Páginas

martes, 14 de abril de 2020

PROPOSTAS MARTES 14 ABRIL

BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!

XA ESTAMOS DE VOLTA DAS VACACIÓNS E IMOS SEGUIR TRABALLANDO E APRENDENDO COMA SEMPRE. AÍNDA NON PODEMOS VOLTAR Á ESCOLA PERO, MENTRES AGARDAMOS POR ESE DÍA, SEGUIMOS FACENDO COUSIÑAS DENDE A CASA! 
COMEZAMOS!

*HORA DE LER: XA SABEDES QUE DEBEDES ESCOLLER VOS MESM@S A LECTURA QUE VOS APETEZA E ADICARLLE 5 MINUTIÑOS

*RUTINAS
  •  O DÍA DA SEMANA: RECORDADE QUE PRIMEIRO CANTAMOS A NOSA CANCIÓN PARA REPASAR TODOS OS NOMES DOS DÍAS


                                
LOGO ESCOLLEMOS O CARTEL CO NOME DE HOXE, FIXÁNDONOS NA LETRA POLA QUE EMPEZA. BUSCAMOS TAMÉN O NOME DO DÍA QUE FOI ONTE E O QUE SERÁ MAÑÁN.

  • O TEMPO: ANDA ALGO REVOLTO, FIXÁDEVOS BEN CÓMO ESTÁ HOXE E SELECIONADE O CARTEL AXEITADO.
  • CALENDARIO: CONTAMOS ATA CHEGAR AO VENRES, DÍA 14 E COLOREAMOS A CELDA COMO NOS GUSTE                                                                                         DEIXO A PLANTILLA  POR SI A QUEREDES DESCARGAR CALENDARIO         
*  ASAMBLEA:  XA VAI MOITO TEMPO SIN VERNOS, POR ISO NA ASAMBLEA E HOXE PROPOÑO QUE FALEMOS D@S AMIG@S DO COLE!     PODEMOS RECORDAR OS SEUS NOMES E UNHA CARACTERÍSTICA OU RASGO POSTIVO QUE NOS GUSTA E CADA UN DELES. 
DEIXO ESTA ENTRADA ANTIGA DO BLOG PARA QUE POIDADES VER AS FOTOS DE TOD@S !  AQUÍ

* LECTOESCRITURA:  XOGAMOS A RECOÑECER OS NOMES DAS AMIGAS E DOS AMIGOS DA CLASE, PODEN AXUDARNOS OS ADULTOS E ESCRIBIRNOLOS EN TARXETAS
UNHA VEZ RECOÑECIDOS TODOS PODEMOS ESCRIBIR O NOSO PROPIO LISTADO. PARA ISO PODEDES AXUDARVOS  DOS ADULTOS OU BOTAR UNHA OLLADA A ESTE LISTADO.
 BRAIS
AITANA
AINHOA
PAULA
ZOE
MATEO
GAEL
AROA
AINARA
SOFÍA
ASIER
AMANDA

SI QUEREDES PRACTICAR MÁIS E TRABALLAR A NIVEL EXPERTO, PODEDES ESCRIBIR AS LETRAS SOLTAS, EN PEQUENOS PAPELIÑOS, E XOGAR A ORDENAR AS LETRAS PARA FORMAR OS NOMES DE TOD@S.

*  EDUCACIÓN FÍSICA: ACHEGO AS PROPOSTAS DA PROFE PAULA  PARA FACER NA SESIÓN DE HOXE AQUÍ

*HABITOS DE HIXIENE E MERENDA: HOXE MERENDAREMOS FROITA.

*HORA DO CONTO: PARA DAR A BENVIDA A ESTA VOLTA Á RUTINA DEÍXOVOS  ESTE LIBRO - POEMA, CONTADO CON MOITO CARIÑO, DESEXANDO QUE VOS GUSTE E QUE VOS ANIME A REPASAR OS NÚMEROS COMIGO!


*MATEMÁTICAS: AGORA QUE XA REPASAMOS OS NÚMEROS PODEMOS XOGAR A FACER GRUPOS DE 10 ELEMENTOS. CALQUERA COUSIÑA QUE ATOPEMOS POLA CASA NOS VALE PARA PRACTICAR O CONTEO, DO 1 AO 10, CO BOTÓNS, MACARRÓNS, CALCETÍNS, FLORES....
A VER QUE ME ENVIADES !

UN  DÍA MENOS!!!                                                     ATA MAÑÁ!

No hay comentarios:

Publicar un comentario