANDO ENTRE SORPRESAS POSITIVAS E NEGATIVAS, COMO ACTUAMOS E SENTIMOS DE DIFERENTE XEITO CANDO SOMOS NÓS @S QUE DAMOS UNHA SORPRESA A ALGUÉN  OU SI SOMOS NÓS @S SORPREDIDOS.   
TAMÉN PODEMOS PEDIRLLE AOS ADULTOS QUE NOS CONTEN UHA EXPERIENCIA DE CADA: COMO ORGANIZARON UNHA SORPRESA PARA ALGUÉN E TAMÉN COMO FORON SORPRENDID@S ALGUNHA VEZ.


*LECTOESCRITURA: TRABALLAREMOS COAS LETRAS DA PALABRA SORPRESA.  
  • RECOÑECEMOS UNHA POR UNHA O NOME DAS LETRAS QUE A FORMAN 
  • EMITIMOS O SON DE CADA UNHA
  • ORDENAMOS AS LETRAS EN PAPELIÑOS PARA FORMAR A PALABRA (PODEMOS TELA ESCRITA PARA GUIARNOS)
  • REESCRIBIMOS COA NOSA PROPIA GRAFÍA (PODEMOS TELA ESCRITA PARA GUIARNOS)
  • SI TEMOS A CAIXA CON AREA, SAL FARIÑA... DA ACTIVIDADE DE ONTE, PODEMOS REUILIZALA E ESCRIBIR CADA LETRA 
  • SERÍA MOITO MÁIS COMPLETO SI SOMOS CAPACES DE DICIR UN NOME OU CALQUERA OUTRA PALABRA QUE COMECE POR CADA UNHA DAS LETRAS DE  S-O-R-P-R-E-S-A
*

*HIXIENE E MERENDA: DEIXOVOS NOVAMENTE O VÍDEO DE MIGALLAS PARA O LAVADO DE MANS  E, DE PASO, RECORDAR OS NOMES DOS DEDIÑOS



HOXE MERENDAMOS BOCADILLO E, COMO XA SOMOS MAIORES, PODEMOS FACELO NÓS MESM@S

*ATENCIÓN: AQUÍ TEDES UN ENLACE A UN XOGO DE CLASIFICAR E AGRUPAR ELEMENTOS. NON VOS ESQUEZADES DE IR NOMEANDO TODOS OS ANIMAIS OU OBXECTOS QUE APARECEN ANTES DE ENVIALOS Á SÚA CASIÑA
PREME NA IMAXE

*PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL: A PROPOSTA PARA A SESIÓN DE HOXE DA PROFE PAULA, XA QUE CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO, É A LECTURA DE "NUBE BRANCA QUERE SER ASTRONAUTA", DE PABLO NOGUEIRA E ILUSTRADO POR MANUEL UHÍA, DE BAHÍA EDICIÓNS. AGRADECENDO DENDE AQUÍ AO SEU AUTOR POR PRESTAR A SÚAORA DE FORMA LIBRE ESTES MOMENTOS.
TRÁTASE DUN CONTO IDEADO AO MESMO TEMPO PARA ESTIMULAR A LINGUAXE ORAL NA EDUCACIÓN INFANTIL, INVITANDO AO NEN@ A PARTICIPAR NEL. VEN ACOMPAÑADO DO AUDIO. AGARDO QUE VOS GUSTE



MÁIS INFORMACIÓN E RECURSOS NESTE ENLACE


* CREATIVIDADE: VOLVO RECORDARVOS A PROPOSTA QUE LANCEI O LUNS PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO, QUE SE CELEBRA MAÑA, 23 DE ABRIL.
TEDES QUE CONVERTEVOS N@S PROTAGONISTAS DAS CUBERTAS DOS CONTOS!!    MOIT@S XA O FOSTES FACENDO E O RESULTADO É XENIAL!!!
A VER SI TOD@S SE ANIMAN E CONSEGUIMOS FACER UN PLENO!!
TODA A INFO NESTE ENLACE DA BIBLIO.
  https://abibliodeleirado.blogspot.com/2020/04/estamos-cubertas-de-creatividade.html
























 SODES  XENIAIS, CREATIVIDADE A TOPE!!!


POR ÚLTIMO RECÓRDOVOS QUE SIGUEN SUBINDO MATERIAIS E NOVIDADES NOS OUTROS BLOGS DOS DISTINTOS DEPARTAMENTOS DO COLE. PODEDES ENTRAR  E BOTAR UNHA OLLADA,MESMO  BUSCAR, NA PARTE DEREITA, AS ETIQUETAS  OU ARQUIVOS DO BLOG QUE VOS RESULTEN INTERESANTES,QUE HAN SER MOITAS! 
VOLVO DEIXAR OS ENLACES
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN:  https://orientacionleirado.blogspot.com/
BIBLIOTECA: https://abibliodeleirado.blogspot.com/


UN DÍA MENOS!!!                                               ATA MAÑÁ!