COMEZAMOS NOVA SEMANA ASÍ QUE......ENERXÍA A TOPE! IMOS ALÓ!
* HORA DE LER: ESCOLLEDE UNHA LECTURA, A QUE VOS GUSTE. PODE SER UN XORNAL, REVISTA, CONTO...E ADICÁDELLE 5 MINUTIÑOS A "LER" DE XEITO AUTÓNOMO
* RUTINAS:
- O DÍA SEMANA: REPASAMOS A CANCIÓN E ESCOLLEMOS O CARTEL CO NOME DE HOXE, DE ONTE E DE MAÑÁN, FIXÁNDONOS NA LETRA INICIAL DE CADA
- O TEMPO: OBSERVAR O DÍA POLA VENTÁ E SELECIONAR O DEBUXO CORRESPONDENTE
- CALEDARIO: CONTADE DENDE O PRINCIPIO ATA CHEGAR AO DÍA DE HOXE, O NÚMERO 20, E COLOREADE A CELDA DA COR QUE PREFIRADES.
* ASAMBLEA: CONTINUAMOS NA LIÑA QUE COMEZAMOS A PASADA SEMANA E SEGUIMOS A FALAR DAS EMOCIÓNS. HOXE TRATAREMOS O MEDO, ESA EMOCIÓN QUE TOD@S EXPERIMENTAMOS EN DETERMINADOS MOMENTOS E QUE EN CADA UN DE NÓS ESPERTA POR DIFERENTE MOTIVO. AS VECES É UNHA PERSOA, ALGÚN ANIMAL, UN RUÍDO, UN MONSTRO...
É IMPORTANTE QUE SAIBADES QUE TOD@S TEMOS MEDOS, NEN@S E ADULTOS, ASÍ QUE NESTA ASAMBLEA COMPARTIREMOS SENTIMENTOS E ANÉCDOTAS MEDOSAS.
DEIXO ESTE VÍDEO MOTIVADOR PARA ARRINCAR A CONVERSA
DEIXO ESTE ENLACE CON INFORMACIÓN E UN VÍDEO INTERESANTE SOBRE COMOENFOCAR ESTE TEMA PARA AS FAMILIAS
* EXPRESIÓN: TRATAMOS O MEDO, O QUE O PROVOCA, O QUE VOS AXUDA A SUPERALO, O QUE ANTES VOS DABA E AGORA XA NON, O QUE FACEDES CANDO O SENTIDES, O QUE PRECISADES PARA DEIXAR DE NOTALO, A COMPAÑA DE QUEN NECESITADES PARA SENTIRVOS MELLOR... CONTÁDEME ALGO DISTO NUN VÍDEO OU NUN AUDIO- TAMÉN ME VALE UHNA FOTO CUNHA COR OU CUN OBXETO MEDORENTO OU DA EXPRESIÓN DA VOSA CARA MÁIS MEDROSA.
* RUTINAS ASEO E MERENDA: HOXE MERENDAMOS GALLETAS OU CEREAIS.
* CREATIVIDADE: ACHÉGOVOS UNHA PROPOSTA MOI DIVERTIDA PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO, QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO MÉRCORES, DÍA 23 DE ABRIL. ESTE ANO, COMO NON PODEMOS ESTAR NA NOSA BIBLIO, PLANTÉXOVOS QUE, DENDE A CASA, VOS CONVIRTADES N@S PROTAGONISTAS DAS CUBERTAS DOS CONTOS!! DEBEREDES ESCOLLER UN LIBRO DA VOSA CASA OU ALGÚN DOS QUE TEMOS NA BIBLIO E RECREAR A SÚA CUBERTA, IMITANDO A EXPRESIÓN, POSTURA, OS COMPOÑETES....QUE APARECEN NA CAPA DO LIBRO.
NESTE ENLACE DA NOSA BILIOTECA TEDES TODA A INFORMACIÓN.
AQUÍ TEDES UNS EXEMPLOS DO LIBROS QUE EU ESCOLLÍN!
AQUÍ TEDES UNS EXEMPLOS DO LIBROS QUE EU ESCOLLÍN!
DEIXADE TRABALLAR A VOSA CREATIVIDADE E ENVIÁDEME AS FOTOS! AGARDOAS ANSIOSA!
*HORA DO CONTO: HOXE,QUE FALAMOS DO MEDO, COMPÁRTOVOS A HISTORIA DE "A ARAÑA QUE LLES TIÑA MEDO ÁS ARAÑAS" PARA QUE VEXADES QUE ATA AS ARAÑAS, POR VALENTES QUE SEXAN, TAMÉN EXPERIMETAN ESTA EMOCIÓN DE CANDO EN VEZ.
AGARDO QUE VOS GUSTE OILA TANTO COMO A MIN CONTALA!
UN DÍA MENOS!!! ATA MAÑÁ!
No hay comentarios:
Publicar un comentario